WEBVTT 00:00:01.560 --> 00:00:04.416 Vivimos nunha nación medicada. 00:00:04.440 --> 00:00:09.496 Médicos coma min prescribirán 4.500 millóns de medicamentos 00:00:09.520 --> 00:00:11.336 este ano, só nos Estados Unidos. 00:00:11.360 --> 00:00:13.776 Iso son 15 para cada home, muller e neno. 00:00:13.800 --> 00:00:15.016 E, para a maioría de nós, 00:00:15.040 --> 00:00:18.576 a experiencia coa medicación é a miúdo un confuso número de pílulas, 00:00:18.600 --> 00:00:22.216 instrucións, efectos secundarios e doses únicas, 00:00:22.240 --> 00:00:24.696 que moitas veces non tomamos como nos prescribiron. 00:00:24.720 --> 00:00:26.736 Isto supón un gasto tremendo 00:00:26.760 --> 00:00:29.656 de tempo, cartos e saúde. 00:00:29.680 --> 00:00:32.576 E nesta era exponencial, conectada e orientada aos datos, 00:00:32.600 --> 00:00:35.080 coido que podemos e debemos facelo mellor. 00:00:35.880 --> 00:00:39.016 Mergullémonos nalgúns dos retos que temos 00:00:39.040 --> 00:00:42.096 e as súas posibles solucións. 00:00:42.120 --> 00:00:43.376 Comecemos co feito 00:00:43.400 --> 00:00:46.656 de que moitos remedios non funcionan a quen se lles receitan. 00:00:46.680 --> 00:00:51.296 Os 10 medicamentos máis vendidos este ano nos Estados Unidos 00:00:51.320 --> 00:00:54.936 só benefician a entre un de cada catro e un de cada 23 dos que os toman. 00:00:54.960 --> 00:00:58.976 É estupendo se es o número un, pero... que pasa cos demais? 00:00:59.000 --> 00:01:01.996 E o que é peor, os medicamentos, aínda cando non funcionan, 00:01:02.040 --> 00:01:03.496 poden ter efectos secundarios. 00:01:03.496 --> 00:01:05.470 Por exemplo, a aspirina; un de cada catro 00:01:05.470 --> 00:01:08.376 dos que a toman para reducir o risco de doenza cardiovascular 00:01:08.400 --> 00:01:10.376 é, sen sabelo, resistente a ela 00:01:10.400 --> 00:01:13.376 e aínda así ten o mesmo risco de sufrir o sangrado intestinal 00:01:13.400 --> 00:01:15.160 que mata milleiros cada ano. 00:01:16.040 --> 00:01:19.016 Reaccións adversas coma esta son, 00:01:19.040 --> 00:01:22.436 segundo algunhas estimacións, a cuarta causa de morte nos EEUU. 00:01:22.820 --> 00:01:25.916 O meu avó faleceu tras unha soa dose de antibiótico 00:01:25.970 --> 00:01:27.976 que lle provocou un fallo renal. 00:01:28.000 --> 00:01:31.026 As reaccións adversas e os efectos secundarios 00:01:31.060 --> 00:01:34.016 están moitas veces relacionados coa dosificación 00:01:34.040 --> 00:01:37.776 Formeime en pediatría (xente pequena) e medicina interna (xente grande) 00:01:37.800 --> 00:01:40.216 Unha noite podía ter que estar na UCI pediátrica, 00:01:40.240 --> 00:01:42.496 medindo á fracción do miligramo 00:01:42.520 --> 00:01:43.936 a medicación para un bebé; 00:01:43.960 --> 00:01:46.216 Á noite seguinte, na sala de urxencias, 00:01:46.240 --> 00:01:49.776 tratando un defensa de 180 quilos ou un fráxil paciente dunha residencia 00:01:49.800 --> 00:01:54.476 que, normalmente, recibirían a mesma dose de medicamento segundo o manual. 00:01:55.040 --> 00:01:58.376 Isto implica que, moitas das veces, estaría inframedicando o defensa 00:01:58.400 --> 00:02:01.416 e sobremedicando o paciente da residencia. 00:02:01.440 --> 00:02:02.816 E ademais da idade ou o peso 00:02:02.840 --> 00:02:05.800 tendemos a ignorar o sexo e a raza na dosificación. 