1 00:00:00,760 --> 00:00:03,735 Que é o que nos mantén con saúde e felices 2 00:00:03,760 --> 00:00:05,850 durante a vida? 3 00:00:06,520 --> 00:00:09,016 Se tivésedes que investir agora 4 00:00:09,040 --> 00:00:11,096 no voso mellor futuro, 5 00:00:11,120 --> 00:00:14,500 onde poñeriades o voso tempo e a vosa enerxía? 6 00:00:15,120 --> 00:00:17,536 Unha enquisa recente á xeración do milenio 7 00:00:17,560 --> 00:00:22,736 preguntoulles cales eran as metas máis importantes na súa vida, 8 00:00:22,760 --> 00:00:24,776 e máis do 80 % dixo 9 00:00:24,800 --> 00:00:28,936 que unha meta importante era facerse ricos. 10 00:00:28,960 --> 00:00:33,296 E outro 50 % deses mesmos adultos novos 11 00:00:33,320 --> 00:00:35,856 dixo que outra meta importante 12 00:00:35,880 --> 00:00:38,390 era ser famosos. 13 00:00:38,960 --> 00:00:40,176 (Risos) 14 00:00:40,200 --> 00:00:46,856 E dísenos constantemente que traballemos máis, que nos esforcemos 15 00:00:46,880 --> 00:00:48,936 para acadar máis logros. 16 00:00:48,960 --> 00:00:52,616 Dános a impresión de que debemos perseguir estas cousas 17 00:00:52,640 --> 00:00:54,456 para ter unha boa vida. 18 00:00:54,480 --> 00:00:56,696 As imaxes de vidas enteiras, 19 00:00:56,720 --> 00:01:01,936 das decisións que toma a xente, e o resultado desas decisións 20 00:01:01,960 --> 00:01:05,410 son case imposibles de obter. 21 00:01:06,080 --> 00:01:09,136 Gran parte do que sabemos da vida 22 00:01:09,160 --> 00:01:12,616 sabémolo pedíndolle á xente que lembre o seu pasado. 23 00:01:12,640 --> 00:01:17,416 E, como sabemos, a retrospectiva é todo menos rigorosa. 24 00:01:17,440 --> 00:01:21,136 Esquecemos grandes fragmentos do que nos ocorre na vida, 25 00:01:21,160 --> 00:01:24,190 e, ás veces, a memoria é francamente creativa. 26 00:01:24,800 --> 00:01:29,176 Pero, e se puidésemos ver vidas enteiras 27 00:01:29,200 --> 00:01:32,056 conforme se desenvolven no tempo? 28 00:01:32,080 --> 00:01:36,056 E se puidésemos estudar as persoas desde a adolescencia 29 00:01:36,080 --> 00:01:38,816 ata a vellez 30 00:01:38,840 --> 00:01:42,700 para ver que mantén a xente feliz e saudable? 31 00:01:43,560 --> 00:01:44,760 Fixémolo. 32 00:01:45,640 --> 00:01:47,856 O Estudo de Desenvolvemento Adulto de Harvard 33 00:01:47,880 --> 00:01:52,640 pode que sexa o estudo máis longo sobre a vida adulta na historia. 34 00:01:53,720 --> 00:02:00,290 Durante 75 anos, rastrexamos a vida de 724 homes, 35 00:02:01,360 --> 00:02:05,856 ano tras ano, preguntámoslles sobre o seu traballo, a vida doméstica, a saúde, 36 00:02:05,880 --> 00:02:09,580 e, claro, preguntando todo ese tempo sen saber 37 00:02:09,580 --> 00:02:12,410 como resultarían as súas historias de vida. 38 00:02:13,280 --> 00:02:16,896 Estudos coma este son moi raros. 39 00:02:16,920 --> 00:02:20,976 Case todos os proxectos deste tipo véñense abaixo nunha década 40 00:02:21,000 --> 00:02:24,176 porque moitas persoas abandonan o estudo 41 00:02:24,200 --> 00:02:27,096 ou os fondos da investigación rematan 42 00:02:27,120 --> 00:02:29,376 ou os investigadores perden o interese 43 00:02:29,400 --> 00:02:33,480 ou morren, e ninguén continúa a investigación. 