A maioría das persoas que perderon
un membro aínda poden sentilo.
Non como se o recordaran,
senón como se estivese vivo.
Poden flexionar os seus dedos pantasma
e ás veces mesmo notan o roce do reloxo
ou a palpitación dunha uña encravada.
Un feito incrible
é que ás veces as persoas que naceron
sen un membro poden sentilo.
Entón, que causa o efecto pantasma?
A nitidez destas sensacións
indica que existe
un mapa do corpo no cerebro.
Que alguén que nunca tivo un membro
poida sentilo
implica que nacemos como mínimo
co bosquexo deste mapa.
Non obstante, hai unha diferenza entre
o membro pantasma tras unha amputación
e os seus antecesores de carne e óso:
case todos son dolorosos.
Para entender ben os membros
e a dor pantasma,
consideremos o percorrido
dende a extremidade ata o cerebro.
Os nosos membros están cheos
de neuronas sensoriais
responsables de todo,
dende as texturas que sentimos
coas puntas dos dedos
ata a nosa comprensión de onde están
os nosos corpos no espazo.
As conexións neuronais levan a información
pola espiña dorsal ata o cerebro.
Dado que a maior parte deste camiño
se atopa fóra da extremidade en si,
case toda permanece logo dunha amputación
Pero a perda dunha extremidade
cambia a forma en que os sinais
viaxan por cada treito.
Na parte amputada,
as terminacións nerviosas amputadas
poden engrosarse e
volverse máis sensibles,
transmitindo sinais de dor
en resposta a unha presión leve.
En circunstancias normais,
estes sinais reduciríanse
no corno dorsal da medula espiñal.
Por razóns descoñecidas,
tras unha amputación,
prodúcese unha perda
do control inhibitorio no corno dorsal,
e os sinais poden intensificarse.
Unha vez que pasan pola medula espiñal,
os sinais nerviosos chegan ao cerebro.
Alí, o córtex somatosensorial procésaos.
O mapa do corpo está nese córtex.
Partes do corpo sensibles
con moitas terminacións nerviosas,
como os labios ou as mans
están representados
polas áreas mais grandes.
O homúnculo cortical
é un modelo do corpo humano
que representa proporcionalmente o tamaño
que cada parte do corpo ocupa no córtex.
A cantidade de córtex dedicado
a unha parte específica do corpo
pode aumentar ou reducirse
segundo o volume de información sensorial
que o cerebro recibe desa zona.
Por exemplo, a representación
da man esquerda é maior nos violinistas
que nos non violinistas.
O cerebro tamén aumenta
a representación no córtex
cando unha parte do corpo é ferida
para aumentar as sensacións
que nos avisan do perigo.
Esta maior representación
pode levar á dor pantasma.
O mapa cortical tamén
é probablemente o responsable
da sensación de ter partes
do corpo que xa non están aí,
porque aínda teñen representación
no cerebro.
Co tempo, esta representación
pode reducirse.
e o membro pantasma
pode reducirse con ela.
Pero as sensacións
de extremidades pantasma
non sempre desaparecen por si soas.
O tratamento para a dor pantasma require
unha combinación de rehabilitación física
medicamentos para a dor, próteses e tempo.
Unha técnica chamada terapia de espello
pode ser moi útil para desenvolver
os rangos de movemento
e reducir a dor nos membros pantasma.
O paciente coloca o membro pantasma
nunha caixa detrás dun espello
e o membro san diante do espello.
Isto confunde o cerebro, pois ve
o membro pantasma, amais de sentilo.
A ciencia está a desenvolver
tratamentos de realidade virtual
que fan aínda máis vívida
a terapia do espello.
As próteses tamén xeran un efecto similar:
os pacientes soen sentir a dor
cando quitan a prótese pola noite.
Os membros pantasma
poderían axudar aos pacientes
a entender a prótese
como unha extensión do seu corpo
e a movelas intuitivamente.
Aínda quedan moitas cousas sen saber
acerca dos membros pantasma.
Non sabemos por que algunhas persoas
non senten esa dor tan característica,
ou por que outras non senten
o membro pantasma.
E a futura investigación
dos membros pantasma
non é só aplicable a quen os percibe.
Un coñecemento mais profundo
deste fenómeno proporcionaranos
información sobre como traballan
os nosos cerebros cada día
para construír o mundo como o percibimos.
Lémbranos que as realidades
que experimentamos
son, de feito, subxectivas.