1 00:00:01,111 --> 00:00:03,159 Paul Disain, un ancián dene, dixo: 2 00:00:03,183 --> 00:00:04,578 "A nosa lingua e cultura 3 00:00:04,602 --> 00:00:06,999 son a xanela a través de que ollamos para o mundo." 4 00:00:07,023 --> 00:00:08,174 E, en Turtle Island, 5 00:00:08,198 --> 00:00:10,433 o que agora se coñece como América do Norte, 6 00:00:10,457 --> 00:00:14,220 hai moitas formas únicas. e marabillosas de ollar para o mundo. 7 00:00:14,244 --> 00:00:16,172 Como persoa de herdanza indíxena, 8 00:00:16,196 --> 00:00:18,283 quero aprender anishinaabemowin, 9 00:00:18,307 --> 00:00:19,768 a miña lingua de herdanza, 10 00:00:19,792 --> 00:00:22,387 para ollar para o mundo a través desa ventá. 11 00:00:22,411 --> 00:00:24,175 Permíteme conectarme coa miña familia, 12 00:00:24,175 --> 00:00:26,366 os meus devanceiros, a miña comunidade e cultura. 13 00:00:26,366 --> 00:00:28,958 E permíteme pensar sobre como o vou legar 14 00:00:28,982 --> 00:00:30,449 ás futuras xeracións. 15 00:00:30,903 --> 00:00:32,054 Como lingüista, 16 00:00:32,078 --> 00:00:35,213 estou interesada en como as linguas funcionan en xeral. 17 00:00:35,237 --> 00:00:37,142 Podo mirar á fonética e fonoloxía, 18 00:00:37,166 --> 00:00:38,355 os sons da fala. 19 00:00:38,379 --> 00:00:41,141 Podo ollar á morfoloxía, isto é, a estrutura das palabras. 20 00:00:41,165 --> 00:00:42,353 Podo ollar para a sintaxe, 21 00:00:42,353 --> 00:00:44,816 que é a estrutura das oracións e frases, 22 00:00:44,840 --> 00:00:48,308 para aprender sobre como os humanos almacenamos a linguaxe nos cerebros 23 00:00:48,332 --> 00:00:51,047 e como a usamos para nos comunicar. 24 00:00:52,204 --> 00:00:54,093 Por exemplo, 25 00:00:54,117 --> 00:00:57,132 o anishinaabemowin, coma a maioría de linguas indíxenas, 26 00:00:57,156 --> 00:00:59,005 é polisintética, 27 00:00:59,029 --> 00:01:02,206 o que significa que hai palabras longuísimas, 28 00:01:02,230 --> 00:01:05,234 compostas de pequenas pezas chamadas morfemas. 29 00:01:05,258 --> 00:01:09,651 En anishinaabemowin podo dicir "niwiisin", "eu como", 30 00:01:09,675 --> 00:01:10,903 cunha soa palabra. 31 00:01:10,927 --> 00:01:14,710 Podo dicir "nimino-wiisin", "como ben", 32 00:01:14,734 --> 00:01:15,918 tamén cunha soa palabra. 33 00:01:15,942 --> 00:01:21,152 Podo dicir "nimino-naawakwe-wiisin", "como un bo xantar", 34 00:01:21,176 --> 00:01:23,510 cantas palabras son en inglés? 35 00:01:24,109 --> 00:01:27,671 Cinco palabras inglés, unha soa en anishinaabemowin. 36 00:01:28,583 --> 00:01:30,662 Ben, teño unha pequena proba para vós. 37 00:01:30,686 --> 00:01:33,717 Cunha soa palabra, de que cor é esa diapositiva? 38 00:01:34,083 --> 00:01:35,321 Audiencia: Verde. 39 00:01:35,321 --> 00:01:37,369 Linday Morcom: De que cor é esa diapositiva? 40 00:01:37,389 --> 00:01:38,493 Audiencia: Verde. 41 00:01:38,493 --> 00:01:40,016 LM: De que cor é esa diapositiva? 42 00:01:40,016 --> 00:01:41,172 Audiencia: Azul. 43 00:01:41,196 --> 00:01:42,895 LM: E de que cor é esa diapositiva? 44 00:01:42,919 --> 00:01:44,117 (A audiencia murmura.) 45 00:01:44,141 --> 00:01:46,557 Prométovos que non son preguntas trampa. 