1 00:00:01,560 --> 00:00:04,416 Vivimos nunha nación medicada. 2 00:00:04,440 --> 00:00:09,496 Médicos coma min prescribirán 4.500 millóns de medicamentos 3 00:00:09,520 --> 00:00:11,336 este ano, só nos Estados Unidos. 4 00:00:11,360 --> 00:00:13,776 Iso son 15 para cada home, muller e neno. 5 00:00:13,800 --> 00:00:15,016 E, para a maioría de nós, 6 00:00:15,040 --> 00:00:18,576 a experiencia coa medicación é a miúdo un confuso número de pílulas, 7 00:00:18,600 --> 00:00:22,216 instrucións, efectos secundarios e doses únicas, 8 00:00:22,240 --> 00:00:24,696 que moitas veces non tomamos como nos prescribiron. 9 00:00:24,720 --> 00:00:26,736 Isto supón un gasto tremendo 10 00:00:26,760 --> 00:00:29,656 de tempo, cartos e saúde. 11 00:00:29,680 --> 00:00:32,576 E nesta era exponencial, conectada e orientada aos datos, 12 00:00:32,600 --> 00:00:35,080 coido que podemos e debemos facelo mellor. 13 00:00:35,880 --> 00:00:39,016 Mergullémonos nalgúns dos retos que temos 14 00:00:39,040 --> 00:00:42,096 e as súas posibles solucións. 15 00:00:42,120 --> 00:00:43,376 Comecemos co feito 16 00:00:43,400 --> 00:00:46,656 de que moitos remedios non funcionan a quen se lles receitan. 17 00:00:46,680 --> 00:00:51,296 Os 10 medicamentos máis vendidos este ano nos Estados Unidos 18 00:00:51,320 --> 00:00:54,936 só benefician a entre un de cada catro e un de cada 23 dos que os toman. 19 00:00:54,960 --> 00:00:58,976 É estupendo se es o número un, pero... que pasa cos demais? 20 00:00:59,000 --> 00:01:01,996 E o que é peor, os medicamentos, aínda cando non funcionan, 21 00:01:02,040 --> 00:01:03,496 poden ter efectos secundarios. 22 00:01:03,496 --> 00:01:05,470 Por exemplo, a aspirina; un de cada catro 23 00:01:05,470 --> 00:01:08,376 dos que a toman para reducir o risco de doenza cardiovascular 24 00:01:08,400 --> 00:01:10,376 é, sen sabelo, resistente a ela 25 00:01:10,400 --> 00:01:13,376 e aínda así ten o mesmo risco de sufrir o sangrado intestinal 26 00:01:13,400 --> 00:01:15,160 que mata milleiros cada ano. 27 00:01:16,040 --> 00:01:19,016 Reaccións adversas coma esta son, 28 00:01:19,040 --> 00:01:22,436 segundo algunhas estimacións, a cuarta causa de morte nos EEUU. 29 00:01:22,820 --> 00:01:25,916 O meu avó faleceu tras unha soa dose de antibiótico 30 00:01:25,970 --> 00:01:27,976 que lle provocou un fallo renal. 31 00:01:28,000 --> 00:01:31,026 As reaccións adversas e os efectos secundarios 32 00:01:31,060 --> 00:01:34,016 están moitas veces relacionados coa dosificación 33 00:01:34,040 --> 00:01:37,776 Formeime en pediatría (xente pequena) e medicina interna (xente grande) 34 00:01:37,800 --> 00:01:40,216 Unha noite podía ter que estar na UCI pediátrica, 35 00:01:40,240 --> 00:01:42,496 medindo á fracción do miligramo 36 00:01:42,520 --> 00:01:43,936 a medicación para un bebé; 37 00:01:43,960 --> 00:01:46,216 Á noite seguinte, na sala de urxencias, 38 00:01:46,240 --> 00:01:49,776 tratando un defensa de 180 quilos ou un fráxil paciente dunha residencia 39 00:01:49,800 --> 00:01:54,476 que, normalmente, recibirían a mesma dose de medicamento segundo o manual. 40 00:01:55,040 --> 00:01:58,376 Isto implica que, moitas das veces, estaría inframedicando o defensa 41 00:01:58,400 --> 00:02:01,416 e sobremedicando o paciente da residencia. 42 00:02:01,440 --> 00:02:02,816 E ademais da idade ou o peso 43 00:02:02,840 --> 00:02:05,800 tendemos a ignorar o sexo e a raza na dosificación. 