00:02:06.680 --> 00:02:10.856 Alén disto, temos un reto enorme 00:02:10.880 --> 00:02:13.096 cos incumprimentos e a baixa adherencia. 00:02:13.120 --> 00:02:15.216 Moitos dos que precisamos medicación 00:02:15.240 --> 00:02:18.056 non a estamos tomando ou estámolo a facer mal. 00:02:18.080 --> 00:02:20.776 Nos EE.UU., o 40% dos adultos maiores de 65 anos 00:02:20.800 --> 00:02:23.256 teñen prescritos 5 medicamentos ou máis. 00:02:23.280 --> 00:02:24.616 Ás veces máis de 15. 00:02:24.640 --> 00:02:30.120 E incluso pequenas melloras na adherencia poden salvar moitos cartos e vidas. 00:02:31.440 --> 00:02:34.496 Así que, cando pensamos no futuro, 00:02:34.520 --> 00:02:36.296 cremos que aí é onde estamos hoxe, 00:02:36.300 --> 00:02:40.156 pois a miúdo oímos falar de fármacos intelixentes, personalizados, dirixidos, 00:02:40.160 --> 00:02:42.420 do Internet das Cousas, a terapia xénica, a IA, 00:02:42.420 --> 00:02:44.970 que chegamos á era da medicina de precisión. 00:02:45.080 --> 00:02:46.776 En realidade, aínda vivimos 00:02:46.800 --> 00:02:49.776 nunha era de empirismo, de ensaio-erro, de medicina imprecisa. 00:02:49.800 --> 00:02:51.096 Podemos facelo mellor. 00:02:51.120 --> 00:02:55.496 E se reimaxinásemos o xeito de que tomar as menciñas fose moito máis doado? 00:02:55.520 --> 00:02:59.136 De tomar as doses e combinacións que mellor funcionan para ti? 00:02:59.160 --> 00:03:01.856 E se puidésemos deixar atrás a realidade 00:03:01.880 --> 00:03:04.656 dos cortadores de pastillas e as máquinas de fax 00:03:04.680 --> 00:03:07.496 e comezar a obter mellores resultados con custos máis baixos 00:03:07.520 --> 00:03:10.520 e salvar vidas e aforrar espazo na túa caixa de urxencias? 00:03:11.440 --> 00:03:14.256 Coido que parte da solución está nas novas formas 00:03:14.280 --> 00:03:17.776 nas que podemos medir e compartir a información sobre a nosa saúde. 00:03:17.800 --> 00:03:20.856 Vivimos nun mundo reactivo, de coidado dos enfermos, 00:03:20.880 --> 00:03:23.136 onde a información fica almacenada. 00:03:23.160 --> 00:03:26.136 Temos o potencial de mudalo a un mundo dinámico, 00:03:26.160 --> 00:03:28.416 proactivo, de verdadeiro coidado da saúde. 00:03:28.440 --> 00:03:31.616 Parte diso comeza co mundo emerxente do eu cuantificado. 00:03:31.640 --> 00:03:34.896 Podemos medir moito da nosa fisioloxía e dos nosos costumes, 00:03:34.920 --> 00:03:37.136 que moitas veces fica nos nosos móbiles, 00:03:37.160 --> 00:03:40.136 pero estamos comezando a conectar cos médicos e os coidadores 00:03:40.160 --> 00:03:43.360 para que poidan optimizar a prevención, o diagnóstico e a terapia. 00:03:44.680 --> 00:03:47.780 E cando o consigamos, poderemos facer outras cousas interesantes. 00:03:47.780 --> 00:03:49.816 Tomemos, por exemplo, a hipertensión. 00:03:49.840 --> 00:03:53.656 É o primeiro factor de risco de morte prematura e morbilidade no mundo. 00:03:53.680 --> 00:03:56.976 Arredor da metade dos norteamericanos adultos teñen hipertensión. 00:03:57.000 --> 00:03:59.016 Menos da metade téñena ben controlada. 00:03:59.040 --> 00:04:02.517 Isto ocorre porque ás veces fan falta dous ou tres tipos de medicamentos. 00:04:02.541 --> 00:04:05.856 E é difícil axustar as doses e seguir os tratamentos. 