WEBVTT 00:00:06.330 --> 00:00:11.269 A maioría das persoas que perderon un membro aínda poden sentilo. 00:00:11.269 --> 00:00:16.976 Non como se o recordaran, senón como se estivese vivo. 00:00:16.976 --> 00:00:19.438 Poden flexionar os seus dedos pantasma 00:00:19.438 --> 00:00:22.722 e ás veces mesmo notan o roce do reloxo 00:00:22.722 --> 00:00:25.948 ou a palpitación dunha uña encravada. 00:00:25.948 --> 00:00:27.917 Un feito incrible 00:00:27.917 --> 00:00:33.464 é que ás veces as persoas que naceron sen un membro poden sentilo. 00:00:33.684 --> 00:00:36.520 Entón, que causa o efecto pantasma? 00:00:36.650 --> 00:00:38.692 A nitidez destas sensacións 00:00:38.692 --> 00:00:42.092 indica que existe un mapa do corpo no cerebro. 00:00:42.552 --> 00:00:47.027 Que alguén que nunca tivo un membro poida sentilo 00:00:47.027 --> 00:00:51.144 implica que nacemos como mínimo co bosquexo deste mapa. 00:00:51.374 --> 00:00:55.207 Non obstante, hai unha diferenza entre o membro pantasma tras unha amputación 00:00:55.207 --> 00:00:58.572 e os seus antecesores de carne e óso: 00:00:58.572 --> 00:01:01.739 case todos son dolorosos. 00:01:02.109 --> 00:01:05.406 Para entender ben os membros e a dor pantasma, 00:01:05.406 --> 00:01:09.133 consideremos o percorrido dende a extremidade ata o cerebro. 00:01:09.993 --> 00:01:12.394 Os nosos membros están cheos de neuronas sensoriais 00:01:12.394 --> 00:01:13.724 responsables de todo, 00:01:13.729 --> 00:01:16.084 dende as texturas que sentimos coas puntas dos dedos 00:01:16.094 --> 00:01:19.514 ata a nosa comprensión de onde están os nosos corpos no espazo. 00:01:20.224 --> 00:01:23.338 As conexións neuronais levan a información 00:01:23.338 --> 00:01:25.541 pola espiña dorsal ata o cerebro. 00:01:26.008 --> 00:01:30.022 Dado que a maior parte deste camiño se atopa fóra da extremidade en si, 00:01:30.022 --> 00:01:33.219 case toda permanece logo dunha amputación 00:01:34.299 --> 00:01:36.102 Pero a perda dunha extremidade 00:01:36.102 --> 00:01:39.701 cambia a forma en que os sinais viaxan por cada treito. 00:01:40.552 --> 00:01:42.381 Na parte amputada, 00:01:42.381 --> 00:01:44.071 as terminacións nerviosas amputadas 00:01:44.071 --> 00:01:46.281 poden engrosarse e volverse máis sensibles, 00:01:46.281 --> 00:01:50.694 transmitindo sinais de dor en resposta a unha presión leve. 00:01:50.884 --> 00:01:52.807 En circunstancias normais, 00:01:52.817 --> 00:01:56.676 estes sinais reduciríanse no corno dorsal da medula espiñal. 00:01:57.056 --> 00:02:01.237 Por razóns descoñecidas, tras unha amputación, 00:02:01.237 --> 00:02:05.257 prodúcese unha perda do control inhibitorio no corno dorsal, 00:02:05.447 --> 00:02:08.883 e os sinais poden intensificarse. 00:02:08.883 --> 00:02:13.236 Unha vez que pasan pola medula espiñal, os sinais nerviosos chegan ao cerebro. 00:02:13.336 --> 00:02:17.034 Alí, o córtex somatosensorial procésaos. 00:02:17.514 --> 00:02:20.610 O mapa do corpo está nese córtex. 00:02:20.934 --> 00:02:23.751 Partes do corpo sensibles con moitas terminacións nerviosas, 00:02:23.751 --> 00:02:25.320 como os labios ou as mans 00:02:25.320 --> 00:02:27.460 están representados polas áreas mais grandes. 00:02:27.990 --> 00:02:31.054 O homúnculo cortical é un modelo do corpo humano 00:02:31.054 --> 00:02:36.274 que representa proporcionalmente o tamaño que cada parte do corpo ocupa no córtex. 