44 00:02:06,680 --> 00:02:10,856 Alén disto, temos un reto enorme 45 00:02:10,880 --> 00:02:13,096 cos incumprimentos e a baixa adherencia. 46 00:02:13,120 --> 00:02:15,216 Moitos dos que precisamos medicación 47 00:02:15,240 --> 00:02:18,056 non a estamos tomando ou estámolo a facer mal. 48 00:02:18,080 --> 00:02:20,776 Nos EE.UU., o 40% dos adultos maiores de 65 anos 49 00:02:20,800 --> 00:02:23,256 teñen prescritos 5 medicamentos ou máis. 50 00:02:23,280 --> 00:02:24,616 Ás veces máis de 15. 51 00:02:24,640 --> 00:02:30,120 E incluso pequenas melloras na adherencia poden salvar moitos cartos e vidas. 52 00:02:31,440 --> 00:02:34,496 Así que, cando pensamos no futuro, 53 00:02:34,520 --> 00:02:36,296 cremos que aí é onde estamos hoxe, 54 00:02:36,300 --> 00:02:40,156 pois a miúdo oímos falar de fármacos intelixentes, personalizados, dirixidos, 55 00:02:40,160 --> 00:02:42,420 do Internet das Cousas, a terapia xénica, a IA, 56 00:02:42,420 --> 00:02:44,970 que chegamos á era da medicina de precisión. 57 00:02:45,080 --> 00:02:46,776 En realidade, aínda vivimos 58 00:02:46,800 --> 00:02:49,776 nunha era de empirismo, de ensaio-erro, de medicina imprecisa. 59 00:02:49,800 --> 00:02:51,096 Podemos facelo mellor. 60 00:02:51,120 --> 00:02:55,496 E se reimaxinásemos o xeito de que tomar as menciñas fose moito máis doado? 61 00:02:55,520 --> 00:02:59,136 De tomar as doses e combinacións que mellor funcionan para ti? 62 00:02:59,160 --> 00:03:01,856 E se puidésemos deixar atrás a realidade 63 00:03:01,880 --> 00:03:04,656 dos cortadores de pastillas e as máquinas de fax 64 00:03:04,680 --> 00:03:07,496 e comezar a obter mellores resultados con custos máis baixos 65 00:03:07,520 --> 00:03:10,520 e salvar vidas e aforrar espazo na túa caixa de urxencias? 66 00:03:11,440 --> 00:03:14,256 Coido que parte da solución está nas novas formas 67 00:03:14,280 --> 00:03:17,776 nas que podemos medir e compartir a información sobre a nosa saúde. 68 00:03:17,800 --> 00:03:20,856 Vivimos nun mundo reactivo, de coidado dos enfermos, 69 00:03:20,880 --> 00:03:23,136 onde a información fica almacenada. 70 00:03:23,160 --> 00:03:26,136 Temos o potencial de mudalo a un mundo dinámico, 71 00:03:26,160 --> 00:03:28,416 proactivo, de verdadeiro coidado da saúde. 72 00:03:28,440 --> 00:03:31,616 Parte diso comeza co mundo emerxente do eu cuantificado. 73 00:03:31,640 --> 00:03:34,896 Podemos medir moito da nosa fisioloxía e dos nosos costumes, 74 00:03:34,920 --> 00:03:37,136 que moitas veces fica nos nosos móbiles, 75 00:03:37,160 --> 00:03:40,136 pero estamos comezando a conectar cos médicos e os coidadores 76 00:03:40,160 --> 00:03:43,360 para que poidan optimizar a prevención, o diagnóstico e a terapia. 77 00:03:44,680 --> 00:03:47,780 E cando o consigamos, poderemos facer outras cousas interesantes. 78 00:03:47,780 --> 00:03:49,816 Tomemos, por exemplo, a hipertensión. 79 00:03:49,840 --> 00:03:53,656 É o primeiro factor de risco de morte prematura e morbilidade no mundo. 80 00:03:53,680 --> 00:03:56,976 Arredor da metade dos norteamericanos adultos teñen hipertensión. 81 00:03:57,000 --> 00:03:59,016 Menos da metade téñena ben controlada. 82 00:03:59,040 --> 00:04:02,517 Isto ocorre porque ás veces fan falta dous ou tres tipos de medicamentos. 83 00:04:02,541 --> 00:04:05,856 E é difícil axustar as doses e seguir os tratamentos. 84 00:04:05,880 --> 00:04:08,880 Cada día, hai 500 mortes evitables nos Estados Unidos 85 00:04:08,880 --> 00:04:10,896 debido á hipertensión non controlada. 