0:00:01.560,0:00:04.416 Vivimos nunha nación medicada. 0:00:04.440,0:00:09.496 Médicos coma min prescribirán[br]4.500 millóns de medicamentos 0:00:09.520,0:00:11.336 este ano, só nos Estados Unidos. 0:00:11.360,0:00:13.776 Iso son 15 para cada home, muller e neno. 0:00:13.800,0:00:15.016 E, para a maioría de nós, 0:00:15.040,0:00:18.576 a experiencia coa medicación é a miúdo[br]un confuso número de pílulas, 0:00:18.600,0:00:22.216 instrucións, efectos secundarios [br]e doses únicas, 0:00:22.240,0:00:24.696 que moitas veces non tomamos [br]como nos prescribiron. 0:00:24.720,0:00:26.736 Isto supón un gasto tremendo 0:00:26.760,0:00:29.656 de tempo, cartos e saúde. 0:00:29.680,0:00:32.576 E nesta era exponencial, [br]conectada e orientada aos datos, 0:00:32.600,0:00:35.080 coido que podemos e debemos facelo mellor. 0:00:35.880,0:00:39.016 Mergullémonos nalgúns dos retos que temos 0:00:39.040,0:00:42.096 e as súas posibles solucións. 0:00:42.120,0:00:43.376 Comecemos co feito 0:00:43.400,0:00:46.656 de que moitos remedios non funcionan[br]a quen se lles receitan. 0:00:46.680,0:00:51.296 Os 10 medicamentos máis vendidos[br]este ano nos Estados Unidos 0:00:51.320,0:00:54.936 só benefician a entre un de cada catro[br]e un de cada 23 dos que os toman. 0:00:54.960,0:00:58.976 É estupendo se es o número un, pero... [br]que pasa cos demais? 0:00:59.000,0:01:01.996 E o que é peor, os medicamentos,[br]aínda cando non funcionan, 0:01:02.040,0:01:03.496 poden ter efectos secundarios. 0:01:03.496,0:01:05.470 Por exemplo, a aspirina; un de cada catro 0:01:05.470,0:01:08.376 dos que a toman para reducir [br]o risco de doenza cardiovascular 0:01:08.400,0:01:10.376 é, sen sabelo, resistente a ela 0:01:10.400,0:01:13.376 e aínda así ten o mesmo risco[br]de sufrir o sangrado intestinal 0:01:13.400,0:01:15.160 que mata milleiros cada ano. 0:01:16.040,0:01:19.016 Reaccións adversas coma esta son, 0:01:19.040,0:01:22.436 segundo algunhas estimacións, [br]a cuarta causa de morte nos EEUU. 0:01:22.820,0:01:25.916 O meu avó faleceu [br]tras unha soa dose de antibiótico 0:01:25.970,0:01:27.976 que lle provocou un fallo renal. 0:01:28.000,0:01:31.026 As reaccións adversas [br]e os efectos secundarios 0:01:31.060,0:01:34.016 están moitas veces [br]relacionados coa dosificación 0:01:34.040,0:01:37.776 Formeime en pediatría (xente pequena)[br]e medicina interna (xente grande) 0:01:37.800,0:01:40.216 Unha noite podía ter que estar [br]na UCI pediátrica, 0:01:40.240,0:01:42.496 medindo á fracción do miligramo 0:01:42.520,0:01:43.936 a medicación para un bebé; 0:01:43.960,0:01:46.216 Á noite seguinte, na sala de urxencias, 0:01:46.240,0:01:49.776 tratando un defensa de 180 quilos[br]ou un fráxil paciente dunha residencia 0:01:49.800,0:01:54.476 que, normalmente, recibirían a mesma [br]dose de medicamento segundo o manual. 0:01:55.040,0:01:58.376 Isto implica que, moitas das veces, [br]estaría inframedicando o defensa 0:01:58.400,0:02:01.416 e sobremedicando o paciente da residencia. 0:02:01.440,0:02:02.816 E ademais da idade ou o peso 0:02:02.840,0:02:05.800 tendemos a ignorar [br]o sexo e a raza na dosificación. 