0:00:06.595,0:00:08.120 Para entender o cambio climático 0:00:08.120,0:00:09.844 pensa no Tetris. 0:00:09.844,0:00:14.262 Durante eóns, a Terra xogou unha versión [br]dese xogo con bloques de carbono. 0:00:14.262,0:00:17.797 Entran na atmosfera como dióxido[br]de carbono dos volcáns, 0:00:17.797,0:00:19.463 materia vexetal en descomposición, 0:00:19.463,0:00:20.510 animais que respiran 0:00:20.510,0:00:21.968 e a superficie do mar. 0:00:21.968,0:00:25.888 E deixan a atmosfera cando son empregados[br]pola plantas na fotosíntese, 0:00:25.888,0:00:27.512 absorbidos outra vez polo océano, 0:00:27.512,0:00:29.677 ou almacenados no solo e nos sedimentos. 0:00:29.677,0:00:32.179 A este xogo do Tetris chámaselle[br]"ciclo do carbono" 0:00:32.179,0:00:34.682 e é o motor da vida na Terra. 0:00:34.682,0:00:36.761 ¿Cal é a conexión co clima? 0:00:36.761,0:00:39.197 Ben, cando ese dióxido de carbono[br]está no aire, 0:00:39.197,0:00:40.820 esperando a ser reabsorbido, 0:00:40.820,0:00:42.455 bloquea unha parte da calor do Sol 0:00:42.485,0:00:44.584 que, doutra forma, [br]escaparía para o espazo. 0:00:44.584,0:00:47.926 Por iso, ao dióxido de carbono chámaselle[br]"gas de efecto invernadoiro". 0:00:47.926,0:00:49.579 Crea unha capa de calor 0:00:49.579,0:00:51.261 coñecida como "efecto invernadoiro" 0:00:51.261,0:00:53.929 que impide que a Terra se conxele [br]coma Marte. 0:00:53.929,0:00:57.873 Cantos máis bloques de dióxido de carbono[br]haxa na atmosfera agardando ser absorbidos 0:00:57.873,0:00:59.796 máis cálida se volve a Terra. 0:00:59.796,0:01:01.971 Aínda que a cantidade de carbono [br]na atmosfera 0:01:01.971,0:01:05.013 variou a causa das eras glaciais e[br]dos impactos de asteroides, 0:01:05.013,0:01:09.262 durante os últimos 8000 anos conformouse[br]o clima estable que coñecemos 0:01:09.262,0:01:12.141 permitindo o desenvolvemento[br]da civilización humana. 0:01:12.141,0:01:14.145 Pero hai uns 200 anos 0:01:14.145,0:01:17.511 comezamos a desenterrar ese vello carbono[br]que fora almacenado no solo. 0:01:17.511,0:01:20.845 Estes combustibles fósiles, carbón,[br]petróleo e gas natural 0:01:20.845,0:01:23.764 formáronse a partir dos restos enterrados[br]de plantas e animais 0:01:23.764,0:01:26.782 que morreron moito antes de que[br]os seres humanos evolucionaran. 0:01:26.782,0:01:29.179 A enerxía almacenada dentro deles [br]alimentou 0:01:29.179,0:01:31.871 as nosas fábricas, coches [br]e plantas eléctricas. 0:01:31.871,0:01:37.042 Pero queimar eses combustibles inxectou[br]máis bloques de carbono no Tetris da Terra 0:01:37.042,0:01:39.845 Ao tempo, cortamos bosques [br]para a agricultura, 0:01:39.845,0:01:43.466 reducindo a capacidade da Terra[br]para eliminar os bloques. 0:01:43.466,0:01:46.730 E desde 1750 a cantidade de carbono[br]na atmosfera 0:01:46.730,0:01:48.761 medrou un 40%, 0:01:48.761,0:01:50.928 e non amosa sinais de desacelerarse. 0:01:50.928,0:01:53.761 Igual ca no Tetris, cantos máis bloques[br]se amorean 0:01:53.761,0:01:56.736 máis difícil é recuperar a estabilidade. 0:01:56.736,0:01:58.928 O dióxido de carbono extra na atmosfera 0:01:58.928,0:02:00.925 acelera o efecto invernadoiro 0:02:00.925,0:02:03.109 atrapando máis calor preto da superficie 0:02:03.109,0:02:05.823 e causando o derretemento[br]dos casquetes polares. 0:02:05.823,0:02:09.032 E canto máis se derreten menos luz solar[br]poden reflectir, 0:02:09.032,0:02:12.009 facendo que os océanos quezan cada vez[br]máis rápido. 0:02:12.009,0:02:15.540 O nivel do mar sobe, a poboación costeira[br]sofre a ameaza de inundacións, 0:02:15.540,0:02:17.841 os ecosistemas naturais vense alterados, 0:02:17.841,0:02:21.425 e o clima vólvese máis extremo[br]co transcurso do tempo. 0:02:21.425,0:02:25.375 O cambio climático pode afectar persoas e [br]lugares distintos de maneiras diferentes. 0:02:25.375,0:02:28.563 Pero, ao final, é un xogo que todos[br]estamos xogando. 0:02:28.563,0:02:30.043 E, ao revés ca no Tetris, 0:02:30.043,0:02:33.521 non imos ter a oportunidade de reiniciar[br]a partida e probar outra vez.