44 00:02:34,280 --> 00:02:36,536 Pero, grazas a unha combinación de sorte 45 00:02:36,560 --> 00:02:40,256 e á perseveranza de varias xeracións de investigadores, 46 00:02:40,280 --> 00:02:42,210 este estudo sobreviviu. 47 00:02:42,520 --> 00:02:47,016 Uns 60 dos 724 homes orixinais 48 00:02:47,040 --> 00:02:48,336 aínda están vivos, 49 00:02:48,360 --> 00:02:50,536 e aínda participan no estudo, 50 00:02:50,560 --> 00:02:52,600 a maioría deles andan polos 90 anos. 51 00:02:53,560 --> 00:02:55,456 E agora imos comezar a estudar 52 00:02:55,480 --> 00:02:59,110 máis de 2000 fillos deses homes. 53 00:02:59,680 --> 00:03:02,560 E eu son o cuarto director do estudo. 54 00:03:03,400 --> 00:03:08,136 Desde 1938, rastrexamos as vidas de dous grupos de homes. 55 00:03:08,160 --> 00:03:10,296 O primeiro grupo comezou no estudo 56 00:03:10,320 --> 00:03:13,016 sendo alumnos de segundo ano na Universidade de Harvard. 57 00:03:13,040 --> 00:03:15,856 Todos remataron a universidade durante a II Guerra Mundial 58 00:03:15,880 --> 00:03:18,930 e, despois, a maioría participou na Guerra. 59 00:03:19,280 --> 00:03:21,416 O segundo grupo que seguimos 60 00:03:21,440 --> 00:03:25,616 foi un grupo de rapaces dos barrios máis pobres de Boston, 61 00:03:25,640 --> 00:03:27,656 rapaces que se elixiron para o estudo 62 00:03:27,680 --> 00:03:31,016 especificamente porque proviñan dalgunhas das familias 63 00:03:31,040 --> 00:03:32,896 máis problemáticas e desfavorecidas 64 00:03:32,920 --> 00:03:35,656 do Boston dos anos 30. 65 00:03:35,680 --> 00:03:40,930 A maioría vivía en barracas, moitos sen auga corrente. 66 00:03:42,520 --> 00:03:44,416 Cando comezaron o estudo, 67 00:03:44,440 --> 00:03:47,376 todos estes adolescentes foron entrevistados. 68 00:03:47,400 --> 00:03:49,616 Fixéronlles exames médicos. 69 00:03:49,640 --> 00:03:53,176 Fomos ás súas casas e entrevistamos os seus pais. 70 00:03:53,200 --> 00:03:55,576 Despois estes adolescentes chegaron a ser adultos 71 00:03:55,600 --> 00:03:58,016 que seguiron camiños diversos na vida. 72 00:03:58,040 --> 00:04:04,136 Foron operarios de fábrica, avogados, albaneis, médicos, 73 00:04:04,160 --> 00:04:06,520 un foi presidente de EE.UU. 74 00:04:08,160 --> 00:04:12,400 Algúns sufriron alcoholismo. Outros poucos sufriron esquizofrenia. 75 00:04:13,320 --> 00:04:15,616 Algúns subiron na escala social 76 00:04:15,640 --> 00:04:18,856 desde a base ata o cumio, 77 00:04:18,880 --> 00:04:22,500 e outros foron en sentido contrario. 78 00:04:23,520 --> 00:04:26,456 Os fundadores deste estudo 79 00:04:26,480 --> 00:04:28,496 nin nas súas fantasías máis tolas 80 00:04:28,520 --> 00:04:33,056 imaxinarían que eu estaría hoxe aquí, 75 anos despois, 81 00:04:33,080 --> 00:04:36,660 contándovos que o estudo continúa. 82 00:04:37,280 --> 00:04:40,896 Cada dous anos, o noso entregado e paciente persoal de investigación 83 00:04:40,920 --> 00:04:43,976 chama estes homes e pregúntalles se podemos enviarlles 84 00:04:44,000 --> 00:04:47,390 outra serie de preguntas sobre as súas vidas. 85 00:04:48,040 --> 00:04:51,616 Moitos dos homes de Boston pregúntannos: 86 00:04:51,640 --> 00:04:55,520 "Por que queren seguir estudándome? A miña vida xa non é interesante." 87 00:04:56,600 --> 00:04:58,976 Os homes de Harvard nunca fan esta pregunta. 