0:02:06.680,0:02:10.856 Alén disto, temos un reto enorme 0:02:10.880,0:02:13.096 cos incumprimentos e a baixa adherencia. 0:02:13.120,0:02:15.216 Moitos dos que precisamos medicación 0:02:15.240,0:02:18.056 non a estamos tomando[br]ou estámolo a facer mal. 0:02:18.080,0:02:20.776 Nos EE.UU., o 40% dos adultos[br]maiores de 65 anos 0:02:20.800,0:02:23.256 teñen prescritos 5 medicamentos ou máis. 0:02:23.280,0:02:24.616 Ás veces máis de 15. 0:02:24.640,0:02:30.120 E incluso pequenas melloras na adherencia[br]poden salvar moitos cartos e vidas. 0:02:31.440,0:02:34.496 Así que, cando pensamos no futuro, 0:02:34.520,0:02:36.296 cremos que aí é onde estamos hoxe, 0:02:36.300,0:02:40.156 pois a miúdo oímos falar de fármacos[br]intelixentes, personalizados, dirixidos, 0:02:40.160,0:02:42.420 do Internet das Cousas, [br]a terapia xénica, a IA, 0:02:42.420,0:02:44.970 que chegamos [br]á era da medicina de precisión. 0:02:45.080,0:02:46.776 En realidade, aínda vivimos 0:02:46.800,0:02:49.776 nunha era de empirismo, de ensaio-erro,[br]de medicina imprecisa. 0:02:49.800,0:02:51.096 Podemos facelo mellor. 0:02:51.120,0:02:55.496 E se reimaxinásemos o xeito de que [br]tomar as menciñas fose moito máis doado? 0:02:55.520,0:02:59.136 De tomar as doses e combinacións [br]que mellor funcionan para ti? 0:02:59.160,0:03:01.856 E se puidésemos deixar atrás a realidade 0:03:01.880,0:03:04.656 dos cortadores de pastillas [br]e as máquinas de fax 0:03:04.680,0:03:07.496 e comezar a obter mellores resultados[br]con custos máis baixos 0:03:07.520,0:03:10.520 e salvar vidas e aforrar espazo[br]na túa caixa de urxencias? 0:03:11.440,0:03:14.256 Coido que parte da solución[br]está nas novas formas 0:03:14.280,0:03:17.776 nas que podemos medir e compartir[br]a información sobre a nosa saúde. 0:03:17.800,0:03:20.856 Vivimos nun mundo reactivo, [br]de coidado dos enfermos, 0:03:20.880,0:03:23.136 onde a información fica almacenada. 0:03:23.160,0:03:26.136 Temos o potencial de mudalo [br]a un mundo dinámico, 0:03:26.160,0:03:28.416 proactivo, de verdadeiro coidado da saúde. 0:03:28.440,0:03:31.616 Parte diso comeza co mundo emerxente[br]do eu cuantificado. 0:03:31.640,0:03:34.896 Podemos medir moito da nosa fisioloxía[br]e dos nosos costumes, 0:03:34.920,0:03:37.136 que moitas veces fica nos nosos móbiles, 0:03:37.160,0:03:40.136 pero estamos comezando a conectar[br]cos médicos e os coidadores 0:03:40.160,0:03:43.360 para que poidan optimizar a prevención,[br]o diagnóstico e a terapia. 0:03:44.680,0:03:47.780 E cando o consigamos, poderemos [br]facer outras cousas interesantes. 0:03:47.780,0:03:49.816 Tomemos, por exemplo, a hipertensión. 0:03:49.840,0:03:53.656 É o primeiro factor de risco de morte [br]prematura e morbilidade no mundo. 0:03:53.680,0:03:56.976 Arredor da metade dos norteamericanos [br]adultos teñen hipertensión. 0:03:57.000,0:03:59.016 Menos da metade téñena ben controlada. 0:03:59.040,0:04:02.517 Isto ocorre porque ás veces fan falta [br]dous ou tres tipos de medicamentos. 0:04:02.541,0:04:05.856 E é difícil axustar as doses [br]e seguir os tratamentos. 