46 00:01:47,209 --> 00:01:48,589 Como falantes de inglés 47 00:01:48,613 --> 00:01:50,812 vistes dúas diapositivas verdes e dúas azuis. 48 00:01:50,836 --> 00:01:54,479 Porén, a forma de categorizarmos as cores varía de idioma a idioma. 49 00:01:54,503 --> 00:01:56,265 Se fósedes falantes de ruso 50 00:01:56,289 --> 00:01:59,504 teríades visto dúas diapositivas con distintos tons de verde, 51 00:01:59,528 --> 00:02:01,593 unha que sería "goluboy", azul claro, 52 00:02:01,593 --> 00:02:03,393 e outra "siniy", azul escuro. 53 00:02:03,393 --> 00:02:05,282 E estas considéranse cores diferentes. 54 00:02:05,306 --> 00:02:07,330 Se fósedes falantes de anishinaabemowin 55 00:02:07,354 --> 00:02:09,731 veríades diapositivas que serían ozhaawashkwaa 56 00:02:09,755 --> 00:02:13,636 ou ozhaawashkozi, que significa verde ou azul. 57 00:02:13,660 --> 00:02:16,255 Non é que os falantes non vexan as cores, 58 00:02:16,279 --> 00:02:20,125 é que a forma en que as categorizan e en que entenden os tons 59 00:02:20,149 --> 00:02:21,307 é distinta. 60 00:02:21,331 --> 00:02:22,497 Así mesmo, 61 00:02:22,521 --> 00:02:25,987 existen universais sobre a categorización das cores, 62 00:02:25,987 --> 00:02:28,181 que dan información sobre como o cerebro humano 63 00:02:28,181 --> 00:02:31,030 entende e expresa o que está vendo. 64 00:02:31,991 --> 00:02:34,609 O anishinaabemowin ten outra característica marabillosa: 65 00:02:34,609 --> 00:02:38,045 animado ou inanimado, que se marca en todas as palabras. 66 00:02:38,069 --> 00:02:40,307 Non é diferente de como o francés e o castelán 67 00:02:40,331 --> 00:02:43,006 marcan as palabras como masculinas ou femininas. 68 00:02:43,030 --> 00:02:45,458 O anishinaabemowin e outras linguas algonquinas 69 00:02:45,482 --> 00:02:48,664 marcan todas as palabras como animado ou inanimado. 70 00:02:48,688 --> 00:02:51,426 As palabras que credes que serían animadas son animadas, 71 00:02:51,450 --> 00:02:55,204 cousas que teñen pulso: xente, animais, plantas crecendo. 72 00:02:55,204 --> 00:02:57,298 Mais tamén hai outras cousas que son animadas 73 00:02:57,298 --> 00:02:59,535 que non adiviñariades, coma as pedras. 74 00:02:59,535 --> 00:03:00,978 As pedras son animadas, 75 00:03:00,978 --> 00:03:03,705 o que nos conta cousas moi interesantes sobre a gramática. 76 00:03:03,729 --> 00:03:05,823 Tamén nos conta cousas moi interesantes 77 00:03:05,823 --> 00:03:07,774 sobre como os falantes de anishinaabemowin 78 00:03:07,774 --> 00:03:10,417 se relacionan e entenden o mundo que os rodea. 79 00:03:10,441 --> 00:03:12,429 A parte triste desta historia 80 00:03:12,453 --> 00:03:15,601 é que as linguas indíxenas están en perigo. 81 00:03:16,188 --> 00:03:19,600 As linguas indíxenas, que teñen tanto coñecemento sobre a cultura, 82 00:03:19,624 --> 00:03:20,776 a historia, 83 00:03:20,800 --> 00:03:22,784 sobre formas de se relacionar cos outros, 84 00:03:22,784 --> 00:03:24,894 sobre formas de nos relacionarmos co entorno. 