88 00:04:59,000 --> 00:05:00,910 (Risos) 89 00:05:08,920 --> 00:05:11,776 Para obter a imaxe máis clara destas vidas, 90 00:05:11,800 --> 00:05:14,736 non só lles enviamos cuestionarios. 91 00:05:14,760 --> 00:05:17,216 Entrevistámolos nos seus salóns. 92 00:05:17,240 --> 00:05:20,176 Conseguimos as súas historias clínicas. 93 00:05:20,200 --> 00:05:22,696 Extraémoslles sangue, escaneamos os seus cerebros, 94 00:05:22,720 --> 00:05:24,416 falamos cos seus fillos. 95 00:05:24,440 --> 00:05:29,696 Gravamos as conversas coas súas esposas sobre as súas preocupacións. 96 00:05:29,720 --> 00:05:33,256 E cando, hai unha década, lles preguntamos ás esposas 97 00:05:33,280 --> 00:05:35,656 se querían sumarse como membros do estudo, 98 00:05:35,680 --> 00:05:38,376 moitas mulleres dixeron: "Vaia, xa era hora". 99 00:05:38,400 --> 00:05:39,456 (Risos) 100 00:05:39,480 --> 00:05:41,176 Que aprendemos? 101 00:05:41,200 --> 00:05:46,416 Que leccións xorden das decenas de miles de páxinas 102 00:05:46,440 --> 00:05:49,496 de información que xeramos 103 00:05:49,520 --> 00:05:50,720 sobre estas vidas? 104 00:05:51,720 --> 00:05:57,720 Ben, as leccións non teñen que ver con riqueza, fama nin con traballar moito. 105 00:05:58,520 --> 00:06:04,816 A mensaxe máis clara destes 75 anos de estudo é esta: 106 00:06:04,840 --> 00:06:10,040 As boas relacións fannos máis felices e saudables. Punto. 107 00:06:11,000 --> 00:06:14,816 Aprendemos tres cousas sobre as relacións. 108 00:06:14,840 --> 00:06:18,936 A primeira é que as conexións sociais fannos ben, 109 00:06:18,960 --> 00:06:21,456 e que a soidade mata. 110 00:06:21,480 --> 00:06:25,136 Resulta que as persoas con máis vínculos sociais 111 00:06:25,160 --> 00:06:28,256 coa familia, os amigos, a comunidade, 112 00:06:28,280 --> 00:06:32,976 son máis felices, máis sas e viven máis 113 00:06:33,000 --> 00:06:36,376 que as persoas que teñen menos vínculos. 114 00:06:36,400 --> 00:06:39,816 E experimentar soidade resulta ser tóxico. 115 00:06:39,840 --> 00:06:44,976 As persoas que están máis illadas do que quererían doutras persoas 116 00:06:45,000 --> 00:06:48,216 atópanse menos felices, 117 00:06:48,240 --> 00:06:51,176 a súa saúde empeora antes na mediana idade, 118 00:06:51,200 --> 00:06:53,416 as súas funcións cerebrais decaen máis axiña 119 00:06:53,440 --> 00:06:57,570 e viven menos que as persoas que non están soas. 120 00:06:58,040 --> 00:07:01,256 E o triste é que, en calquera momento, 121 00:07:01,280 --> 00:07:06,190 máis dun de cada cinco estadounidenses informarán de que están sós. 122 00:07:07,040 --> 00:07:09,696 E sabemos que podemos estar sós na multitude 123 00:07:09,720 --> 00:07:12,376 e podemos estar sós nun matrimonio, 124 00:07:12,400 --> 00:07:14,536 por iso a segunda gran lección que aprendemos 125 00:07:14,560 --> 00:07:17,656 é que non ten que ver coa cantidade de amigos que temos, 126 00:07:17,680 --> 00:07:21,176 tampouco con que esteamos nunha relación, 127 00:07:21,200 --> 00:07:25,840 o que importa é a calidade das relacións máis próximas. 128 00:07:26,560 --> 00:07:31,336 Resulta que vivir no medio de conflitos é moi malo para a saúde. 