Ben, hai moito do que falar,
pero creo hei empezar tocando sen máis.
(Música)
♫ Cando espertei ♫
♫ pola mañá ♫
♫ fixen un café ♫
♫ lín o xornal ♫
♫ e paseniño ♫
♫ e tan suavemente ♫
♫ lavei a louza ♫
♫ e dei de comer aos peixes ♫
♫ Cantáchesme feliz aniversario ♫
♫ como se fose ♫
♫ o teu último día ♫
♫ aquí, na Terra ♫
(Aplausos)
Ben.
Hoxe quería facer algo especial.
Quería tocar por primeira vez unha canción na que estiven traballando
os últimos cinco, seis meses.
E hai poucas cousas tan emocionantes
como tocar unha canción
por primeira vez diante do público,
especialmente cando está a medio rematar.
(Risos)
Dalgunha forma espero que as palestras de aquí
poidan axudarme a rematala.
Porque trata de todo tipo
de campos estraños.
Así que esta canción é basicamente
sobre voltas
pero non o tipo de voltas que fago aquí.
Son voltas de acople.
No mundo do audio
ocorre cando un micrófono achégase demasiado
a súa fonte de son,
e entón convértese nun acople autodestructivo
e crea un son moi desagradable.
E vóuvolo demostrar.
(Risos)
Non vos vou facer dano. Non vos preocupedes.
♫ Isto é unha volta, unha volta de acople ♫
♫ Isto é unha volta, unha volta de acople ♫
♫ Isto é unha volta, unha volta de acople ♫
♫ Isto é unha volta, unha volta de acople ♫
♫ Isto é unha volta, unha volta de acople ♫
♫ Isto é unha volta, unha volta de acople ♫
♫ Isto é un -- (acople) ♫
Ben, non sei se era necesario demostralo.
(Risos)
Pero o que quero dicir é que o importante é o son da autodestrucción.
E estiven pensando en
como isto se aplica a un gran espectro de campos,
dende, por exemplo, o ecolóxico, si?
Parece que hai unha norma na natureza
pola que se te achegas moito a onde provés,
a cousa ponse fea.
Así que non podes dar de comer as vacas os seus propios cerebros
ou se non han coller a enfermidade das vacas tolas,
a endogomia e o incesto,
e, vexamos,
cal era a outra?
Biolóxico, hai enfermidades autoimunes,
que fan que o corpo se ataque a si mesmo
con demasiada forza
e mata ao anfitrión,
a persoa.
E entón, ben, aquí é onde chegamos á canción,
que dalgunha forma enche o oco emocional con isto.
Porque aínda que teño usado termos científicos
nas miñas cancións,
ás veces é moi difícil facelas poéticas.
E algunhas cousas
simplemente non teñen razón de ser canción.
Pero estou tentando a encher este oco
entre esta idea e a melodía.
E non sei se vos pasou algunha vez,
pero, ás veces, cando pecho os ollos
e tento durmir,
non podo deixar de pensar nos meus propios ollos.
É coma se os teus ollos
comenzaran a forzarse para verse a si mesmos.
Iso é o que sinto eu.
Non é agradable.
Síntoo se puxen esa imaxe nas vosas cabezas.
(Risos)
Por suposto é imposíbel que os teus ollos se vexan a si mesmos,
pero parecen estar a intentalo.
Agora está a ser a unha experiencia persoal.
Ou os oídos que poden ouvirse a si mesmos,
é simplemente imposíbel:
ese é o tema.
Así que traballei nesta canción
que fala destas cousas
e tamén imaxina
unha persoa que tivo moito éxito
defendéndose dun desengano amoroso
que acabou por romper o seu propio corazón,
se iso é posíbel.
E é iso o que pregunta a canción.
Moi ben.
Aínda non ten nome.
(Música)
♫ Adiante, felicítate ♫
♫ Date a man, esa man que é a túa man ♫
♫ E o ollo, eses ollos son os teus ollos ♫©
♫ E o oído que se ouve a si está preto ♫
♫ Porque é o teu oído, oh oh ♫
♫ Fixéches o imposible ♫
♫ Separácheste de ti mesmo ♫
♫ Fixécheste invulnerable ♫
♫ Ninguén pode romper o teu corazón ♫
♫ Así que gástao ♫
♫ E esprémeo ♫
♫ E gástao ♫
♫ e rómpeo ti mesmo. ♫
♫ Faino por ti mesmo, rómpeo ti mesmo ♫
♫ Faino por ti mesmo, rómpeo ti mesmo ♫
♫ Faino por ti mesmo ♫
(Aplausos)
Grazas
(Aplausos)
Moi ben.
É dalgunha forma simpático. Os cantautores poden saírse coa súa.
Podes contar teorías tolas
e non ter que respaldalas con datos
gráficos ou investigación.
Pero, xa sabedes, creo que a curiosidade sen complexos
é o que o mundo precisa agora mesmo,
só un pouco.
(Aplausos)
Vou rematar cunha canción miña
chamada "Sistemas Meteorolóxicos."
(Música)
♫ Calado ♫
♫ Está calado, dixo ela ♫
♫ Fala na parte de atrás da súa cabeza ♫
♫ No bordo da cama, podo ver a túa corrente sanguínea ♫
♫ Podo ver as túas ♫
♫ células medrar ♫
♫ Agarda un intre ♫
♫ Non derrames o viño ♫
♫ Podo velo todo dende aquí ♫
♫ Podo ver ♫
♫ Oh, eu ♫
♫ podo ver ♫
♫ os sistemas meteorolóxicos ♫
♫ do mundo ♫
♫ Sistemas meteorolóxicos ♫
♫ do mundo ♫
♫ Algunhas cousas das que dis ♫
♫ non están á venda ♫
♫ Aguantaría onde ♫
♫ os nosos axentes libres dalgunha substancia son ♫
♫ sagrados ♫
♫ Agarda aínda un intre ♫
♫ Non derrames o viño ♫
♫ Podo velo todo dende aquí ♫
♫ Podo ver ♫
♫ Oh, eu ♫
♫ podo ver ♫
♫ sistemas meteorolóxicos do mundo ♫
♫ Sistemas meteorolóxicos ♫
♫ do mundo ♫
Grazas.
(Aplausos)