Que se soe decir
antes de falar en público?
Imaxina que o teu público
está espido.
(Risas)
Esta noite vou facer algo diferente
e vou imaxinar que non temos labregos.
Non hai moita diferenza.
[Sen labregos, estarías esfameado,
espido e sobrio]
(Risas)
Os nosos labregos fan moito máis por nós
que alimentarnos, vestirnos
e darnos cousas marabillosas de beber.
Os nosos labregos son importantes
en todas as nosas comunidades,
especialmente
as nosas comunidades rurais.
E máis que iso,
son un empuxe fundamental
das economías resilientes.
Pénsadeo do seguinte modo:
Cando unha cervexaría me merca lúpulos
que planto aquí en Minesota,
o 90 % dese dólar
quédase no noso estado,
comparado co só o 10 %
cando compra noutra parte.
Iso significa moito.
Ese 90 % significa emprego local.
Significa ingresos fiscais
para mellores colexios e estradas.
Significa apoio ás cooperativas,
ós mecánicos,
a todo o persoal necesario
para que a granxa prospere.
E son os mellores
administradores da terra.
Esta cita exemplifica o que
as nosas familias labregas fan por nós
ó administraren os nosos recursos comúns.
"Esa terra é unha comunidade,
o concepto básico da ecoloxía.
Pero, por principio ético, esa terra
ten que ser amada e respectada".
Claro que fan moito por nós.
As familias labregas son boísimas.
Niso estamos de acordo.
Con todo,
as tendencias agrícolas son horribles.
A media de idade
dun labrego en EE. UU.,
segundo o último censo agrícola,
é de 58,3.
De tódolos labregos,
o 33 % teñen máis de 65 anos.
Esta é a caricatura do meu avó.
(Risas)
Segue traballando na terra
e ten moitos máis de 65 anos.
Para poñelo en perspectiva,
outro traballo importante
do servizo público, a docencia:
a media de idade dos mestres
é de 42 anos.
Os labregos neste país
son ben vellos.
E por desgraza,
cando se retiran, se se retiran,
non os estamos a substituír.
De tódolos labregos que engadimos
neste país
entre o 2008 e o 2012,
en todos os Estados Unidos,
a ver se podedes vela diferenza,
engadimos 2000 menores de 30 anos.
Eu son un deles.
Se queren, quédome despois
para firmar fotos.
(Risas)
Pero, os nosos labregos
fanse maiores
e non os estamos a substituír.
Que está a pasar?
Que imos facer?
Penso que hai unha razón
pola que a xente non se anima,
os prezos.
Imos analizar unhas diapositivas
como esta.
O leite: o prezo medio recomendado
de 3.8 l de leite nos EE. UU.:
4,49 dólares.
Canto credes que se leva
o labrego?
1,32 dólares.
Imos probar agora co pan.
O prezo medio de venda do pan
nos EE. UU.: 3,49 dólares.
O labrego lévase...
12 céntimos.
Público: ¡Oh!
Entón, suponse que
temos granxas locais fortes
nesta situación?
Que se supón que temos
que facer se non quedan labregos?
E isto non só é un problema de labregos,
non é algo para que os poucos labregos
que somos o resolvamos.
Este é un problema de todos.
É rural e urbán,
e é a nivel estatal e nacional.
Entón, que facemos?
Vóuvolo dicir.
Primeiro, unha historia.
O movemento verde,
todos sabemos máis ou menos,
empezou nos anos 60,
plantando árbores.
Dende aquela andamos moito.
O verde é parte
das nosas vidas cotiás.
É parte das vidas cotiás
das empresas da Fortune 500.
É o asunto dos tratados internacionais,
o asunto dos debates presidenciais.
Vós e eu, cambiamos as lámpadas,
usamos bolsas reutilizables.
Participamos no movemento verde
cada día.
Aínda así...
e así é cómo chegamos á idea,
o movemento da comida,
relativamente máis novo,
pero tamén familiar, supoño.
Vas ó supermercado,
ves un cartel que di "Compra local",
vas ó mercado, vas á cooperativa,
les libros de autores destacados.
O movemento da comida
ata a data
podería resumirse
en votar co garfo.
A idea é: quitas un dólar
da carteira:
cómo gastas ese dólar
afecta ó sistema da comida.
