1 00:00:01,016 --> 00:00:04,305 Que se soe decir antes de falar en público? 2 00:00:05,159 --> 00:00:07,627 Imaxina que o teu público está espido. 3 00:00:07,651 --> 00:00:09,420 (Risas) 4 00:00:09,444 --> 00:00:11,585 Esta noite vou facer algo diferente 5 00:00:11,609 --> 00:00:15,156 e vou imaxinar que non temos labregos. 6 00:00:15,180 --> 00:00:17,871 Non hai moita diferenza. 7 00:00:17,895 --> 00:00:20,324 [Sen labregos, estarías esfameado, espido e sobrio] 8 00:00:20,348 --> 00:00:21,349 (Risas) 9 00:00:21,373 --> 00:00:24,395 Os nosos labregos fan moito máis por nós 10 00:00:24,419 --> 00:00:29,307 que alimentarnos, vestirnos e darnos cousas marabillosas de beber. 11 00:00:29,776 --> 00:00:33,461 Os nosos labregos son importantes en todas as nosas comunidades, 12 00:00:33,485 --> 00:00:35,818 especialmente as nosas comunidades rurais. 13 00:00:36,334 --> 00:00:38,167 E máis que iso, 14 00:00:38,191 --> 00:00:41,968 son un empuxe fundamental das economías resilientes. 15 00:00:42,739 --> 00:00:44,219 Pénsadeo do seguinte modo: 16 00:00:44,243 --> 00:00:47,672 Cando unha cervexaría me merca lúpulos que planto aquí en Minesota, 17 00:00:47,696 --> 00:00:50,044 o 90 % dese dólar quédase no noso estado, 18 00:00:50,068 --> 00:00:53,188 comparado co só o 10 % cando compra noutra parte. 19 00:00:53,212 --> 00:00:55,077 Iso significa moito. 20 00:00:55,101 --> 00:00:57,403 Ese 90 % significa emprego local. 21 00:00:57,427 --> 00:01:00,370 Significa ingresos fiscais para mellores colexios e estradas. 22 00:01:00,394 --> 00:01:02,672 Significa apoio ás cooperativas, ós mecánicos, 23 00:01:02,696 --> 00:01:06,212 a todo o persoal necesario para que a granxa prospere. 24 00:01:06,743 --> 00:01:08,776 E son os mellores administradores da terra. 25 00:01:08,800 --> 00:01:12,900 Esta cita exemplifica o que as nosas familias labregas fan por nós 26 00:01:12,924 --> 00:01:15,402 ó administraren os nosos recursos comúns. 27 00:01:16,140 --> 00:01:21,987 "Esa terra é unha comunidade, o concepto básico da ecoloxía. 28 00:01:22,011 --> 00:01:26,230 Pero, por principio ético, esa terra ten que ser amada e respectada". 29 00:01:27,628 --> 00:01:31,079 Claro que fan moito por nós. 30 00:01:31,714 --> 00:01:34,355 As familias labregas son boísimas. Niso estamos de acordo. 31 00:01:34,379 --> 00:01:36,291 Con todo, 32 00:01:36,315 --> 00:01:38,759 as tendencias agrícolas son horribles. 33 00:01:38,783 --> 00:01:40,664 A media de idade dun labrego en EE. UU., 34 00:01:40,688 --> 00:01:43,410 segundo o último censo agrícola, 35 00:01:43,434 --> 00:01:44,934 é de 58,3. 