1 00:00:06,330 --> 00:00:11,269 A maioría das persoas que perderon un membro aínda poden sentilo. 2 00:00:11,269 --> 00:00:16,976 Non como se o recordaran, senón como se estivese vivo. 3 00:00:16,976 --> 00:00:19,438 Poden flexionar os seus dedos pantasma 4 00:00:19,438 --> 00:00:22,722 e ás veces mesmo notan o roce do reloxo 5 00:00:22,722 --> 00:00:25,948 ou a palpitación dunha uña encravada. 6 00:00:25,948 --> 00:00:27,917 Un feito incrible 7 00:00:27,917 --> 00:00:33,464 é que ás veces as persoas que naceron sen un membro poden sentilo. 8 00:00:33,684 --> 00:00:36,520 Entón, que causa o efecto pantasma? 9 00:00:36,650 --> 00:00:38,692 A nitidez destas sensacións 10 00:00:38,692 --> 00:00:42,092 indica que existe un mapa do corpo no cerebro. 11 00:00:42,552 --> 00:00:47,027 Que alguén que nunca tivo un membro poida sentilo 12 00:00:47,027 --> 00:00:51,144 implica que nacemos como mínimo co bosquexo deste mapa. 13 00:00:51,374 --> 00:00:55,207 Non obstante, hai unha diferenza entre o membro pantasma tras unha amputación 14 00:00:55,207 --> 00:00:58,572 e os seus antecesores de carne e óso: 15 00:00:58,572 --> 00:01:01,739 case todos son dolorosos. 16 00:01:02,109 --> 00:01:05,406 Para entender ben os membros e a dor pantasma, 17 00:01:05,406 --> 00:01:09,133 consideremos o percorrido dende a extremidade ata o cerebro. 18 00:01:09,993 --> 00:01:12,394 Os nosos membros están cheos de neuronas sensoriais 19 00:01:12,394 --> 00:01:13,724 responsables de todo, 20 00:01:13,729 --> 00:01:16,084 dende as texturas que sentimos coas puntas dos dedos 21 00:01:16,094 --> 00:01:19,514 ata a nosa comprensión de onde están os nosos corpos no espazo. 22 00:01:20,224 --> 00:01:23,338 As conexións neuronais levan a información 23 00:01:23,338 --> 00:01:25,541 pola espiña dorsal ata o cerebro. 24 00:01:26,008 --> 00:01:30,022 Dado que a maior parte deste camiño se atopa fóra da extremidade en si, 25 00:01:30,022 --> 00:01:33,219 case toda permanece logo dunha amputación 26 00:01:34,299 --> 00:01:36,102 Pero a perda dunha extremidade 27 00:01:36,102 --> 00:01:39,701 cambia a forma en que os sinais viaxan por cada treito. 28 00:01:40,552 --> 00:01:42,381 Na parte amputada, 29 00:01:42,381 --> 00:01:44,071 as terminacións nerviosas amputadas 30 00:01:44,071 --> 00:01:46,281 poden engrosarse e volverse máis sensibles, 31 00:01:46,281 --> 00:01:50,694 transmitindo sinais de dor en resposta a unha presión leve. 32 00:01:50,884 --> 00:01:52,807 En circunstancias normais, 33 00:01:52,817 --> 00:01:56,676 estes sinais reduciríanse no corno dorsal da medula espiñal. 34 00:01:57,056 --> 00:02:01,237 Por razóns descoñecidas, tras unha amputación, 35 00:02:01,237 --> 00:02:05,257 prodúcese unha perda do control inhibitorio no corno dorsal, 36 00:02:05,447 --> 00:02:08,883 e os sinais poden intensificarse. 37 00:02:08,883 --> 00:02:13,236 Unha vez que pasan pola medula espiñal, os sinais nerviosos chegan ao cerebro. 38 00:02:13,336 --> 00:02:17,034 Alí, o córtex somatosensorial procésaos. 39 00:02:17,514 --> 00:02:20,610 O mapa do corpo está nese córtex. 40 00:02:20,934 --> 00:02:23,751 Partes do corpo sensibles con moitas terminacións nerviosas, 41 00:02:23,751 --> 00:02:25,320 como os labios ou as mans 42 00:02:25,320 --> 00:02:27,460 están representados polas áreas mais grandes. 43 00:02:27,990 --> 00:02:31,054 O homúnculo cortical é un modelo do corpo humano 44 00:02:31,054 --> 00:02:36,274 que representa proporcionalmente o tamaño que cada parte do corpo ocupa no córtex. 