Apoia ós labregos
preto da casa.
E todo iso está moi ben,
pero cara onde imos?
Como chegar ó momento
da enerxía renovable
como o fixeron os verdes?
E isto, penso,
é o que precisamos facer.
Votar co garfo
non resolve os problemas
que teñen os nosos labregos.
Así que precisamos facer máis.
Penso que debemos pasar
de votar co garfo
a votar co noso voto.
Precisamos coller os nosos dólares
e seguir a gastalos localmente.
Tamén temos que presentarnos
nas urnas polos labregos.
Isto é máis importante que
mercar amorodos locais
unha vez ó ano nun posto.
Este é un esforzo de todo o ano
que temos facer xuntos
para facer o cambio precisado.
Cambios como un prezo xusto
para os labregos.
Cotas, xerencia da oferta,
prezos garantidos.
Cambios como o comercio xusto e libre.
Rematar coas guerras de comercio.
E claro que significa votar.
Aínda que xa o sabiamos.
Por exemplo, funciona.
Eh, quen é ese?
(Risas)
Neste ano en Minesota,
aprobouse un crédito fiscal histórico,
o primeiro no país.
O Crédito fiscal do labrego principiante.
Incentiva a transición da terra
da xeración actual
á seguinte xeración.
Iso fixémolo unha presa
de labregos novos.
Claro que non temos cartos,
xa o viron.
Non temos experiencia política.
Pero presentámonos
e fixémonos escoitar.
E grazas ó apoio dos labregos
e dos non labregos,
conseguimos facer algo incríble
neste estado.
Se nós o podemos facer,
calquera pode.
Todo iso foi leve e difuso
e séntese ledicia.
Os escépticos no público,
estades aquí.
Ese sería eu, se estivese aquí.
Os escépticos pensan,
"Que temos que cambiar
do noso sistema de alimentación?"
Os labregos son xeniais.
Temos comida ilimitada
e tamén é moi barata.
Non é xenial?
Desafortunadamente,
nos anos 80 e 90 neste país
seguimos un camiño de política
que se podería describir
como "crece ou sae".
O que "crece ou sae" significa
é que maximizas a produción
mentras que minimizas custos.
No senso literal,
soa bastante simple.
Con todo, ese cambio
truncou os labregos dunha clase venerada
e apreciada na nosa sociedade
nun custo a minimizar.
Ese cambio fixo que o meu bisavó,
quen mantivo a familia con seis vacas,
esa mesma granxa,
que intenta manter a súa familia,
hoxe debe ter 600 vacas.
Granxas con 6000 vacas
non son atípicas.
Que pasa cando só haxa
unha granxa
nun condado enteiro,
onde antes había centos?
O mesmo se pode dicir
dos cultivos de millo, fabas e outros.
Que pasa cando se precisen
10000 hectáreas para manter a unha persoa?
Cando só se precisaban 40.
Sabemos o que pasa,
o lemos nas noticias.
Declive rural determinante,
pero as escolas pechan, únense
a unha máis grande,
as oficinas de correo pechan,
os supermercados pechan.
A xente vaise,
a comunidade sofre e desaparece.
Todos os presentes que temos lazos
coa Minesota rural
coñecemos ben a historia.
Non é un problema que poidamos solucionar
cos mercados e as boas intencións.
Temos que facer máis polos nosos labregos.
A política meteunos nesta lea
e a política nos pode quitar dela.
Os labregos estadounidenses fanse
vellos, menos e máis pobres,
pero son cruciais para o noso Estado.
Son a vitalidade
nas nosas comunidades rurais.
Son os motores do crecemento económico
e da estabilidade,
e os que mellor protexen os
recursos comúns
da terra, o auga e o aire.
Así que temos que axudalos máis.
Unídesvos a min?
Loitemos polos nosos labregos.
Védelo,
xa o facemos en Minesota con gran éxito.
E xuntos aínda podemos facer máis.
E debemos.
Antes votábamos co garfo,
e queremos seguir facéndoo.
Pero se quero que vos vaiades á casa
cunha idea,
é que votedes co voso voto.
E para iso,
contamos ata tres,
e decimos todos xuntos.
Estades listos?
Ben, un,
dous,
tres.
Público: Vota co teu voto.
Moi ben. Grazas.
Penso que o entendestes.
(Aplausos)