Ben, hai moito do que falar, pero creo hei empezar tocando sen máis. (Música) ♫ Cando espertei ♫ ♫ pola mañá ♫ ♫ fixen un café ♫ ♫ lín o xornal ♫ ♫ e paseniño ♫ ♫ e tan suavemente ♫ ♫ lavei a louza ♫ ♫ e dei de comer aos peixes ♫ ♫ Cantáchesme feliz aniversario ♫ ♫ como se fose ♫ ♫ o teu último día ♫ ♫ aquí, na Terra ♫ (Aplausos) Ben. Hoxe quería facer algo especial. Quería tocar por primeira vez unha canción na que estiven traballando os últimos cinco, seis meses. E hai poucas cousas tan emocionantes como tocar unha canción por primeira vez diante do público, especialmente cando está a medio rematar. (Risos) Dalgunha forma espero que as palestras de aquí poidan axudarme a rematala. Porque trata de todo tipo de campos estraños. Así que esta canción é basicamente sobre voltas pero non o tipo de voltas que fago aquí. Son voltas de acople. No mundo do audio ocorre cando un micrófono achégase demasiado a súa fonte de son, e entón convértese nun acople autodestructivo e crea un son moi desagradable. E vóuvolo demostrar. (Risos) Non vos vou facer dano. Non vos preocupedes. ♫ Isto é unha volta, unha volta de acople ♫ ♫ Isto é unha volta, unha volta de acople ♫ ♫ Isto é unha volta, unha volta de acople ♫ ♫ Isto é unha volta, unha volta de acople ♫ ♫ Isto é unha volta, unha volta de acople ♫ ♫ Isto é unha volta, unha volta de acople ♫ ♫ Isto é un -- (acople) ♫ Ben, non sei se era necesario demostralo. (Risos) Pero o que quero dicir é que o importante é o son da autodestrucción. E estiven pensando en como isto se aplica a un gran espectro de campos, dende, por exemplo, o ecolóxico, si? Parece que hai unha norma na natureza pola que se te achegas moito a onde provés, a cousa ponse fea. Así que non podes dar de comer as vacas os seus propios cerebros ou se non han coller a enfermidade das vacas tolas, a endogomia e o incesto, e, vexamos, cal era a outra? Biolóxico, hai enfermidades autoimunes, que fan que o corpo se ataque a si mesmo con demasiada forza e mata ao anfitrión, a persoa. E entón, ben, aquí é onde chegamos á canción, que dalgunha forma enche o oco emocional con isto. Porque aínda que teño usado termos científicos nas miñas cancións, ás veces é moi difícil facelas poéticas. E algunhas cousas simplemente non teñen razón de ser canción. Pero estou tentando a encher este oco entre esta idea e a melodía. E non sei se vos pasou algunha vez, pero, ás veces, cando pecho os ollos e tento durmir, non podo deixar de pensar nos meus propios ollos. É coma se os teus ollos comenzaran a forzarse para verse a si mesmos. Iso é o que sinto eu. Non é agradable. Síntoo se puxen esa imaxe nas vosas cabezas. (Risos) Por suposto é imposíbel que os teus ollos se vexan a si mesmos, pero parecen estar a intentalo. Agora está a ser a unha experiencia persoal. Ou os oídos que poden ouvirse a si mesmos, é simplemente imposíbel: ese é o tema. Así que traballei nesta canción que fala destas cousas e tamén imaxina unha persoa que tivo moito éxito defendéndose dun desengano amoroso que acabou por romper o seu propio corazón, se iso é posíbel. E é iso o que pregunta a canción. Moi ben. Aínda non ten nome. (Música) ♫ Adiante, felicítate ♫ ♫ Date a man, esa man que é a túa man ♫ ♫ E o ollo, eses ollos son os teus ollos ♫© ♫ E o oído que se ouve a si está preto ♫ ♫ Porque é o teu oído, oh oh ♫ ♫ Fixéches o imposible ♫ ♫ Separácheste de ti mesmo ♫ ♫ Fixécheste invulnerable ♫ ♫ Ninguén pode romper o teu corazón ♫ ♫ Así que gástao ♫ ♫ E esprémeo ♫ ♫ E gástao ♫ ♫ e rómpeo ti mesmo. ♫ ♫ Faino por ti mesmo, rómpeo ti mesmo ♫ ♫ Faino por ti mesmo, rómpeo ti mesmo ♫ ♫ Faino por ti mesmo ♫ (Aplausos) Grazas (Aplausos) Moi ben. É dalgunha forma simpático. Os cantautores poden saírse coa súa. Podes contar teorías tolas e non ter que respaldalas con datos gráficos ou investigación. Pero, xa sabedes, creo que a curiosidade sen complexos é o que o mundo precisa agora mesmo, só un pouco. (Aplausos) Vou rematar cunha canción miña chamada "Sistemas Meteorolóxicos." (Música) ♫ Calado ♫ ♫ Está calado, dixo ela ♫ ♫ Fala na parte de atrás da súa cabeza ♫ ♫ No bordo da cama, podo ver a túa corrente sanguínea ♫ ♫ Podo ver as túas ♫ ♫ células medrar ♫ ♫ Agarda un intre ♫ ♫ Non derrames o viño ♫ ♫ Podo velo todo dende aquí ♫ ♫ Podo ver ♫ ♫ Oh, eu ♫ ♫ podo ver ♫ ♫ os sistemas meteorolóxicos ♫ ♫ do mundo ♫ ♫ Sistemas meteorolóxicos ♫ ♫ do mundo ♫ ♫ Algunhas cousas das que dis ♫ ♫ non están á venda ♫ ♫ Aguantaría onde ♫ ♫ os nosos axentes libres dalgunha substancia son ♫ ♫ sagrados ♫ ♫ Agarda aínda un intre ♫ ♫ Non derrames o viño ♫ ♫ Podo velo todo dende aquí ♫ ♫ Podo ver ♫ ♫ Oh, eu ♫ ♫ podo ver ♫ ♫ sistemas meteorolóxicos do mundo ♫ ♫ Sistemas meteorolóxicos ♫ ♫ do mundo ♫ Grazas. (Aplausos)