85 00:03:24,918 --> 00:03:27,116 Ó levaren nesta terra desde tempos inmemoriais, 86 00:03:27,140 --> 00:03:29,117 estas linguas desenvolvéronse aquí 87 00:03:29,141 --> 00:03:32,815 e conteñen coñecemento ambiental que é incalculable, 88 00:03:32,839 --> 00:03:36,064 que nos axuda a relacionarnos ben coa terra en que vivimos. 89 00:03:37,022 --> 00:03:39,751 Mais si, están en perigo. 90 00:03:39,775 --> 00:03:42,831 A inmensa maioría das linguas indíxenas de América do Norte 91 00:03:42,855 --> 00:03:44,387 considéranse en perigo, 92 00:03:44,411 --> 00:03:47,339 e as que non, considéranse vulnerables. 93 00:03:48,038 --> 00:03:49,402 Isto fíxose a mantenta. 94 00:03:50,506 --> 00:03:52,984 Nas nosas leis, nas nosas políticas, 95 00:03:53,008 --> 00:03:55,291 nas nosas instancias políticas, 96 00:03:55,315 --> 00:03:58,117 houbo intentos estatais 97 00:03:58,141 --> 00:04:01,711 de eliminar as linguas e culturas indíxenas deste país. 98 00:04:02,046 --> 00:04:03,474 Duncan Campbell Scott 99 00:04:03,498 --> 00:04:06,830 foi un dos arquitectos do sistema de internados. 100 00:04:06,854 --> 00:04:11,267 En 1920, ó redactar o proxecto de lei que obrigaba a asistencia ós internados 101 00:04:11,291 --> 00:04:14,395 para os nenos indíxenas dixo: 102 00:04:14,419 --> 00:04:16,482 "Quérome librar do problema indio. 103 00:04:16,506 --> 00:04:18,137 O noso obxectivo é continuarmos 104 00:04:18,161 --> 00:04:20,686 ata que non haxa nin un indio no Canadá 105 00:04:20,710 --> 00:04:23,491 que non se absorbese no organismo político 106 00:04:23,515 --> 00:04:26,840 e non haxa un asunto indio, nin un Departamento Indio. 107 00:04:26,864 --> 00:04:29,526 Esta é a finalidade deste proxecto de lei." 108 00:04:30,608 --> 00:04:34,048 As atrocidades que ocorreron nos internados están documentadas. 109 00:04:34,072 --> 00:04:35,271 En 1907 110 00:04:35,295 --> 00:04:39,517 P.H. Bryce, que era médico e experto en tuberculose, 111 00:04:39,541 --> 00:04:42,080 publicou un informe que mostrou que nalgunhas escolas 112 00:04:42,104 --> 00:04:46,130 o 25% dos nenos morrera en epidemias de tuberculose 113 00:04:46,154 --> 00:04:48,917 debidas ás condicións nas escolas. 114 00:04:48,941 --> 00:04:53,020 Noutras escolas morrera ata o 75% dos nenos. 115 00:04:54,243 --> 00:04:56,593 O goberno federal retiroulle os fondos 116 00:04:56,593 --> 00:04:57,862 polos seus descubrimentos, 117 00:04:57,912 --> 00:04:59,893 e obrigárono a se retirar en 1921. 118 00:04:59,917 --> 00:05:02,958 En 1922 publicou as súas investigacións. 119 00:05:05,127 --> 00:05:06,278 E durante ese tempo 120 00:05:06,302 --> 00:05:08,987 sacaron nenos indíxenas dos seus fogares, 121 00:05:09,011 --> 00:05:10,500 das súas comunidades 122 00:05:10,524 --> 00:05:12,731 e leváronos á forza a internados relixiosos 123 00:05:12,731 --> 00:05:15,434 onde, en moitos casos, sufriron 124 00:05:15,458 --> 00:05:18,599 abusos emocionais, físicos e mais sexuais. 125 00:05:18,599 --> 00:05:20,419 E, en todos os casos, abusos culturais, 126 00:05:20,419 --> 00:05:21,900 xa que estas escolas deseñáranse 127 00:05:21,900 --> 00:05:24,609 para elimitar as linguas e as culturas indíxenas. 128 00:05:24,633 --> 00:05:28,743 O último internado pechouse no ano 1996. 