Para entender o cambio climático
pensa no Tetris.
Durante eóns, a Terra xogou unha versión
dese xogo con bloques de carbono.
Entran na atmosfera como dióxido
de carbono dos volcáns,
materia vexetal en descomposición,
animais que respiran
e a superficie do mar.
E deixan a atmosfera cando son empregados
pola plantas na fotosíntese,
absorbidos outra vez polo océano,
ou almacenados no solo e nos sedimentos.
A este xogo do Tetris chámaselle
"ciclo do carbono"
e é o motor da vida na Terra.
¿Cal é a conexión co clima?
Ben, cando ese dióxido de carbono
está no aire,
esperando a ser reabsorbido,
bloquea unha parte da calor do Sol
que, doutra forma,
escaparía para o espazo.
Por iso, ao dióxido de carbono chámaselle
"gas de efecto invernadoiro".
Crea unha capa de calor
coñecida como "efecto invernadoiro"
que impide que a Terra se conxele
coma Marte.
Cantos máis bloques de dióxido de carbono
haxa na atmosfera agardando ser absorbidos
máis cálida se volve a Terra.
Aínda que a cantidade de carbono
na atmosfera
variou a causa das eras glaciais e
dos impactos de asteroides,
durante os últimos 8000 anos conformouse
o clima estable que coñecemos
permitindo o desenvolvemento
da civilización humana.
Pero hai uns 200 anos
comezamos a desenterrar ese vello carbono
que fora almacenado no solo.
Estes combustibles fósiles, carbón,
petróleo e gas natural
formáronse a partir dos restos enterrados
de plantas e animais
que morreron moito antes de que
os seres humanos evolucionaran.
A enerxía almacenada dentro deles
alimentou
as nosas fábricas, coches
e plantas eléctricas.
Pero queimar eses combustibles inxectou
máis bloques de carbono no Tetris da Terra
Ao tempo, cortamos bosques
para a agricultura,
reducindo a capacidade da Terra
para eliminar os bloques.
E desde 1750 a cantidade de carbono
na atmosfera
medrou un 40%,
e non amosa sinais de desacelerarse.
Igual ca no Tetris, cantos máis bloques
se amorean
máis difícil é recuperar a estabilidade.
O dióxido de carbono extra na atmosfera
acelera o efecto invernadoiro
atrapando máis calor preto da superficie
e causando o derretemento
dos casquetes polares.
E canto máis se derreten menos luz solar
poden reflectir,
facendo que os océanos quezan cada vez
máis rápido.
O nivel do mar sobe, a poboación costeira
sofre a ameaza de inundacións,
os ecosistemas naturais vense alterados,
e o clima vólvese máis extremo
co transcurso do tempo.
O cambio climático pode afectar persoas e
lugares distintos de maneiras diferentes.
Pero, ao final, é un xogo que todos
estamos xogando.
E, ao revés ca no Tetris,
non imos ter a oportunidade de reiniciar
a partida e probar outra vez.