45 00:02:36,489 --> 00:02:40,086 A cantidade de córtex dedicado a unha parte específica do corpo 46 00:02:40,086 --> 00:02:41,894 pode aumentar ou reducirse 47 00:02:41,894 --> 00:02:46,114 segundo o volume de información sensorial que o cerebro recibe desa zona. 48 00:02:46,114 --> 00:02:51,213 Por exemplo, a representación da man esquerda é maior nos violinistas 49 00:02:51,213 --> 00:02:53,693 que nos non violinistas. 50 00:02:53,693 --> 00:02:56,377 O cerebro tamén aumenta a representación no córtex 51 00:02:56,377 --> 00:02:58,829 cando unha parte do corpo é ferida 52 00:02:58,829 --> 00:03:02,259 para aumentar as sensacións que nos avisan do perigo. 53 00:03:02,259 --> 00:03:06,790 Esta maior representación pode levar á dor pantasma. 54 00:03:06,790 --> 00:03:09,927 O mapa cortical tamén é probablemente o responsable 55 00:03:09,927 --> 00:03:13,193 da sensación de ter partes do corpo que xa non están aí, 56 00:03:13,193 --> 00:03:16,535 porque aínda teñen representación no cerebro. 57 00:03:16,535 --> 00:03:19,052 Co tempo, esta representación pode reducirse. 58 00:03:19,052 --> 00:03:22,467 e o membro pantasma pode reducirse con ela. 59 00:03:22,467 --> 00:03:24,472 Pero as sensacións de extremidades pantasma 60 00:03:24,472 --> 00:03:27,065 non sempre desaparecen por si soas. 61 00:03:27,065 --> 00:03:29,612 O tratamento para a dor pantasma require 62 00:03:29,612 --> 00:03:31,927 unha combinación de rehabilitación física 63 00:03:31,927 --> 00:03:35,392 medicamentos para a dor, próteses e tempo. 64 00:03:35,782 --> 00:03:38,431 Unha técnica chamada terapia de espello 65 00:03:38,431 --> 00:03:41,431 pode ser moi útil para desenvolver os rangos de movemento 66 00:03:41,431 --> 00:03:44,090 e reducir a dor nos membros pantasma. 67 00:03:44,090 --> 00:03:47,853 O paciente coloca o membro pantasma nunha caixa detrás dun espello 68 00:03:47,853 --> 00:03:51,270 e o membro san diante do espello. 69 00:03:51,270 --> 00:03:55,913 Isto confunde o cerebro, pois ve o membro pantasma, amais de sentilo. 70 00:03:55,913 --> 00:03:59,435 A ciencia está a desenvolver tratamentos de realidade virtual 71 00:03:59,435 --> 00:04:03,726 que fan aínda máis vívida a terapia do espello. 72 00:04:03,726 --> 00:04:06,700 As próteses tamén xeran un efecto similar: 73 00:04:06,700 --> 00:04:11,748 os pacientes soen sentir a dor cando quitan a prótese pola noite. 74 00:04:11,748 --> 00:04:15,193 Os membros pantasma poderían axudar aos pacientes 75 00:04:15,193 --> 00:04:18,491 a entender a prótese como unha extensión do seu corpo 76 00:04:18,491 --> 00:04:20,882 e a movelas intuitivamente. 77 00:04:21,663 --> 00:04:24,812 Aínda quedan moitas cousas sen saber acerca dos membros pantasma. 78 00:04:24,812 --> 00:04:29,980 Non sabemos por que algunhas persoas non senten esa dor tan característica, 79 00:04:29,980 --> 00:04:32,798 ou por que outras non senten o membro pantasma. 80 00:04:32,798 --> 00:04:35,178 E a futura investigación dos membros pantasma 81 00:04:35,178 --> 00:04:38,460 non é só aplicable a quen os percibe. 82 00:04:38,460 --> 00:04:41,437 Un coñecemento mais profundo deste fenómeno proporcionaranos 83 00:04:41,437 --> 00:04:45,085 información sobre como traballan os nosos cerebros cada día 84 00:04:45,085 --> 00:04:47,622 para construír o mundo como o percibimos. 85 00:04:47,752 --> 00:04:51,122 Lémbranos que as realidades que experimentamos 86 00:04:51,292 --> 00:04:53,492 son, de feito, subxectivas.