129 00:05:29,759 --> 00:05:34,934 Ata esa data, máis de 150 000 nenos acudiron a esas escolas 130 00:05:34,958 --> 00:05:37,886 en 139 institucións en todo o país. 131 00:05:38,712 --> 00:05:40,260 En 2007 132 00:05:40,284 --> 00:05:43,825 aprobouse o Convenio sobre os internados indios. 133 00:05:43,849 --> 00:05:46,934 Foi a maior demanda colectiva na historia do Canadá. 134 00:05:47,323 --> 00:05:49,506 Reserváronse 60 millóns de dólares 135 00:05:49,530 --> 00:05:53,460 para establecer a Comisión de Canadá para a Verdade e a Reconciliación (TRC). 136 00:05:54,339 --> 00:05:58,998 A TRC deunos a posibilidade de escoitar historias de superviventes, 137 00:05:59,022 --> 00:06:01,776 da ver o impacto en comunidades e familias 138 00:06:01,800 --> 00:06:04,490 e de conseguir acceso á investigación 139 00:06:04,514 --> 00:06:08,156 que explorou todo o efecto dos internados 140 00:06:08,180 --> 00:06:12,133 nas comunidades indíxenas e en todo o Canadá. 141 00:06:12,475 --> 00:06:14,967 A TRC descubriu que os internados 142 00:06:14,991 --> 00:06:17,522 consituíron o que se denomina xenocidio cultural. 143 00:06:17,546 --> 00:06:20,848 Afirman que: "O xenodicio físico é a matanza en masa de membros 144 00:06:20,848 --> 00:06:22,011 orientada a un grupo, 145 00:06:22,011 --> 00:06:26,458 o xenodicio biolóxico é a destrución da capacidade reprodutiva do grupo. 146 00:06:26,482 --> 00:06:30,864 E xenocidio cultural é a destrución das estruturas e prácticas 147 00:06:30,888 --> 00:06:33,649 que permiten que o grupo continúe a existir como grupo." 148 00:06:33,673 --> 00:06:36,474 Xusto os obxectivos declarados de Duncan Campbell Scott. 149 00:06:36,800 --> 00:06:38,926 Descrubriron que foi xenocidio cultural, 150 00:06:38,950 --> 00:06:40,809 aínda que, como di o escritor infantil 151 00:06:40,833 --> 00:06:45,291 e gran orador David Bouchard, 152 00:06:45,315 --> 00:06:46,926 se cando constrúes un edificio, 153 00:06:46,950 --> 00:06:50,228 e constrúes un cemiterio a carón dese edificio 154 00:06:50,252 --> 00:06:54,531 porque sabes que a xente que vaia a ese edificio vai morrer, 155 00:06:54,555 --> 00:06:56,021 como lle chamarías? 156 00:06:58,371 --> 00:07:02,445 A TRC tamén nos porporcionou 94 chamadas á acción, 157 00:07:02,469 --> 00:07:05,874 faros que nos fan avanzar mentres traballamos na reconciliación. 158 00:07:06,295 --> 00:07:10,707 Moitas delas afectan á lingua e á cultura. 159 00:07:11,327 --> 00:07:14,749 A TRC fainos un chamamento para asegurar educación adecuada e financiada, 160 00:07:14,749 --> 00:07:16,416 incluída a lingua e mais a cultura. 161 00:07:16,416 --> 00:07:19,685 A recoñecer os dereitos indíxenas, incluídos os dereitos lingüísticos. 162 00:07:19,685 --> 00:07:21,601 A crear unha lei sobre idiomas aborixes, 163 00:07:21,625 --> 00:07:24,625 coa finalidade de recoñecer e preservar as linguas indíxenas, 164 00:07:24,649 --> 00:07:26,577 con financiación asignada. 165 00:07:26,601 --> 00:07:29,783 A crear un posto para un comisionario de linguas aborixes 166 00:07:29,807 --> 00:07:32,879 e a desenvolver programas lingüísticos post-secundarios, 167 00:07:32,879 --> 00:07:35,552 como tamén a reclamar os nomes de sitios que se cambiaran 168 00:07:35,576 --> 00:07:37,909 durante a colonización. 