0:04:05.880,0:04:08.880 Cada día, hai 500 mortes evitables [br]nos Estados Unidos 0:04:08.880,0:04:10.896 debido á hipertensión non controlada. 0:04:10.920,0:04:13.778 Pero agora estamos [br]na era do medidor de tensión conectado. 0:04:13.778,0:04:17.466 A FDA vén de aprobar un medidor de tensión[br]que pode colocarse no teu reloxo. 0:04:17.560,0:04:21.055 Existen prototipos de medidores [br]baseados na tecnoloxía do radar 0:04:21.079,0:04:23.736 que poden compartir en directo[br]a túa presión sanguínea 0:04:23.760,0:04:25.216 Así que, no futuro, podería, 0:04:25.216,0:04:27.687 no canto de medir a miña tensión[br]nun centro de saúde, 0:04:27.687,0:04:30.507 o meu doutor podería ver os meus datos [br]en tempo real 0:04:30.531,0:04:32.696 e axustalos segundo fose necesario, 0:04:32.720,0:04:35.136 coa axuda dun algoritmo dosificador [br]para a presión 0:04:35.160,0:04:36.716 ou usando o Internet das Cousas. 0:04:37.520,0:04:40.896 Pero hoxe a tecnoloxía [br]pode facer incluso máis. 0:04:40.920,0:04:43.296 O meu reloxo intelixente [br]ten unha función ECG 0:04:43.320,0:04:46.656 que pode ser interpretada [br]pola intelixencia artificial. 0:04:46.680,0:04:49.466 Levo un pequeno adhesivo, [br]do tamaño dun parche, 0:04:49.466,0:04:51.896 que está a emitir [br]os meus signos vitais en directo. 0:04:51.896,0:04:53.136 Botémoslle un ollo. 0:04:53.160,0:04:55.576 A verdade é que son un pouco preocupantes. 0:04:55.600,0:04:57.896 (Risos) 0:04:57.920,0:05:00.336 Ben, non son só os meus [br]signos vitais actuais 0:05:00.360,0:05:02.536 os que o meu equipo médico [br]ou eu podemos ver, 0:05:02.560,0:05:04.256 podería ser todo o meu historial, 0:05:04.280,0:05:08.256 e, de novo, podería usarse para modificar[br]a medicación e a dose no futuro. 0:05:08.280,0:05:10.696 Incluso o meu peso pode ser cuantificable; 0:05:10.720,0:05:12.486 o meu peso, a miña figura, 0:05:12.520,0:05:16.876 canta masa, graxa, músculo debería ter, 0:05:16.876,0:05:19.920 e usar esta información para optimizar[br]a prevención ou a terapia. 0:05:20.800,0:05:22.616 E non é só para os máis tecnolóxicos. 0:05:22.640,0:05:25.776 Os enxeñeiros do MIT [br]veñen de modificar a wifi 0:05:25.800,0:05:29.256 para que poidamos recoller e conectar [br]os nosos signos vitais 0:05:29.280,0:05:31.536 dende aneis conectados [br]e colchóns intelixentes. 0:05:31.536,0:05:34.256 Podemos comezar a compartir [br]esta información, o digitome, 0:05:34.280,0:05:37.496 e compartir a nosa información sanitaria[br]mediante crowdsourcing 0:05:37.520,0:05:39.976 igual que compartimos a condución [br]con Google Maps, 0:05:40.000,0:05:43.720 para mellorar a nosa experiencia [br]global de saúde. 0:05:44.880,0:05:46.296 Así que, xenial, 0:05:46.320,0:05:48.616 podemos recoller esta información. 0:05:48.640,0:05:52.386 E se os laboratorios puidesen ir [br]dende as súas centrais 0:05:52.410,0:05:54.976 ao teu fogar, ao teu móbil, [br]mesmo ao interior do corpo 0:05:55.000,0:05:58.016 para medir os niveis de fármacos [br]ou outros parámetros? 0:05:58.016,0:06:00.106 E, por suposto, estamos [br]na era da xenómica. 0:06:00.106,0:06:03.080 Eu secuenciei o meu xenoma, [br]hoxe custa menos de 1.000 dólares. 