86 00:04:10,920 --> 00:04:13,778 Pero agora estamos na era do medidor de tensión conectado. 87 00:04:13,778 --> 00:04:17,466 A FDA vén de aprobar un medidor de tensión que pode colocarse no teu reloxo. 88 00:04:17,560 --> 00:04:21,055 Existen prototipos de medidores baseados na tecnoloxía do radar 89 00:04:21,079 --> 00:04:23,736 que poden compartir en directo a túa presión sanguínea 90 00:04:23,760 --> 00:04:25,216 Así que, no futuro, podería, 91 00:04:25,216 --> 00:04:27,687 no canto de medir a miña tensión nun centro de saúde, 92 00:04:27,687 --> 00:04:30,507 o meu doutor podería ver os meus datos en tempo real 93 00:04:30,531 --> 00:04:32,696 e axustalos segundo fose necesario, 94 00:04:32,720 --> 00:04:35,136 coa axuda dun algoritmo dosificador para a presión 95 00:04:35,160 --> 00:04:36,716 ou usando o Internet das Cousas. 96 00:04:37,520 --> 00:04:40,896 Pero hoxe a tecnoloxía pode facer incluso máis. 97 00:04:40,920 --> 00:04:43,296 O meu reloxo intelixente ten unha función ECG 98 00:04:43,320 --> 00:04:46,656 que pode ser interpretada pola intelixencia artificial. 99 00:04:46,680 --> 00:04:49,466 Levo un pequeno adhesivo, do tamaño dun parche, 100 00:04:49,466 --> 00:04:51,896 que está a emitir os meus signos vitais en directo. 101 00:04:51,896 --> 00:04:53,136 Botémoslle un ollo. 102 00:04:53,160 --> 00:04:55,576 A verdade é que son un pouco preocupantes. 103 00:04:55,600 --> 00:04:57,896 (Risos) 104 00:04:57,920 --> 00:05:00,336 Ben, non son só os meus signos vitais actuais 105 00:05:00,360 --> 00:05:02,536 os que o meu equipo médico ou eu podemos ver, 106 00:05:02,560 --> 00:05:04,256 podería ser todo o meu historial, 107 00:05:04,280 --> 00:05:08,256 e, de novo, podería usarse para modificar a medicación e a dose no futuro. 108 00:05:08,280 --> 00:05:10,696 Incluso o meu peso pode ser cuantificable; 109 00:05:10,720 --> 00:05:12,486 o meu peso, a miña figura, 110 00:05:12,520 --> 00:05:16,876 canta masa, graxa, músculo debería ter, 111 00:05:16,876 --> 00:05:19,920 e usar esta información para optimizar a prevención ou a terapia. 112 00:05:20,800 --> 00:05:22,616 E non é só para os máis tecnolóxicos. 113 00:05:22,640 --> 00:05:25,776 Os enxeñeiros do MIT veñen de modificar a wifi 114 00:05:25,800 --> 00:05:29,256 para que poidamos recoller e conectar os nosos signos vitais 115 00:05:29,280 --> 00:05:31,536 dende aneis conectados e colchóns intelixentes. 116 00:05:31,536 --> 00:05:34,256 Podemos comezar a compartir esta información, o digitome, 117 00:05:34,280 --> 00:05:37,496 e compartir a nosa información sanitaria mediante crowdsourcing 118 00:05:37,520 --> 00:05:39,976 igual que compartimos a condución con Google Maps, 119 00:05:40,000 --> 00:05:43,720 para mellorar a nosa experiencia global de saúde. 120 00:05:44,880 --> 00:05:46,296 Así que, xenial, 121 00:05:46,320 --> 00:05:48,616 podemos recoller esta información. 122 00:05:48,640 --> 00:05:52,386 E se os laboratorios puidesen ir dende as súas centrais 123 00:05:52,410 --> 00:05:54,976 ao teu fogar, ao teu móbil, mesmo ao interior do corpo 124 00:05:55,000 --> 00:05:58,016 para medir os niveis de fármacos ou outros parámetros? 125 00:05:58,016 --> 00:06:00,106 E, por suposto, estamos na era da xenómica. 126 00:06:00,106 --> 00:06:03,080 Eu secuenciei o meu xenoma, hoxe custa menos de 1.000 dólares. 