00:04:05.880 --> 00:04:08.880 Cada día, hai 500 mortes evitables nos Estados Unidos 00:04:08.880 --> 00:04:10.896 debido á hipertensión non controlada. 00:04:10.920 --> 00:04:13.778 Pero agora estamos na era do medidor de tensión conectado. 00:04:13.778 --> 00:04:17.466 A FDA vén de aprobar un medidor de tensión que pode colocarse no teu reloxo. 00:04:17.560 --> 00:04:21.055 Existen prototipos de medidores baseados na tecnoloxía do radar 00:04:21.079 --> 00:04:23.736 que poden compartir en directo a túa presión sanguínea 00:04:23.760 --> 00:04:25.216 Así que, no futuro, podería, 00:04:25.216 --> 00:04:27.687 no canto de medir a miña tensión nun centro de saúde, 00:04:27.687 --> 00:04:30.507 o meu doutor podería ver os meus datos en tempo real 00:04:30.531 --> 00:04:32.696 e axustalos segundo fose necesario, 00:04:32.720 --> 00:04:35.136 coa axuda dun algoritmo dosificador para a presión 00:04:35.160 --> 00:04:36.716 ou usando o Internet das Cousas. 00:04:37.520 --> 00:04:40.896 Pero hoxe a tecnoloxía pode facer incluso máis. 00:04:40.920 --> 00:04:43.296 O meu reloxo intelixente ten unha función ECG 00:04:43.320 --> 00:04:46.656 que pode ser interpretada pola intelixencia artificial. 00:04:46.680 --> 00:04:49.466 Levo un pequeno adhesivo, do tamaño dun parche, 00:04:49.466 --> 00:04:51.896 que está a emitir os meus signos vitais en directo. 00:04:51.896 --> 00:04:53.136 Botémoslle un ollo. 00:04:53.160 --> 00:04:55.576 A verdade é que son un pouco preocupantes. 00:04:55.600 --> 00:04:57.896 (Risos) 00:04:57.920 --> 00:05:00.336 Ben, non son só os meus signos vitais actuais 00:05:00.360 --> 00:05:02.536 os que o meu equipo médico ou eu podemos ver, 00:05:02.560 --> 00:05:04.256 podería ser todo o meu historial, 00:05:04.280 --> 00:05:08.256 e, de novo, podería usarse para modificar a medicación e a dose no futuro. 00:05:08.280 --> 00:05:10.696 Incluso o meu peso pode ser cuantificable; 00:05:10.720 --> 00:05:12.486 o meu peso, a miña figura, 00:05:12.520 --> 00:05:16.876 canta masa, graxa, músculo debería ter, 00:05:16.876 --> 00:05:19.920 e usar esta información para optimizar a prevención ou a terapia. 00:05:20.800 --> 00:05:22.616 E non é só para os máis tecnolóxicos. 00:05:22.640 --> 00:05:25.776 Os enxeñeiros do MIT veñen de modificar a wifi 00:05:25.800 --> 00:05:29.256 para que poidamos recoller e conectar os nosos signos vitais 00:05:29.280 --> 00:05:31.536 dende aneis conectados e colchóns intelixentes. 00:05:31.536 --> 00:05:34.256 Podemos comezar a compartir esta información, o digitome, 00:05:34.280 --> 00:05:37.496 e compartir a nosa información sanitaria mediante crowdsourcing 00:05:37.520 --> 00:05:39.976 igual que compartimos a condución con Google Maps, 00:05:40.000 --> 00:05:43.720 para mellorar a nosa experiencia global de saúde. 00:05:44.880 --> 00:05:46.296 Así que, xenial, 00:05:46.320 --> 00:05:48.616 podemos recoller esta información. 00:05:48.640 --> 00:05:52.386 E se os laboratorios puidesen ir dende as súas centrais 00:05:52.410 --> 00:05:54.976 ao teu fogar, ao teu móbil, mesmo ao interior do corpo 00:05:55.000 --> 00:05:58.016 para medir os niveis de fármacos ou outros parámetros? 00:05:58.016 --> 00:06:00.106 E, por suposto, estamos na era da xenómica. 00:06:00.106 --> 00:06:03.080 Eu secuenciei o meu xenoma, hoxe custa menos de 1.000 dólares. 