0:06:03.080,0:06:05.436 E podo comezar a entender [br]a miña farmacoxenética, 0:06:05.446,0:06:08.236 como os meus xenes determinan[br]se preciso máis ou menos dose 0:06:08.240,0:06:10.226 ou un tratamento completamente diferente. 0:06:10.230,0:06:13.056 Imaxina que o teu médico [br]ou o teu farmacéutico 0:06:13.080,0:06:15.736 teñen esta información[br]integrada no fluxo de traballo, 0:06:15.760,0:06:19.616 aumentada coa intelixencia artificial, IA,[br]ou como eu lle chamo, AI 0:06:19.640,0:06:21.216 aumento da intelixencia, 0:06:21.240,0:06:22.656 para poder aproveitala, 0:06:22.680,0:06:25.256 para entender, dos máis de 18.000 [br]fármacos aprobados, 0:06:25.280,0:06:28.616 cal sería a dose e a combinación [br]correctas para ti. 0:06:28.640,0:06:31.656 Ben, quizais agora poidamos optimizar[br]a medicación e a dose, 0:06:31.680,0:06:34.823 pero o problema hoxe é que aínda [br]usamos esta tecnoloxía para facer 0:06:34.847,0:06:36.736 o seguimento dos nosos medicamentos. 0:06:36.760,0:06:39.336 Por suposto, esta tecnoloxía evoluciona, 0:06:39.360,0:06:42.496 hai dispensadores conectados,[br]aplicacións de recordatorio, 0:06:42.496,0:06:45.620 tapas intelixentes que poden mandarche [br]un chío, a ti ou á túa nai 0:06:45.620,0:06:47.416 se non tomaches a túa menciña. 0:06:47.440,0:06:49.256 Amazon vén de adquirir PillPack, 0:06:49.280,0:06:53.776 así que pronto teremos envío nun día [br]de medicamentos, repartidos por dron. 0:06:53.800,0:06:55.976 Todas estas cousas son hoxe posibles, 0:06:56.000,0:06:57.946 pero aínda tomamos [br]unha chea de pílulas. 0:06:57.946,0:06:59.600 E se puidésemos facelo máis doado? 0:06:59.600,0:07:02.566 Coido que unha das solucións[br]é usar mellor a polipílula. 0:07:02.566,0:07:06.096 Unha polipílula é a integración [br]de varios fármacos nunha soa pílula. 0:07:06.120,0:07:09.616 Xa as usamos hoxe nas menciñas [br]contra a gripe e os catarros. 0:07:09.640,0:07:12.136 E existen estudos de prevención [br]con polipílulas, 0:07:12.160,0:07:14.816 nos que a combinación de estatinas,[br]tensión, aspirina 0:07:14.840,0:07:16.896 demostrou en estudos aleatorizados 0:07:16.920,0:07:19.226 reducir moito o risco, [br]comparado co placebo. 0:07:19.226,0:07:23.086 Pero estas polipílulas non eran [br]personalizadas, optimizadas ao individuo. 0:07:23.086,0:07:25.736 E se puidésemos personalizar [br]a túa polipílula? 0:07:25.760,0:07:29.096 Estaría feita para ti, baseada en ti, [br]podería adaptarse a ti, 0:07:29.120,0:07:30.896 todos e cada un dos días. 0:07:30.920,0:07:34.856 Agora estamos na era da impresión 3D.[br]Podes imprimir próteses personalizadas, 0:07:34.880,0:07:36.496 audiófonos, aparatos ortopédicos, 0:07:36.520,0:07:39.976 a min incluso me escanearon para facerme [br]uns vaqueiros a medida. 0:07:40.000,0:07:41.296 Isto fíxome pensar... 0:07:41.320,0:07:44.816 e se puidésemos imprimir a túa polipílula[br]personalizada en 3D? 0:07:44.840,0:07:47.216 Así, no canto de tomar seis menciñas, [br]por exemplo, 0:07:47.240,0:07:48.856 poderías combinalas nunha soa. 0:07:48.900,0:07:51.286 Sería máis doada de tomar, [br]melloraría a adherencia 0:07:51.310,0:07:53.940 e sería posible incluso [br]integrar suplementos, 0:07:53.964,0:07:57.136 como a vitamina D ou o CoQ10. 