1 00:00:06,595 --> 00:00:08,120 Para entender o cambio climático 2 00:00:08,120 --> 00:00:09,844 pensa no Tetris. 3 00:00:09,844 --> 00:00:14,262 Durante eóns, a Terra xogou unha versión dese xogo con bloques de carbono. 4 00:00:14,262 --> 00:00:17,797 Entran na atmosfera como dióxido de carbono dos volcáns, 5 00:00:17,797 --> 00:00:19,463 materia vexetal en descomposición, 6 00:00:19,463 --> 00:00:20,510 animais que respiran 7 00:00:20,510 --> 00:00:21,968 e a superficie do mar. 8 00:00:21,968 --> 00:00:25,888 E deixan a atmosfera cando son empregados pola plantas na fotosíntese, 9 00:00:25,888 --> 00:00:27,512 absorbidos outra vez polo océano, 10 00:00:27,512 --> 00:00:29,677 ou almacenados no solo e nos sedimentos. 11 00:00:29,677 --> 00:00:32,179 A este xogo do Tetris chámaselle "ciclo do carbono" 12 00:00:32,179 --> 00:00:34,682 e é o motor da vida na Terra. 13 00:00:34,682 --> 00:00:36,761 ¿Cal é a conexión co clima? 14 00:00:36,761 --> 00:00:39,197 Ben, cando ese dióxido de carbono está no aire, 15 00:00:39,197 --> 00:00:40,820 esperando a ser reabsorbido, 16 00:00:40,820 --> 00:00:42,455 bloquea unha parte da calor do Sol 17 00:00:42,485 --> 00:00:44,584 que, doutra forma, escaparía para o espazo. 18 00:00:44,584 --> 00:00:47,926 Por iso, ao dióxido de carbono chámaselle "gas de efecto invernadoiro". 19 00:00:47,926 --> 00:00:49,579 Crea unha capa de calor 20 00:00:49,579 --> 00:00:51,261 coñecida como "efecto invernadoiro" 21 00:00:51,261 --> 00:00:53,929 que impide que a Terra se conxele coma Marte. 22 00:00:53,929 --> 00:00:57,873 Cantos máis bloques de dióxido de carbono haxa na atmosfera agardando ser absorbidos 23 00:00:57,873 --> 00:00:59,796 máis cálida se volve a Terra. 24 00:00:59,796 --> 00:01:01,971 Aínda que a cantidade de carbono na atmosfera 25 00:01:01,971 --> 00:01:05,013 variou a causa das eras glaciais e dos impactos de asteroides, 26 00:01:05,013 --> 00:01:09,262 durante os últimos 8000 anos conformouse o clima estable que coñecemos 27 00:01:09,262 --> 00:01:12,141 permitindo o desenvolvemento da civilización humana. 28 00:01:12,141 --> 00:01:14,145 Pero hai uns 200 anos 29 00:01:14,145 --> 00:01:17,511 comezamos a desenterrar ese vello carbono que fora almacenado no solo. 30 00:01:17,511 --> 00:01:20,845 Estes combustibles fósiles, carbón, petróleo e gas natural 31 00:01:20,845 --> 00:01:23,764 formáronse a partir dos restos enterrados de plantas e animais 32 00:01:23,764 --> 00:01:26,782 que morreron moito antes de que os seres humanos evolucionaran. 33 00:01:26,782 --> 00:01:29,179 A enerxía almacenada dentro deles alimentou 34 00:01:29,179 --> 00:01:31,871 as nosas fábricas, coches e plantas eléctricas. 35 00:01:31,871 --> 00:01:37,042 Pero queimar eses combustibles inxectou máis bloques de carbono no Tetris da Terra 36 00:01:37,042 --> 00:01:39,845 Ao tempo, cortamos bosques para a agricultura, 37 00:01:39,845 --> 00:01:43,466 reducindo a capacidade da Terra para eliminar os bloques. 38 00:01:43,466 --> 00:01:46,730 E desde 1750 a cantidade de carbono na atmosfera 39 00:01:46,730 --> 00:01:48,761 medrou un 40%, 40 00:01:48,761 --> 00:01:50,928 e non amosa sinais de desacelerarse. 41 00:01:50,928 --> 00:01:53,761 Igual ca no Tetris, cantos máis bloques se amorean 42 00:01:53,761 --> 00:01:56,736 máis difícil é recuperar a estabilidade. 43 00:01:56,736 --> 00:01:58,928 O dióxido de carbono extra na atmosfera 44 00:01:58,928 --> 00:02:00,925 acelera o efecto invernadoiro 45 00:02:00,925 --> 00:02:03,109 atrapando máis calor preto da superficie 46 00:02:03,109 --> 00:02:05,823 e causando o derretemento dos casquetes polares. 47 00:02:05,823 --> 00:02:09,032 E canto máis se derreten menos luz solar poden reflectir, 48 00:02:09,032 --> 00:02:12,009 facendo que os océanos quezan cada vez máis rápido. 49 00:02:12,009 --> 00:02:15,540 O nivel do mar sobe, a poboación costeira sofre a ameaza de inundacións, 50 00:02:15,540 --> 00:02:17,841 os ecosistemas naturais vense alterados, 51 00:02:17,841 --> 00:02:21,425 e o clima vólvese máis extremo co transcurso do tempo. 52 00:02:21,425 --> 00:02:25,375 O cambio climático pode afectar persoas e lugares distintos de maneiras diferentes. 53 00:02:25,375 --> 00:02:28,563 Pero, ao final, é un xogo que todos estamos xogando. 54 00:02:28,563 --> 00:02:30,043 E, ao revés ca no Tetris, 55 00:02:30,043 --> 00:02:33,521 non imos ter a oportunidade de reiniciar a partida e probar outra vez.