169 00:07:39,192 --> 00:07:41,246 Ó mesmo tempo que entrou en vigor 170 00:07:41,246 --> 00:07:43,988 o Acordo para a Liquidación das Escolas Residencias Indias 171 00:07:43,988 --> 00:07:45,272 as Nacións Unidas adoptaron 172 00:07:45,296 --> 00:07:48,554 a Declaración de Dereitos dos Pobos Indíxenas 173 00:07:48,578 --> 00:07:49,728 no 2007. 174 00:07:50,387 --> 00:07:53,907 Declara que os pobos indíxenas teñen dereito a establecer e controlar 175 00:07:53,931 --> 00:07:56,799 os seus propios sistemas e institucións educativos, 176 00:07:56,823 --> 00:07:59,386 con educación no seus propios idiomas, 177 00:07:59,410 --> 00:08:01,728 dunha forma axeitada ós seus métodos culturais 178 00:08:01,752 --> 00:08:03,418 de ensino e aprendizaxe. 179 00:08:04,101 --> 00:08:05,252 En 2007, 180 00:08:05,276 --> 00:08:06,786 cando se intentou aplicar, 181 00:08:06,786 --> 00:08:08,687 houbo catro países que votaron en contra. 182 00:08:08,687 --> 00:08:11,601 Estados Unidos, Nova Zelandia, Australia 183 00:08:11,625 --> 00:08:12,775 e o Canadá. 184 00:08:13,458 --> 00:08:15,748 O Canadá adoptou a Declaración das Nacións Unidas 185 00:08:15,748 --> 00:08:19,249 sobre os Dereitos dos Pobos Indíxenas en 2010. 186 00:08:19,273 --> 00:08:22,376 E en 2015 o goberno prometeuna aplicar. 187 00:08:23,895 --> 00:08:27,776 Entón, como deberiamos reaccionar como colectivo? 188 00:08:29,310 --> 00:08:31,168 Esta é a situación en que nos atopamos. 189 00:08:31,168 --> 00:08:34,646 Das 60 linguas que se falan na actualidade no Canadá, 190 00:08:34,646 --> 00:08:39,509 só seis non se consideradan ameazadas polas Nacións Unidas. 191 00:08:40,057 --> 00:08:44,834 As seis que non, son cree, anishinaabemowin, 192 00:08:44,858 --> 00:08:47,969 stoney, mi'kmaq, 193 00:08:47,993 --> 00:08:49,824 dene ou inuktitut; 194 00:08:50,224 --> 00:08:52,198 o que soa como unha situación desesperada. 195 00:08:52,222 --> 00:08:55,413 Se ides ó Atlas das Linguas do Mundo en Perigo 196 00:08:55,437 --> 00:08:57,977 na web da UNESCO, 197 00:08:58,001 --> 00:09:01,243 veredes un "r" pequeno xusto a carón desa lingua. 198 00:09:01,267 --> 00:09:02,958 Esa lingua é o mi'kmaq. 199 00:09:02,982 --> 00:09:05,776 O mi'kmaq pasou por un forte proceso de revitalización 200 00:09:05,800 --> 00:09:08,363 debido á adopción dun acordo de autogoberno 201 00:09:08,363 --> 00:09:10,976 que conduciu a educación baseada na lingua e na cultura, 202 00:09:10,976 --> 00:09:12,680 así que agora hai nenos mi'kmaq 203 00:09:12,704 --> 00:09:15,149 que teñen o mi'kmaq como primeira lingua. 204 00:09:15,173 --> 00:09:17,029 Hai moito por facer. 205 00:09:17,053 --> 00:09:18,502 Estes nenos son estudantes 206 00:09:18,526 --> 00:09:21,490 no Mnidoo Mnising Anishinabek Kinoomaage, 207 00:09:21,490 --> 00:09:23,682 unha escola de inmersión na illa de Manitoulin, 208 00:09:23,682 --> 00:09:25,996 onde estudan en anishinaabemowin. 209 00:09:26,020 --> 00:09:28,125 Chegaron á escola no xardín de infancia 210 00:09:28,149 --> 00:09:30,871 falando moi pouco, se é que falaban anishinaabemowin. 