36 00:01:44,958 --> 00:01:46,886 De tódolos labregos, 37 00:01:46,910 --> 00:01:49,369 o 33 % teñen máis de 65 anos. 38 00:01:49,393 --> 00:01:51,379 Esta é a caricatura do meu avó. 39 00:01:51,403 --> 00:01:52,727 (Risas) 40 00:01:52,751 --> 00:01:54,348 Segue traballando na terra 41 00:01:54,372 --> 00:01:56,506 e ten moitos máis de 65 anos. 42 00:01:56,530 --> 00:01:58,007 Para poñelo en perspectiva, 43 00:01:58,031 --> 00:02:00,862 outro traballo importante do servizo público, a docencia: 44 00:02:00,886 --> 00:02:02,887 a media de idade dos mestres é de 42 anos. 45 00:02:03,950 --> 00:02:06,283 Os labregos neste país son ben vellos. 46 00:02:06,307 --> 00:02:08,268 E por desgraza, 47 00:02:08,292 --> 00:02:11,862 cando se retiran, se se retiran, 48 00:02:11,886 --> 00:02:13,768 non os estamos a substituír. 49 00:02:13,792 --> 00:02:16,053 De tódolos labregos que engadimos neste país 50 00:02:16,077 --> 00:02:18,576 entre o 2008 e o 2012, 51 00:02:18,600 --> 00:02:20,695 en todos os Estados Unidos, 52 00:02:20,719 --> 00:02:22,613 a ver se podedes vela diferenza, 53 00:02:22,637 --> 00:02:25,369 engadimos 2000 menores de 30 anos. 54 00:02:25,393 --> 00:02:27,402 Eu son un deles. 55 00:02:27,426 --> 00:02:30,315 Se queren, quédome despois para firmar fotos. 56 00:02:30,339 --> 00:02:32,363 (Risas) 57 00:02:32,665 --> 00:02:34,769 Pero, os nosos labregos fanse maiores 58 00:02:34,793 --> 00:02:36,309 e non os estamos a substituír. 59 00:02:36,333 --> 00:02:37,625 Que está a pasar? 60 00:02:37,649 --> 00:02:39,037 Que imos facer? 61 00:02:39,061 --> 00:02:41,760 Penso que hai unha razón pola que a xente non se anima, 62 00:02:41,784 --> 00:02:42,943 os prezos. 63 00:02:42,967 --> 00:02:45,545 Imos analizar unhas diapositivas como esta. 64 00:02:45,569 --> 00:02:49,346 O leite: o prezo medio recomendado de 3.8 l de leite nos EE. UU.: 65 00:02:49,370 --> 00:02:50,821 4,49 dólares. 66 00:02:50,845 --> 00:02:52,657 Canto credes que se leva o labrego? 67 00:02:52,681 --> 00:02:54,778 1,32 dólares. 68 00:02:54,802 --> 00:02:56,133 Imos probar agora co pan. 69 00:02:56,157 --> 00:02:58,934 O prezo medio de venda do pan nos EE. UU.: 3,49 dólares. 70 00:02:58,958 --> 00:03:00,271 O labrego lévase... 71 00:03:00,295 --> 00:03:01,446 12 céntimos. 72 00:03:01,470 --> 00:03:02,621 Público: ¡Oh! 73 00:03:02,645 --> 00:03:05,795 Entón, suponse que temos granxas locais fortes 74 00:03:07,342 --> 00:03:08,512 nesta situación? 75 00:03:08,536 --> 00:03:12,059 Que se supón que temos que facer se non quedan labregos? 76 00:03:13,206 --> 00:03:15,699 E isto non só é un problema de labregos, 77 00:03:15,723 --> 00:03:18,910 non é algo para que os poucos labregos que somos o resolvamos. 78 00:03:18,934 --> 00:03:20,323 Este é un problema de todos. 79 00:03:20,347 --> 00:03:23,775 É rural e urbán, e é a nivel estatal e nacional. 80 00:03:23,799 --> 00:03:25,533 Entón, que facemos? 81 00:03:26,426 --> 00:03:27,656 Vóuvolo dicir. 82 00:03:27,680 --> 00:03:28,947 Primeiro, unha historia. 83 00:03:29,879 --> 00:03:32,721 O movemento verde, todos sabemos máis ou menos, 84 00:03:32,745 --> 00:03:34,927 empezou nos anos 60, plantando árbores. 