127 00:06:03,080 --> 00:06:05,436 E podo comezar a entender a miña farmacoxenética, 128 00:06:05,446 --> 00:06:08,236 como os meus xenes determinan se preciso máis ou menos dose 129 00:06:08,240 --> 00:06:10,226 ou un tratamento completamente diferente. 130 00:06:10,230 --> 00:06:13,056 Imaxina que o teu médico ou o teu farmacéutico 131 00:06:13,080 --> 00:06:15,736 teñen esta información integrada no fluxo de traballo, 132 00:06:15,760 --> 00:06:19,616 aumentada coa intelixencia artificial, IA, ou como eu lle chamo, AI 133 00:06:19,640 --> 00:06:21,216 aumento da intelixencia, 134 00:06:21,240 --> 00:06:22,656 para poder aproveitala, 135 00:06:22,680 --> 00:06:25,256 para entender, dos máis de 18.000 fármacos aprobados, 136 00:06:25,280 --> 00:06:28,616 cal sería a dose e a combinación correctas para ti. 137 00:06:28,640 --> 00:06:31,656 Ben, quizais agora poidamos optimizar a medicación e a dose, 138 00:06:31,680 --> 00:06:34,823 pero o problema hoxe é que aínda usamos esta tecnoloxía para facer 139 00:06:34,847 --> 00:06:36,736 o seguimento dos nosos medicamentos. 140 00:06:36,760 --> 00:06:39,336 Por suposto, esta tecnoloxía evoluciona, 141 00:06:39,360 --> 00:06:42,496 hai dispensadores conectados, aplicacións de recordatorio, 142 00:06:42,496 --> 00:06:45,620 tapas intelixentes que poden mandarche un chío, a ti ou á túa nai 143 00:06:45,620 --> 00:06:47,416 se non tomaches a túa menciña. 144 00:06:47,440 --> 00:06:49,256 Amazon vén de adquirir PillPack, 145 00:06:49,280 --> 00:06:53,776 así que pronto teremos envío nun día de medicamentos, repartidos por dron. 146 00:06:53,800 --> 00:06:55,976 Todas estas cousas son hoxe posibles, 147 00:06:56,000 --> 00:06:57,946 pero aínda tomamos unha chea de pílulas. 148 00:06:57,946 --> 00:06:59,600 E se puidésemos facelo máis doado? 149 00:06:59,600 --> 00:07:02,566 Coido que unha das solucións é usar mellor a polipílula. 150 00:07:02,566 --> 00:07:06,096 Unha polipílula é a integración de varios fármacos nunha soa pílula. 151 00:07:06,120 --> 00:07:09,616 Xa as usamos hoxe nas menciñas contra a gripe e os catarros. 152 00:07:09,640 --> 00:07:12,136 E existen estudos de prevención con polipílulas, 153 00:07:12,160 --> 00:07:14,816 nos que a combinación de estatinas, tensión, aspirina 154 00:07:14,840 --> 00:07:16,896 demostrou en estudos aleatorizados 155 00:07:16,920 --> 00:07:19,226 reducir moito o risco, comparado co placebo. 156 00:07:19,226 --> 00:07:23,086 Pero estas polipílulas non eran personalizadas, optimizadas ao individuo. 157 00:07:23,086 --> 00:07:25,736 E se puidésemos personalizar a túa polipílula? 158 00:07:25,760 --> 00:07:29,096 Estaría feita para ti, baseada en ti, podería adaptarse a ti, 159 00:07:29,120 --> 00:07:30,896 todos e cada un dos días. 160 00:07:30,920 --> 00:07:34,856 Agora estamos na era da impresión 3D. Podes imprimir próteses personalizadas, 161 00:07:34,880 --> 00:07:36,496 audiófonos, aparatos ortopédicos, 162 00:07:36,520 --> 00:07:39,976 a min incluso me escanearon para facerme uns vaqueiros a medida. 163 00:07:40,000 --> 00:07:41,296 Isto fíxome pensar... 164 00:07:41,320 --> 00:07:44,816 e se puidésemos imprimir a túa polipílula personalizada en 3D? 165 00:07:44,840 --> 00:07:47,216 Así, no canto de tomar seis menciñas, por exemplo, 166 00:07:47,240 --> 00:07:48,856 poderías combinalas nunha soa. 167 00:07:48,900 --> 00:07:51,286 Sería máis doada de tomar, melloraría a adherencia 168 00:07:51,310 --> 00:07:53,940 e sería posible incluso integrar suplementos, 169 00:07:53,964 --> 00:07:57,136 como a vitamina D ou o CoQ10. 