211 00:09:30,895 --> 00:09:33,783 E agora, con nove e dez anos, 212 00:09:33,807 --> 00:09:36,910 fan exames de niveis intermedios e fluídos. 213 00:09:36,934 --> 00:09:38,252 Do mesmo xeito, 214 00:09:38,276 --> 00:09:41,299 tamén teñen unha alta autoestima. 215 00:09:41,323 --> 00:09:43,458 Están orgullosos de ser anishinaabe, 216 00:09:43,482 --> 00:09:45,805 e teñen unha gran capacidade de aprendizaxe. 217 00:09:47,363 --> 00:09:50,388 Mais non toda a educación ten que ser formal. 218 00:09:50,388 --> 00:09:51,696 Na nosa comunidade local, 219 00:09:51,696 --> 00:09:54,213 temos o Kingston Indigenous Language Nest. 220 00:09:54,712 --> 00:09:56,561 KILN é unha organización hoxe en día, 221 00:09:56,585 --> 00:10:00,584 pero comezou hai seis anos con membros da comunidade 222 00:10:00,608 --> 00:10:03,108 reunidos arredor da mesa da cociña dun ancián. 223 00:10:03,132 --> 00:10:07,398 Desde entón, creamos experiencias de aprendizaxe de fin de semana 224 00:10:07,398 --> 00:10:09,323 dirixidas a aprendizaxe multixeracional, 225 00:10:09,323 --> 00:10:12,260 centradas en transmitir a lingua e a cultura ós nenos. 226 00:10:12,284 --> 00:10:16,116 Usamos xogos tradicionais, cancións, comida e actividades para o facer. 227 00:10:16,521 --> 00:10:17,791 Temos clases 228 00:10:17,815 --> 00:10:20,022 de niveis principiante e mais intermedio 229 00:10:20,046 --> 00:10:21,312 que se ofertan aquí mesmo. 230 00:10:21,635 --> 00:10:23,934 Temos acordos con comités escolares e bibliotecas 231 00:10:23,958 --> 00:10:27,878 para conseguirmos recursos e o idioma na educación formal. 232 00:10:28,807 --> 00:10:30,482 As posibilidades son ilimitadas, 233 00:10:30,506 --> 00:10:33,363 e estou moi agradecida polo traballo que se fixo 234 00:10:33,387 --> 00:10:36,361 para me permitir legar a lingua e a cultura ó meu fillo 235 00:10:36,385 --> 00:10:38,577 e a outros nenos da nosa comunidade. 236 00:10:39,045 --> 00:10:42,319 Desenvolvemos unha comunidade forte, linda e tamén dinámica, 237 00:10:42,343 --> 00:10:44,474 como resultado deste esforzo compartido. 238 00:10:46,022 --> 00:10:48,656 Entón, que temos que facer para avanzar? 239 00:10:49,173 --> 00:10:51,331 Primeiro de todo, precisamos políticas. 240 00:10:51,792 --> 00:10:55,371 Necesitamos políticas aprobadas con financiación 241 00:10:55,395 --> 00:10:57,755 que aseguren que as linguas indíxenas 242 00:10:57,779 --> 00:11:00,643 se incorporan de forma real na educación, 243 00:11:00,667 --> 00:11:02,731 tanto nas reservas coma fóra delas. 244 00:11:02,755 --> 00:11:05,771 Nas reservas a educación finánciase menos 245 00:11:05,795 --> 00:11:07,334 ca fóra das reservas. 246 00:11:07,358 --> 00:11:08,680 E fóra das reservas 247 00:11:08,704 --> 00:11:11,322 a educación en linguas indíxenas déixase de lado a miúdo 248 00:11:11,322 --> 00:11:12,704 porque a xente pensa 249 00:11:12,728 --> 00:11:15,625 que non hai indíxenas nos colexios provinciais, 250 00:11:15,649 --> 00:11:18,933 cando de feito, case o 70% dos indíxenas do Canadá 251 00:11:18,957 --> 00:11:20,129 viven fóra de reservas. 