85 00:03:35,417 --> 00:03:37,188 Dende aquela andamos moito. 86 00:03:37,212 --> 00:03:39,488 O verde é parte das nosas vidas cotiás. 87 00:03:39,512 --> 00:03:42,520 É parte das vidas cotiás das empresas da Fortune 500. 88 00:03:42,544 --> 00:03:44,561 É o asunto dos tratados internacionais, 89 00:03:44,585 --> 00:03:46,696 o asunto dos debates presidenciais. 90 00:03:47,125 --> 00:03:49,077 Vós e eu, cambiamos as lámpadas, 91 00:03:49,101 --> 00:03:51,272 usamos bolsas reutilizables. 92 00:03:51,744 --> 00:03:54,403 Participamos no movemento verde cada día. 93 00:03:54,427 --> 00:03:55,760 Aínda así... 94 00:03:55,784 --> 00:03:58,514 e así é cómo chegamos á idea, 95 00:03:58,538 --> 00:03:59,689 o movemento da comida, 96 00:03:59,713 --> 00:04:03,093 relativamente máis novo, pero tamén familiar, supoño. 97 00:04:03,117 --> 00:04:04,474 Vas ó supermercado, 98 00:04:04,498 --> 00:04:06,307 ves un cartel que di "Compra local", 99 00:04:06,331 --> 00:04:08,950 vas ó mercado, vas á cooperativa, 100 00:04:08,974 --> 00:04:11,238 les libros de autores destacados. 101 00:04:11,903 --> 00:04:13,117 O movemento da comida ata a data 102 00:04:13,141 --> 00:04:16,029 podería resumirse en votar co garfo. 103 00:04:16,053 --> 00:04:18,592 A idea é: quitas un dólar da carteira: 104 00:04:18,616 --> 00:04:20,958 cómo gastas ese dólar afecta ó sistema da comida. 105 00:04:20,982 --> 00:04:23,249 Apoia ós labregos preto da casa. 106 00:04:23,974 --> 00:04:26,482 E todo iso está moi ben, pero cara onde imos? 107 00:04:26,506 --> 00:04:28,570 Como chegar ó momento da enerxía renovable 108 00:04:28,594 --> 00:04:29,934 como o fixeron os verdes? 109 00:04:29,958 --> 00:04:32,147 E isto, penso, é o que precisamos facer. 110 00:04:32,521 --> 00:04:35,409 Votar co garfo non resolve os problemas 111 00:04:35,433 --> 00:04:36,782 que teñen os nosos labregos. 112 00:04:36,806 --> 00:04:38,560 Así que precisamos facer máis. 113 00:04:38,584 --> 00:04:41,497 Penso que debemos pasar de votar co garfo 114 00:04:41,521 --> 00:04:43,397 a votar co noso voto. 115 00:04:43,421 --> 00:04:46,278 Precisamos coller os nosos dólares 116 00:04:46,302 --> 00:04:47,987 e seguir a gastalos localmente. 117 00:04:48,011 --> 00:04:50,744 Tamén temos que presentarnos nas urnas polos labregos. 118 00:04:51,167 --> 00:04:53,516 Isto é máis importante que mercar amorodos locais 119 00:04:53,540 --> 00:04:55,317 unha vez ó ano nun posto. 120 00:04:55,341 --> 00:04:57,913 Este é un esforzo de todo o ano que temos facer xuntos 121 00:04:57,937 --> 00:04:59,324 para facer o cambio precisado. 122 00:04:59,793 --> 00:05:02,324 Cambios como un prezo xusto para os labregos. 123 00:05:02,348 --> 00:05:04,579 Cotas, xerencia da oferta, 124 00:05:04,603 --> 00:05:05,803 prezos garantidos. 125 00:05:06,792 --> 00:05:09,197 Cambios como o comercio xusto e libre. 126 00:05:09,221 --> 00:05:11,155 Rematar coas guerras de comercio. 