129 00:07:31,360 --> 00:07:35,336 Os matrimonios moi conflitivos, por exemplo, sen moito afecto, 130 00:07:35,360 --> 00:07:41,136 resultan ser moi malos para a saúde, quizais peores que o divorcio. 131 00:07:41,160 --> 00:07:45,936 E vivir en medio de relacións boas e cálidas protéxenos. 132 00:07:45,960 --> 00:07:49,056 Cando os nosos homes chegaron aos oitenta e tantos, 133 00:07:49,080 --> 00:07:52,096 quixemos analizar como foi a súa mediana idade 134 00:07:52,120 --> 00:07:53,696 para ver se podiamos predicir 135 00:07:53,720 --> 00:07:57,696 quen se convertería nun octoxenario feliz e saudable 136 00:07:57,720 --> 00:07:58,920 e quen non. 137 00:07:59,680 --> 00:08:03,896 E cando recollemos todo o que non sabiamos deles 138 00:08:03,920 --> 00:08:05,280 aos seus 50 anos, 139 00:08:06,080 --> 00:08:08,616 non foron os niveis de colesterol da mediana idade 140 00:08:08,640 --> 00:08:11,536 os que predixeron como envellecerían. 141 00:08:11,560 --> 00:08:15,016 Foi o grao de satisfacción que tiñan nas súas relacións. 142 00:08:15,040 --> 00:08:19,936 As persoas máis satisfeitas coas súas relacións aos 50 anos 143 00:08:19,960 --> 00:08:23,130 foron as máis saudables aos 80 anos. 144 00:08:23,680 --> 00:08:26,856 E as boas relacións próximas parecen suavizar 145 00:08:26,880 --> 00:08:30,210 algúns dos achaques da vellez. 146 00:08:30,480 --> 00:08:34,456 Os nosos homes e mulleres en parella máis felices 147 00:08:34,480 --> 00:08:36,535 informaron, aos seus oitenta e tantos, 148 00:08:36,559 --> 00:08:39,496 de que cando sentían máis dor física 149 00:08:39,520 --> 00:08:41,820 seguían sendo igual de felices. 150 00:08:42,400 --> 00:08:45,656 Pero as persoas que estaban en relacións infelices, 151 00:08:45,680 --> 00:08:48,616 nos días que informaban de teren máis dor física, 152 00:08:48,640 --> 00:08:51,680 esta magnificábase pola dor emocional. 153 00:08:52,360 --> 00:08:56,736 E a terceira gran lección que aprendemos sobre as relacións e a saúde 154 00:08:56,760 --> 00:09:00,016 é que as boas relacións non só protexen o corpo, 155 00:09:00,040 --> 00:09:02,010 senón tamén o cerebro. 156 00:09:02,440 --> 00:09:07,096 Resulta que ter unha relación segura de apego 157 00:09:07,120 --> 00:09:11,016 con outra persoa aos 80 e tantos dá protección, 158 00:09:11,040 --> 00:09:13,016 que as persoas que teñen relacións 159 00:09:13,040 --> 00:09:17,176 en que senten que poden contar coa outra persoa se o precisan, 160 00:09:17,200 --> 00:09:20,896 teñen lembranzas máis nítidas que permanecen máis tempo. 161 00:09:20,920 --> 00:09:22,456 E as persoas que teñen relacións 162 00:09:22,486 --> 00:09:25,576 en que senten que non poden contar coa outra persoa, 163 00:09:25,600 --> 00:09:29,970 son persoas que perden antes a memoria. 164 00:09:30,520 --> 00:09:33,976 Pero as boas relacións poden non ser harmoniosas todo o tempo. 165 00:09:34,000 --> 00:09:37,576 Algunhas das nosas parellas octoxenarias podían pelexar 166 00:09:37,600 --> 00:09:39,336 de cando en vez, 167 00:09:39,360 --> 00:09:42,536 pero mentres sentisen que podían contar co outro 168 00:09:42,560 --> 00:09:44,376 cando as cousas ían mal 169 00:09:44,400 --> 00:09:48,700 esas pelexas non tiñan repercusións nas lembranzas. 