0:07:57.160,0:07:58.770 Así que, con algunha axuda, 0:07:58.770,0:08:00.090 eu chámolles "IntelliMeds", 0:08:00.090,0:08:02.736 e a axuda do meu equipo[br]de enxeñeiros de IntelliMedicine 0:08:02.760,0:08:05.726 construímos o primeiro prototipo[br]de impresora IntelliMedicine. 0:08:05.920,0:08:07.136 E así é como funciona: 0:08:07.160,0:08:09.536 no canto de blísters, [br]hai pequenas micromenciñas, 0:08:09.560,0:08:11.016 dun ou dous miligramos, 0:08:11.040,0:08:14.056 que se ordenan e seleccionan[br]en base á dose e combinación 0:08:14.080,0:08:15.696 necesaria para un individuo. 0:08:15.720,0:08:18.176 Por suposto, habería doses e combinacións 0:08:18.200,0:08:20.656 que xa estarían dispoñibles, [br]as aprobadas pola FDA. 0:08:20.680,0:08:22.496 Podemos cambiar a farmacocinética, 0:08:22.520,0:08:26.480 superpoñendo profesionalmente diferentes[br]elementos nas micromenciñas individuais. 0:08:27.560,0:08:29.216 E, cando prememos imprimir, 0:08:29.240,0:08:34.006 imprimes a combinación de medicamentos[br]que poderías precisar un día calquera. 0:08:34.280,0:08:38.176 Comezariamos con fármacos xenéricos[br]para os problemas máis comúns. 0:08:38.200,0:08:41.856 Case o 90% dos medicamentos que se [br]prescriben son xenéricos de baixo custo. 0:08:41.880,0:08:45.216 E unha vez que temos a pílula impresa,[br]podemos facer cousas divertidas. 0:08:45.240,0:08:47.496 Podemos imprimir o nome do paciente, 0:08:47.520,0:08:50.056 a data, o día da semana, un código QR. 0:08:50.080,0:08:54.096 Podemos imprimir menciñas diferentes para[br]reducir a dose de esteroides dun paciente, 0:08:54.120,0:08:56.936 ou para reducir as medicacións para a dor. 0:08:56.960,0:09:01.936 Esta é unha ollada ao noso prototipo[br]de impresora IntelliMedicine. 0:09:01.960,0:09:03.936 Vouna desvelar. 0:09:03.960,0:09:06.896 Ten uns 16 silos diferentes, 0:09:06.920,0:09:09.520 cada un con micromenciñas individuais. 0:09:10.680,0:09:14.896 Agora podo axustar co software[br]as doses individuais. 0:09:14.920,0:09:18.376 E cando o fago, o brazo robótico axusta 0:09:18.400,0:09:21.496 a abertura destas cápsulas [br]para que liberen as micromenciñas. 0:09:21.520,0:09:23.056 Agora podo -- 0:09:23.080,0:09:25.576 O proceso automatizado vai rotar 0:09:25.576,0:09:27.490 para asegurar que se cargan as menciñas. 0:09:27.500,0:09:29.256 E, cando premo imprimir, 0:09:29.280,0:09:31.696 caerá a través da máquina, 0:09:31.720,0:09:35.336 e agora recollo [br]a miña polipílula personalizada 0:09:35.336,0:09:39.336 coa medicación e a dose[br]específicas para min. 0:09:39.360,0:09:41.976 E podemos botar unha ollada, [br]se mirades a presentación, 0:09:42.000,0:09:45.976 podedes ver o proceso enteiro, [br]como se seleccionan os silos das menciñas, 0:09:46.000,0:09:47.976 as pastillas caendo dos diferentes silos, 0:09:48.000,0:09:50.816 e xuntándose na cápsula individual. 0:09:50.840,0:09:52.536 Isto é xenial, 0:09:52.560,0:09:54.616 podo imprimir as menciñas[br]feitas para min 0:09:54.616,0:09:56.016 en vez de tomar seis pílulas. 0:09:56.040,0:09:59.176 Agora podo controlar a miña dosificación. 