127 00:05:11,499 --> 00:05:14,300 E claro que significa votar. 128 00:05:14,324 --> 00:05:16,277 Aínda que xa o sabiamos. 129 00:05:16,301 --> 00:05:17,562 Por exemplo, funciona. 130 00:05:17,586 --> 00:05:19,260 Eh, quen é ese? 131 00:05:19,284 --> 00:05:20,958 (Risas) 132 00:05:20,982 --> 00:05:23,061 Neste ano en Minesota, 133 00:05:23,085 --> 00:05:25,760 aprobouse un crédito fiscal histórico, o primeiro no país. 134 00:05:25,784 --> 00:05:27,917 O Crédito fiscal do labrego principiante. 135 00:05:28,323 --> 00:05:30,522 Incentiva a transición da terra 136 00:05:30,546 --> 00:05:33,561 da xeración actual á seguinte xeración. 137 00:05:34,125 --> 00:05:36,752 Iso fixémolo unha presa de labregos novos. 138 00:05:36,776 --> 00:05:39,220 Claro que non temos cartos, xa o viron. 139 00:05:39,569 --> 00:05:41,276 Non temos experiencia política. 140 00:05:41,300 --> 00:05:43,530 Pero presentámonos e fixémonos escoitar. 141 00:05:43,554 --> 00:05:46,434 E grazas ó apoio dos labregos e dos non labregos, 142 00:05:46,458 --> 00:05:48,992 conseguimos facer algo incríble neste estado. 143 00:05:50,538 --> 00:05:52,482 Se nós o podemos facer, calquera pode. 144 00:05:52,506 --> 00:05:55,791 Todo iso foi leve e difuso e séntese ledicia. 145 00:05:55,815 --> 00:05:58,092 Os escépticos no público, estades aquí. 146 00:05:58,116 --> 00:05:59,737 Ese sería eu, se estivese aquí. 147 00:05:59,761 --> 00:06:00,983 Os escépticos pensan, 148 00:06:01,007 --> 00:06:03,988 "Que temos que cambiar do noso sistema de alimentación?" 149 00:06:04,704 --> 00:06:05,904 Os labregos son xeniais. 150 00:06:06,260 --> 00:06:08,593 Temos comida ilimitada e tamén é moi barata. 151 00:06:08,617 --> 00:06:09,767 Non é xenial? 152 00:06:10,450 --> 00:06:11,696 Desafortunadamente, 153 00:06:11,720 --> 00:06:15,998 nos anos 80 e 90 neste país seguimos un camiño de política 154 00:06:16,022 --> 00:06:18,855 que se podería describir como "crece ou sae". 155 00:06:19,926 --> 00:06:23,696 O que "crece ou sae" significa é que maximizas a produción 156 00:06:23,720 --> 00:06:25,254 mentras que minimizas custos. 157 00:06:25,792 --> 00:06:28,228 No senso literal, soa bastante simple. 158 00:06:28,530 --> 00:06:34,458 Con todo, ese cambio truncou os labregos dunha clase venerada 159 00:06:34,482 --> 00:06:36,228 e apreciada na nosa sociedade 160 00:06:36,252 --> 00:06:38,119 nun custo a minimizar. 161 00:06:39,355 --> 00:06:42,006 Ese cambio fixo que o meu bisavó, 162 00:06:42,030 --> 00:06:45,286 quen mantivo a familia con seis vacas, 163 00:06:45,310 --> 00:06:47,204 esa mesma granxa, 164 00:06:47,228 --> 00:06:50,117 que intenta manter a súa familia, hoxe debe ter 600 vacas. 165 00:06:50,141 --> 00:06:54,188 Granxas con 6000 vacas non son atípicas. 166 00:06:55,446 --> 00:06:57,549 Que pasa cando só haxa unha granxa 167 00:06:57,573 --> 00:06:58,748 nun condado enteiro, 168 00:06:58,772 --> 00:07:00,374 onde antes había centos? 