00:02:36.489 --> 00:02:40.086 A cantidade de córtex dedicado a unha parte específica do corpo 00:02:40.086 --> 00:02:41.894 pode aumentar ou reducirse 00:02:41.894 --> 00:02:46.114 segundo o volume de información sensorial que o cerebro recibe desa zona. 00:02:46.114 --> 00:02:51.213 Por exemplo, a representación da man esquerda é maior nos violinistas 00:02:51.213 --> 00:02:53.693 que nos non violinistas. 00:02:53.693 --> 00:02:56.377 O cerebro tamén aumenta a representación no córtex 00:02:56.377 --> 00:02:58.829 cando unha parte do corpo é ferida 00:02:58.829 --> 00:03:02.259 para aumentar as sensacións que nos avisan do perigo. 00:03:02.259 --> 00:03:06.790 Esta maior representación pode levar á dor pantasma. 00:03:06.790 --> 00:03:09.927 O mapa cortical tamén é probablemente o responsable 00:03:09.927 --> 00:03:13.193 da sensación de ter partes do corpo que xa non están aí, 00:03:13.193 --> 00:03:16.535 porque aínda teñen representación no cerebro. 00:03:16.535 --> 00:03:19.052 Co tempo, esta representación pode reducirse. 00:03:19.052 --> 00:03:22.467 e o membro pantasma pode reducirse con ela. 00:03:22.467 --> 00:03:24.472 Pero as sensacións de extremidades pantasma 00:03:24.472 --> 00:03:27.065 non sempre desaparecen por si soas. 00:03:27.065 --> 00:03:29.612 O tratamento para a dor pantasma require 00:03:29.612 --> 00:03:31.927 unha combinación de rehabilitación física 00:03:31.927 --> 00:03:35.392 medicamentos para a dor, próteses e tempo. 00:03:35.782 --> 00:03:38.431 Unha técnica chamada terapia de espello 00:03:38.431 --> 00:03:41.431 pode ser moi útil para desenvolver os rangos de movemento 00:03:41.431 --> 00:03:44.090 e reducir a dor nos membros pantasma. 00:03:44.090 --> 00:03:47.853 O paciente coloca o membro pantasma nunha caixa detrás dun espello 00:03:47.853 --> 00:03:51.270 e o membro san diante do espello. 00:03:51.270 --> 00:03:55.913 Isto confunde o cerebro, pois ve o membro pantasma, amais de sentilo. 00:03:55.913 --> 00:03:59.435 A ciencia está a desenvolver tratamentos de realidade virtual 00:03:59.435 --> 00:04:03.726 que fan aínda máis vívida a terapia do espello. 00:04:03.726 --> 00:04:06.700 As próteses tamén xeran un efecto similar: 00:04:06.700 --> 00:04:11.748 os pacientes soen sentir a dor cando quitan a prótese pola noite. 00:04:11.748 --> 00:04:15.193 Os membros pantasma poderían axudar aos pacientes 00:04:15.193 --> 00:04:18.491 a entender a prótese como unha extensión do seu corpo 00:04:18.491 --> 00:04:20.882 e a movelas intuitivamente. 00:04:21.663 --> 00:04:24.812 Aínda quedan moitas cousas sen saber acerca dos membros pantasma. 00:04:24.812 --> 00:04:29.980 Non sabemos por que algunhas persoas non senten esa dor tan característica, 00:04:29.980 --> 00:04:32.798 ou por que outras non senten o membro pantasma. 00:04:32.798 --> 00:04:35.178 E a futura investigación dos membros pantasma 00:04:35.178 --> 00:04:38.460 non é só aplicable a quen os percibe. 00:04:38.460 --> 00:04:41.437 Un coñecemento mais profundo deste fenómeno proporcionaranos 00:04:41.437 --> 00:04:45.085 información sobre como traballan os nosos cerebros cada día 00:04:45.085 --> 00:04:47.622 para construír o mundo como o percibimos. 00:04:47.752 --> 00:04:51.122 Lémbranos que as realidades que experimentamos 00:04:51.292 --> 00:04:53.492 son, de feito, subxectivas.