170 00:09:49,600 --> 00:09:52,336 Pero esta mensaxe, 171 00:09:52,360 --> 00:09:58,056 de que as relacións boas e estreitas son boas para a saúde e o benestar, 172 00:09:58,080 --> 00:10:01,016 é unha sabedoría vella coma o tempo. 173 00:10:01,040 --> 00:10:04,880 Por que é tan difícil de entender e tan fácil de ignorar? 174 00:10:05,560 --> 00:10:07,016 Ben, somos humanos. 175 00:10:07,040 --> 00:10:09,856 O que nos gustaría sería un apaño rápido, 176 00:10:09,880 --> 00:10:11,576 algo que poidamos facer 177 00:10:11,600 --> 00:10:14,790 que nos mellore a vida e a manteña así. 178 00:10:15,320 --> 00:10:18,656 As relacións son unha lea, son complicadas, 179 00:10:18,680 --> 00:10:22,496 e coidar a familia e as amizades 180 00:10:22,520 --> 00:10:25,176 non é atractivo nin glamuroso. 181 00:10:25,200 --> 00:10:28,536 Dura toda a vida. Nunca remata. 182 00:10:28,560 --> 00:10:33,616 No noso estudo de 75 anos as persoas máis felices na xubilación foron 183 00:10:33,640 --> 00:10:39,456 as que fixeron por substituír compañeiros de traballo por novos compañeiros de xogo. 184 00:10:39,480 --> 00:10:42,456 Como os da xeración do milenio, naquela enquisa recente, 185 00:10:42,480 --> 00:10:46,096 moitos dos nosos homes cando eran adultos novos 186 00:10:46,120 --> 00:10:50,136 pensaban que a fama, a riqueza e os logros 187 00:10:50,160 --> 00:10:54,096 eran o que precisaban acadar para ter unha boa vida. 188 00:10:54,120 --> 00:10:58,296 Pero unha e outra vez, nestes 75 anos, o estudo amosou 189 00:10:58,320 --> 00:11:03,976 que a xente á que lle foi mellor foi aquela que se apoiou nas relacións, 190 00:11:04,000 --> 00:11:07,740 coa familia, con amizades, coa comunidade. 191 00:11:09,080 --> 00:11:11,056 Que hai de vós? 192 00:11:11,080 --> 00:11:14,840 Digamos que tedes 25 ou 40 ou 60 anos. 193 00:11:15,800 --> 00:11:19,240 Que implica entregarse ás relacións? 194 00:11:19,760 --> 00:11:22,880 Ben, as posibilidades son ilimitadas. 195 00:11:23,600 --> 00:11:29,696 Podería ser tan simple como pasar máis tempo con persoas que con pantallas 196 00:11:29,720 --> 00:11:34,176 ou renovar unha relación esgotada facendo algo novo xuntos, 197 00:11:34,200 --> 00:11:36,860 camiñadas longas ou citas nocturnas, 198 00:11:37,360 --> 00:11:42,216 ou achegarse a ese familiar que non vimos en anos, 199 00:11:42,240 --> 00:11:45,736 porque esas liortas familiares tan comúns 200 00:11:45,760 --> 00:11:47,976 teñen repercusións terribles 201 00:11:48,000 --> 00:11:51,000 nas persoas que gardan rancores. 202 00:11:52,000 --> 00:11:56,410 Gustaríame rematar cunha cita de Mark Twain. 203 00:11:57,280 --> 00:11:59,656 Hai máis dun século, 204 00:11:59,680 --> 00:12:02,296 el estaba mirando cara a atrás a súa vida, 205 00:12:02,320 --> 00:12:04,030 e escribiu isto: 206 00:12:04,840 --> 00:12:08,536 "Non hai tempo, tan breve é a vida, 207 00:12:08,560 --> 00:12:14,160 para liortas, desculpas, xenreiras, peticións de contas. 208 00:12:14,720 --> 00:12:17,536 Só hai tempo para amar, 209 00:12:17,560 --> 00:12:22,150 e, mesmo para iso, só hai un instante." 210 00:12:22,760 --> 00:12:27,136 A boa vida constrúese con boas relacións. 211 00:12:28,181 --> 00:12:29,131 Grazas. 212 00:12:29,649 --> 00:12:30,929 (Aplausos)