169 00:07:00,954 --> 00:07:04,454 O mesmo se pode dicir dos cultivos de millo, fabas e outros. 170 00:07:05,116 --> 00:07:08,815 Que pasa cando se precisen 10000 hectáreas para manter a unha persoa? 171 00:07:09,871 --> 00:07:11,804 Cando só se precisaban 40. 172 00:07:13,038 --> 00:07:15,951 Sabemos o que pasa, o lemos nas noticias. 173 00:07:16,448 --> 00:07:18,068 Declive rural determinante, 174 00:07:18,092 --> 00:07:19,983 pero as escolas pechan, únense a unha máis grande, 175 00:07:20,007 --> 00:07:22,713 as oficinas de correo pechan, os supermercados pechan. 176 00:07:23,649 --> 00:07:24,847 A xente vaise, 177 00:07:24,871 --> 00:07:27,271 a comunidade sofre e desaparece. 178 00:07:28,109 --> 00:07:31,204 Todos os presentes que temos lazos coa Minesota rural 179 00:07:31,228 --> 00:07:32,628 coñecemos ben a historia. 180 00:07:34,117 --> 00:07:38,998 Non é un problema que poidamos solucionar cos mercados e as boas intencións. 181 00:07:39,022 --> 00:07:41,608 Temos que facer máis polos nosos labregos. 182 00:07:41,632 --> 00:07:43,895 A política meteunos nesta lea 183 00:07:43,919 --> 00:07:45,652 e a política nos pode quitar dela. 184 00:07:47,109 --> 00:07:51,781 Os labregos estadounidenses fanse vellos, menos e máis pobres, 185 00:07:52,163 --> 00:07:54,430 pero son cruciais para o noso Estado. 186 00:07:54,782 --> 00:07:57,186 Son a vitalidade nas nosas comunidades rurais. 187 00:07:57,210 --> 00:08:00,552 Son os motores do crecemento económico e da estabilidade, 188 00:08:00,576 --> 00:08:04,354 e os que mellor protexen os recursos comúns 189 00:08:04,378 --> 00:08:05,911 da terra, o auga e o aire. 190 00:08:06,268 --> 00:08:08,307 Así que temos que axudalos máis. 191 00:08:08,331 --> 00:08:09,798 Unídesvos a min? 192 00:08:10,220 --> 00:08:11,728 Loitemos polos nosos labregos. 193 00:08:11,752 --> 00:08:12,903 Védelo, 194 00:08:12,927 --> 00:08:16,082 xa o facemos en Minesota con gran éxito. 195 00:08:16,736 --> 00:08:18,569 E xuntos aínda podemos facer máis. 196 00:08:18,593 --> 00:08:19,815 E debemos. 197 00:08:19,839 --> 00:08:23,154 Antes votábamos co garfo, 198 00:08:23,178 --> 00:08:24,970 e queremos seguir facéndoo. 199 00:08:24,994 --> 00:08:27,877 Pero se quero que vos vaiades á casa cunha idea, 200 00:08:27,901 --> 00:08:29,702 é que votedes co voso voto. 201 00:08:29,726 --> 00:08:30,996 E para iso, 202 00:08:31,020 --> 00:08:34,094 contamos ata tres, e decimos todos xuntos. 203 00:08:34,118 --> 00:08:35,268 Estades listos? 204 00:08:36,477 --> 00:08:38,445 Ben, un, 205 00:08:38,469 --> 00:08:39,865 dous, 206 00:08:39,889 --> 00:08:41,052 tres. 207 00:08:41,076 --> 00:08:43,301 Público: Vota co teu voto. 208 00:08:43,325 --> 00:08:44,492 Moi ben. Grazas. 209 00:08:44,516 --> 00:08:45,786 Penso que o entendestes. 210 00:08:45,810 --> 00:08:48,337 (Aplausos)