170 00:07:57,160 --> 00:07:58,770 Así que, con algunha axuda, 171 00:07:58,770 --> 00:08:00,090 eu chámolles "IntelliMeds", 172 00:08:00,090 --> 00:08:02,736 e a axuda do meu equipo de enxeñeiros de IntelliMedicine 173 00:08:02,760 --> 00:08:05,726 construímos o primeiro prototipo de impresora IntelliMedicine. 174 00:08:05,920 --> 00:08:07,136 E así é como funciona: 175 00:08:07,160 --> 00:08:09,536 no canto de blísters, hai pequenas micromenciñas, 176 00:08:09,560 --> 00:08:11,016 dun ou dous miligramos, 177 00:08:11,040 --> 00:08:14,056 que se ordenan e seleccionan en base á dose e combinación 178 00:08:14,080 --> 00:08:15,696 necesaria para un individuo. 179 00:08:15,720 --> 00:08:18,176 Por suposto, habería doses e combinacións 180 00:08:18,200 --> 00:08:20,656 que xa estarían dispoñibles, as aprobadas pola FDA. 181 00:08:20,680 --> 00:08:22,496 Podemos cambiar a farmacocinética, 182 00:08:22,520 --> 00:08:26,480 superpoñendo profesionalmente diferentes elementos nas micromenciñas individuais. 183 00:08:27,560 --> 00:08:29,216 E, cando prememos imprimir, 184 00:08:29,240 --> 00:08:34,006 imprimes a combinación de medicamentos que poderías precisar un día calquera. 185 00:08:34,280 --> 00:08:38,176 Comezariamos con fármacos xenéricos para os problemas máis comúns. 186 00:08:38,200 --> 00:08:41,856 Case o 90% dos medicamentos que se prescriben son xenéricos de baixo custo. 187 00:08:41,880 --> 00:08:45,216 E unha vez que temos a pílula impresa, podemos facer cousas divertidas. 188 00:08:45,240 --> 00:08:47,496 Podemos imprimir o nome do paciente, 189 00:08:47,520 --> 00:08:50,056 a data, o día da semana, un código QR. 190 00:08:50,080 --> 00:08:54,096 Podemos imprimir menciñas diferentes para reducir a dose de esteroides dun paciente, 191 00:08:54,120 --> 00:08:56,936 ou para reducir as medicacións para a dor. 192 00:08:56,960 --> 00:09:01,936 Esta é unha ollada ao noso prototipo de impresora IntelliMedicine. 193 00:09:01,960 --> 00:09:03,936 Vouna desvelar. 194 00:09:03,960 --> 00:09:06,896 Ten uns 16 silos diferentes, 195 00:09:06,920 --> 00:09:09,520 cada un con micromenciñas individuais. 196 00:09:10,680 --> 00:09:14,896 Agora podo axustar co software as doses individuais. 197 00:09:14,920 --> 00:09:18,376 E cando o fago, o brazo robótico axusta 198 00:09:18,400 --> 00:09:21,496 a abertura destas cápsulas para que liberen as micromenciñas. 199 00:09:21,520 --> 00:09:23,056 Agora podo -- 200 00:09:23,080 --> 00:09:25,576 O proceso automatizado vai rotar 201 00:09:25,576 --> 00:09:27,490 para asegurar que se cargan as menciñas. 202 00:09:27,500 --> 00:09:29,256 E, cando premo imprimir, 203 00:09:29,280 --> 00:09:31,696 caerá a través da máquina, 204 00:09:31,720 --> 00:09:35,336 e agora recollo a miña polipílula personalizada 205 00:09:35,336 --> 00:09:39,336 coa medicación e a dose específicas para min. 206 00:09:39,360 --> 00:09:41,976 E podemos botar unha ollada, se mirades a presentación, 207 00:09:42,000 --> 00:09:45,976 podedes ver o proceso enteiro, como se seleccionan os silos das menciñas, 208 00:09:46,000 --> 00:09:47,976 as pastillas caendo dos diferentes silos, 209 00:09:48,000 --> 00:09:50,816 e xuntándose na cápsula individual. 210 00:09:50,840 --> 00:09:52,536 Isto é xenial, 211 00:09:52,560 --> 00:09:54,616 podo imprimir as menciñas feitas para min 212 00:09:54,616 --> 00:09:56,016 en vez de tomar seis pílulas. 213 00:09:56,040 --> 00:09:59,176 Agora podo controlar a miña dosificación. 