0:09:59.200,0:10:01.376 O meu reloxo está medindo a miña tensión: 0:10:01.376,0:10:04.800 preciso axustar a miña menciña [br]para controlala, o meu nivel de Coumadin. 0:10:04.810,0:10:06.696 O meu sangue está diluído, 0:10:06.720,0:10:10.296 así que baixo na miña micromenciña [br]a dose de Coumadin, un anticoagulante. 0:10:10.320,0:10:12.496 E podería adaptarse así todos os días, 0:10:12.520,0:10:15.176 de maneira controlada [br]polo meu médico ou cardiólogo. 0:10:15.200,0:10:18.776 Podedes imaxinar impresoras máis grandes, [br]rápidas coma esta, 0:10:18.800,0:10:21.456 na farmacia da esquina, 0:10:21.490,0:10:23.850 na consulta do médico, [br]nun centro de saúde rural. 0:10:23.860,0:10:27.736 Pero co tempo poderán facerse [br]máis pequenas e colocarse no teu fogar, 0:10:27.760,0:10:31.136 con cartuchos integrados coma este,[br]que serían repartidos por dron. 0:10:31.160,0:10:33.216 Poderías imprimir a túa propia polipílula, 0:10:33.240,0:10:36.536 cada mañá na túa cociña [br]ou no armario do teu baño. 0:10:36.560,0:10:38.376 E podería evolucionar, penso, 0:10:38.400,0:10:42.216 nun xeito incrible de mellorar [br]a adherencia das menciñas en todo o mundo. 0:10:42.240,0:10:46.256 Agardo que poidamos reimaxinar [br]o futuro da medicina de novas maneiras 0:10:46.280,0:10:47.816 pasando da polifarmacia, 0:10:47.840,0:10:51.296 as doses únicas, a baixa adherencia[br]e as complicacións 0:10:51.320,0:10:55.376 a unha era de medicacións personalizadas,[br]precisas e baixo demanda, 0:10:55.400,0:10:58.776 que poidan levarnos a individualizar [br]a nosa propia saúde 0:10:58.800,0:11:01.496 e a saúde e a medicina en todo o planeta. 0:11:01.520,0:11:02.776 Moitas grazas. 0:11:02.800,0:11:08.320 (Aplausos) 0:11:09.880,0:11:11.936 Presentadora: Daniel, iso é incrible. 0:11:11.960,0:11:13.176 Realmente xenial. 0:11:13.200,0:11:14.576 Pero teño unha pregunta. 0:11:14.600,0:11:18.136 Canto pasará ata que o paciente [br]da residencia que mencionaches 0:11:18.160,0:11:20.736 sexa capaz de imprimir [br]as súas propias pílulas? 0:11:20.760,0:11:23.536 Daniel Kraft: Ben, isto é só un prototipo. 0:11:23.560,0:11:26.696 Pensamos que o camiño para regulalo[br]será o proceso automatizado, 0:11:26.720,0:11:29.990 sobre todo, nas residencias, [br]onde a xente toma moitas menciñas 0:11:29.990,0:11:31.280 que ás veces se mesturan, 0:11:31.280,0:11:34.370 así que sería un lugar perfecto [br]para comezar con esta tecnoloxía. 0:11:34.370,0:11:37.620 Non van evolucionar e comezar[br]con impresoras no armario do teu baño. 0:11:37.620,0:11:40.540 Precisamos ser intelixentes e listos [br]ao manexar estas cousas, 0:11:40.540,0:11:44.020 pero decatándonos dos retos coa [br]dosificación, a adherencia e a precisión, 0:11:44.020,0:11:47.820 e agora que temos estas novas tecnoloxías[br]que podemos aproveitar e integrar, 0:11:47.820,0:11:51.780 coido que precisamos novos enfoques [br]como este para activar e fomentar 0:11:51.780,0:11:53.880 un verdadeiro futuro [br]da saúde e da medicina. 0:11:53.880,0:11:56.336 Presentadora: Moi ben, grazas.[br]Daniel Kraft: Grazas. 0:11:56.336,0:11:58.840 (Aplausos)