WEBVTT 00:00:06.595 --> 00:00:08.120 Para entender o cambio climático 00:00:08.120 --> 00:00:09.844 pensa no Tetris. 00:00:09.844 --> 00:00:14.262 Durante eóns, a Terra xogou unha versión dese xogo con bloques de carbono. 00:00:14.262 --> 00:00:17.797 Entran na atmosfera como dióxido de carbono dos volcáns, 00:00:17.797 --> 00:00:19.463 materia vexetal en descomposición, 00:00:19.463 --> 00:00:20.510 animais que respiran 00:00:20.510 --> 00:00:21.968 e a superficie do mar. 00:00:21.968 --> 00:00:25.888 E deixan a atmosfera cando son empregados pola plantas na fotosíntese, 00:00:25.888 --> 00:00:27.512 absorbidos outra vez polo océano, 00:00:27.512 --> 00:00:29.677 ou almacenados no solo e nos sedimentos. 00:00:29.677 --> 00:00:32.179 A este xogo do Tetris chámaselle "ciclo do carbono" 00:00:32.179 --> 00:00:34.682 e é o motor da vida na Terra. 00:00:34.682 --> 00:00:36.761 ¿Cal é a conexión co clima? 00:00:36.761 --> 00:00:39.197 Ben, cando ese dióxido de carbono está no aire, 00:00:39.197 --> 00:00:40.820 esperando a ser reabsorbido, 00:00:40.820 --> 00:00:42.455 bloquea unha parte da calor do Sol 00:00:42.485 --> 00:00:44.584 que, doutra forma, escaparía para o espazo. 00:00:44.584 --> 00:00:47.926 Por iso, ao dióxido de carbono chámaselle "gas de efecto invernadoiro". 00:00:47.926 --> 00:00:49.579 Crea unha capa de calor 00:00:49.579 --> 00:00:51.261 coñecida como "efecto invernadoiro" 00:00:51.261 --> 00:00:53.929 que impide que a Terra se conxele coma Marte. 00:00:53.929 --> 00:00:57.873 Cantos máis bloques de dióxido de carbono haxa na atmosfera agardando ser absorbidos 00:00:57.873 --> 00:00:59.796 máis cálida se volve a Terra. 00:00:59.796 --> 00:01:01.971 Aínda que a cantidade de carbono na atmosfera 00:01:01.971 --> 00:01:05.013 variou a causa das eras glaciais e dos impactos de asteroides, NOTE Paragraph 00:01:05.013 --> 00:01:09.262 durante os últimos 8000 anos conformouse o clima estable que coñecemos 00:01:09.262 --> 00:01:12.141 permitindo o desenvolvemento da civilización humana. 00:01:12.141 --> 00:01:14.145 Pero hai uns 200 anos 00:01:14.145 --> 00:01:17.511 comezamos a desenterrar ese vello carbono que fora almacenado no solo. 00:01:17.511 --> 00:01:20.845 Estes combustibles fósiles, carbón, petróleo e gas natural 00:01:20.845 --> 00:01:23.764 formáronse a partir dos restos enterrados de plantas e animais 00:01:23.764 --> 00:01:26.782 que morreron moito antes de que os seres humanos evolucionaran. 00:01:26.782 --> 00:01:29.179 A enerxía almacenada dentro deles alimentou 00:01:29.179 --> 00:01:31.871 as nosas fábricas, coches e plantas eléctricas. 00:01:31.871 --> 00:01:37.042 Pero queimar eses combustibles inxectou máis bloques de carbono no Tetris da Terra 00:01:37.042 --> 00:01:39.845 Ao tempo, cortamos bosques para a agricultura, 00:01:39.845 --> 00:01:43.466 reducindo a capacidade da Terra para eliminar os bloques. 00:01:43.466 --> 00:01:46.730 E desde 1750 a cantidade de carbono na atmosfera 00:01:46.730 --> 00:01:48.761 medrou un 40%, 00:01:48.761 --> 00:01:50.928 e non amosa sinais de desacelerarse. 00:01:50.928 --> 00:01:53.761 Igual ca no Tetris, cantos máis bloques se amorean 00:01:53.761 --> 00:01:56.736 máis difícil é recuperar a estabilidade. 00:01:56.736 --> 00:01:58.928 O dióxido de carbono extra na atmosfera 00:01:58.928 --> 00:02:00.925 acelera o efecto invernadoiro 00:02:00.925 --> 00:02:03.109 atrapando máis calor preto da superficie 00:02:03.109 --> 00:02:05.823 e causando o derretemento dos casquetes polares. 00:02:05.823 --> 00:02:09.032 E canto máis se derreten menos luz solar poden reflectir, 00:02:09.032 --> 00:02:12.009 facendo que os océanos quezan cada vez máis rápido. 00:02:12.009 --> 00:02:15.540 O nivel do mar sobe, a poboación costeira sofre a ameaza de inundacións, 00:02:15.540 --> 00:02:17.841 os ecosistemas naturais vense alterados, 00:02:17.841 --> 00:02:21.425 e o clima vólvese máis extremo co transcurso do tempo. 00:02:21.425 --> 00:02:25.375 O cambio climático pode afectar persoas e lugares distintos de maneiras diferentes. 00:02:25.375 --> 00:02:28.563 Pero, ao final, é un xogo que todos estamos xogando. 00:02:28.563 --> 00:02:30.043 E, ao revés ca no Tetris, 00:02:30.043 --> 00:02:33.521 non imos ter a oportunidade de reiniciar a partida e probar outra vez.