252 00:11:20,153 --> 00:11:24,329 Eses nenos teñen os mesmos dereitos a acceder a súa lingua e cultura. 253 00:11:25,544 --> 00:11:27,884 Máis aló de políticas, precisamos de apoio. 254 00:11:27,908 --> 00:11:30,869 Con iso non quero dicir só apoio económico. 255 00:11:30,893 --> 00:11:33,948 Precisamos espazos para facermos actividades, 256 00:11:33,972 --> 00:11:39,130 clases e interactuar con poboacións non indíxenas. 257 00:11:39,623 --> 00:11:41,116 Precisamos apoio 258 00:11:41,140 --> 00:11:43,853 en forma de xente que queira aprender a lingua. 259 00:11:43,877 --> 00:11:47,404 Precisamos que a xente fale de por que estas linguas son importantes. 260 00:11:48,004 --> 00:11:50,180 E, para acadarmos iso, precisamos educación. 261 00:11:50,204 --> 00:11:53,418 Precisamos acceso a educación con inmersión, 262 00:11:53,442 --> 00:11:56,410 xa que é o método máis efectivo 263 00:11:56,410 --> 00:11:58,950 para asegurarmos a transmisión das linguas indíxenas. 264 00:11:58,950 --> 00:12:01,598 Tamén precisamos educación nas escolas provinciais, 265 00:12:01,622 --> 00:12:04,062 necesitamos educación para os non indíxenas, 266 00:12:04,086 --> 00:12:06,554 para alcanzarmos así un mellor entendemento 267 00:12:06,578 --> 00:12:08,751 e avanzarmos, xuntos, da mellor forma. 268 00:12:10,625 --> 00:12:13,971 Teño esta cita colgada na miña oficina. 269 00:12:13,995 --> 00:12:17,437 Foi un regalo dun alumno ó que dei clase hai xa anos. 270 00:12:17,461 --> 00:12:18,779 Lémbrame a diario 271 00:12:18,803 --> 00:12:22,434 que podemos acadar grandes cousas ó traballarmos xuntos. 272 00:12:23,002 --> 00:12:25,280 Pero se imos falar de reconciliación, 273 00:12:25,304 --> 00:12:26,510 necesitamos recoñecer 274 00:12:26,534 --> 00:12:29,558 que a reconciliación que non implica 275 00:12:29,582 --> 00:12:33,307 a supervivencia e continuación das linguas e culturas indíxenas 276 00:12:33,331 --> 00:12:35,410 non é reconciliación. 277 00:12:35,434 --> 00:12:37,228 É asimilación, 278 00:12:37,252 --> 00:12:39,863 e non debería ser aceptable para ninguén. 279 00:12:40,204 --> 00:12:43,179 O que podemos facer é ollarmos para as chamadas para a acción, 280 00:12:43,179 --> 00:12:45,559 podemos ollar para a Declaración das Nacións Unidas 281 00:12:45,559 --> 00:12:47,279 sobre os dereitos dos pobos indíxenas 282 00:12:47,279 --> 00:12:49,197 e podemos alcanzar un entendemento mutuo 283 00:12:49,221 --> 00:12:50,529 de que o que temos, 284 00:12:50,553 --> 00:12:52,913 en sentido de herdanza lingüística e cultural 285 00:12:52,937 --> 00:12:54,752 para xente indíxena deste país, 286 00:12:54,776 --> 00:12:56,006 pagan a pena de conservar. 287 00:12:56,908 --> 00:12:59,749 Partindo diso, podemos ir cara adiante, 288 00:12:59,773 --> 00:13:01,193 xuntos, 289 00:13:01,217 --> 00:13:03,876 para asegurarmos que as linguas indíxenas se transmiten 290 00:13:03,900 --> 00:13:06,321 máis alá do 2050, máis alá da seguinte xeración, 291 00:13:06,345 --> 00:13:08,478 ata as próximas sete xeracións. 292 00:13:09,508 --> 00:13:12,129 Miigwech. Niawen’kó:wa. Grazas. 293 00:13:12,153 --> 00:13:16,563 (Aplausos.)