214 00:09:59,200 --> 00:10:01,376 O meu reloxo está medindo a miña tensión: 215 00:10:01,376 --> 00:10:04,800 preciso axustar a miña menciña para controlala, o meu nivel de Coumadin. 216 00:10:04,810 --> 00:10:06,696 O meu sangue está diluído, 217 00:10:06,720 --> 00:10:10,296 así que baixo na miña micromenciña a dose de Coumadin, un anticoagulante. 218 00:10:10,320 --> 00:10:12,496 E podería adaptarse así todos os días, 219 00:10:12,520 --> 00:10:15,176 de maneira controlada polo meu médico ou cardiólogo. 220 00:10:15,200 --> 00:10:18,776 Podedes imaxinar impresoras máis grandes, rápidas coma esta, 221 00:10:18,800 --> 00:10:21,456 na farmacia da esquina, 222 00:10:21,490 --> 00:10:23,850 na consulta do médico, nun centro de saúde rural. 223 00:10:23,860 --> 00:10:27,736 Pero co tempo poderán facerse máis pequenas e colocarse no teu fogar, 224 00:10:27,760 --> 00:10:31,136 con cartuchos integrados coma este, que serían repartidos por dron. 225 00:10:31,160 --> 00:10:33,216 Poderías imprimir a túa propia polipílula, 226 00:10:33,240 --> 00:10:36,536 cada mañá na túa cociña ou no armario do teu baño. 227 00:10:36,560 --> 00:10:38,376 E podería evolucionar, penso, 228 00:10:38,400 --> 00:10:42,216 nun xeito incrible de mellorar a adherencia das menciñas en todo o mundo. 229 00:10:42,240 --> 00:10:46,256 Agardo que poidamos reimaxinar o futuro da medicina de novas maneiras 230 00:10:46,280 --> 00:10:47,816 pasando da polifarmacia, 231 00:10:47,840 --> 00:10:51,296 as doses únicas, a baixa adherencia e as complicacións 232 00:10:51,320 --> 00:10:55,376 a unha era de medicacións personalizadas, precisas e baixo demanda, 233 00:10:55,400 --> 00:10:58,776 que poidan levarnos a individualizar a nosa propia saúde 234 00:10:58,800 --> 00:11:01,496 e a saúde e a medicina en todo o planeta. 235 00:11:01,520 --> 00:11:02,776 Moitas grazas. 236 00:11:02,800 --> 00:11:08,320 (Aplausos) 237 00:11:09,880 --> 00:11:11,936 Presentadora: Daniel, iso é incrible. 238 00:11:11,960 --> 00:11:13,176 Realmente xenial. 239 00:11:13,200 --> 00:11:14,576 Pero teño unha pregunta. 240 00:11:14,600 --> 00:11:18,136 Canto pasará ata que o paciente da residencia que mencionaches 241 00:11:18,160 --> 00:11:20,736 sexa capaz de imprimir as súas propias pílulas? 242 00:11:20,760 --> 00:11:23,536 Daniel Kraft: Ben, isto é só un prototipo. 243 00:11:23,560 --> 00:11:26,696 Pensamos que o camiño para regulalo será o proceso automatizado, 244 00:11:26,720 --> 00:11:29,990 sobre todo, nas residencias, onde a xente toma moitas menciñas 245 00:11:29,990 --> 00:11:31,280 que ás veces se mesturan, 246 00:11:31,280 --> 00:11:34,370 así que sería un lugar perfecto para comezar con esta tecnoloxía. 247 00:11:34,370 --> 00:11:37,620 Non van evolucionar e comezar con impresoras no armario do teu baño. 248 00:11:37,620 --> 00:11:40,540 Precisamos ser intelixentes e listos ao manexar estas cousas, 249 00:11:40,540 --> 00:11:44,020 pero decatándonos dos retos coa dosificación, a adherencia e a precisión, 250 00:11:44,020 --> 00:11:47,820 e agora que temos estas novas tecnoloxías que podemos aproveitar e integrar, 251 00:11:47,820 --> 00:11:51,780 coido que precisamos novos enfoques como este para activar e fomentar 252 00:11:51,780 --> 00:11:53,880 un verdadeiro futuro da saúde e da medicina. 253 00:11:53,880 --> 00:11:56,336 Presentadora: Moi ben, grazas. Daniel Kraft: Grazas. 254 00:11:56,336 --> 00:11:58,840 (Aplausos)