00:06:03.080 --> 00:06:05.436 E podo comezar a entender a miña farmacoxenética, 00:06:05.446 --> 00:06:08.236 como os meus xenes determinan se preciso máis ou menos dose 00:06:08.240 --> 00:06:10.226 ou un tratamento completamente diferente. 00:06:10.230 --> 00:06:13.056 Imaxina que o teu médico ou o teu farmacéutico 00:06:13.080 --> 00:06:15.736 teñen esta información integrada no fluxo de traballo, 00:06:15.760 --> 00:06:19.616 aumentada coa intelixencia artificial, IA, ou como eu lle chamo, AI 00:06:19.640 --> 00:06:21.216 aumento da intelixencia, 00:06:21.240 --> 00:06:22.656 para poder aproveitala, 00:06:22.680 --> 00:06:25.256 para entender, dos máis de 18.000 fármacos aprobados, 00:06:25.280 --> 00:06:28.616 cal sería a dose e a combinación correctas para ti. 00:06:28.640 --> 00:06:31.656 Ben, quizais agora poidamos optimizar a medicación e a dose, 00:06:31.680 --> 00:06:34.823 pero o problema hoxe é que aínda usamos esta tecnoloxía para facer 00:06:34.847 --> 00:06:36.736 o seguimento dos nosos medicamentos. 00:06:36.760 --> 00:06:39.336 Por suposto, esta tecnoloxía evoluciona, 00:06:39.360 --> 00:06:42.496 hai dispensadores conectados, aplicacións de recordatorio, 00:06:42.496 --> 00:06:45.620 tapas intelixentes que poden mandarche un chío, a ti ou á túa nai 00:06:45.620 --> 00:06:47.416 se non tomaches a túa menciña. 00:06:47.440 --> 00:06:49.256 Amazon vén de adquirir PillPack, 00:06:49.280 --> 00:06:53.776 así que pronto teremos envío nun día de medicamentos, repartidos por dron. 00:06:53.800 --> 00:06:55.976 Todas estas cousas son hoxe posibles, 00:06:56.000 --> 00:06:57.946 pero aínda tomamos unha chea de pílulas. 00:06:57.946 --> 00:06:59.600 E se puidésemos facelo máis doado? 00:06:59.600 --> 00:07:02.566 Coido que unha das solucións é usar mellor a polipílula. 00:07:02.566 --> 00:07:06.096 Unha polipílula é a integración de varios fármacos nunha soa pílula. 00:07:06.120 --> 00:07:09.616 Xa as usamos hoxe nas menciñas contra a gripe e os catarros. 00:07:09.640 --> 00:07:12.136 E existen estudos de prevención con polipílulas, 00:07:12.160 --> 00:07:14.816 nos que a combinación de estatinas, tensión, aspirina 00:07:14.840 --> 00:07:16.896 demostrou en estudos aleatorizados 00:07:16.920 --> 00:07:19.226 reducir moito o risco, comparado co placebo. 00:07:19.226 --> 00:07:23.086 Pero estas polipílulas non eran personalizadas, optimizadas ao individuo. 00:07:23.086 --> 00:07:25.736 E se puidésemos personalizar a túa polipílula? 00:07:25.760 --> 00:07:29.096 Estaría feita para ti, baseada en ti, podería adaptarse a ti, 00:07:29.120 --> 00:07:30.896 todos e cada un dos días. 00:07:30.920 --> 00:07:34.856 Agora estamos na era da impresión 3D. Podes imprimir próteses personalizadas, 00:07:34.880 --> 00:07:36.496 audiófonos, aparatos ortopédicos, 00:07:36.520 --> 00:07:39.976 a min incluso me escanearon para facerme uns vaqueiros a medida. 00:07:40.000 --> 00:07:41.296 Isto fíxome pensar... 00:07:41.320 --> 00:07:44.816 e se puidésemos imprimir a túa polipílula personalizada en 3D? 00:07:44.840 --> 00:07:47.216 Así, no canto de tomar seis menciñas, por exemplo, 00:07:47.240 --> 00:07:48.856 poderías combinalas nunha soa. 00:07:48.900 --> 00:07:51.286 Sería máis doada de tomar, melloraría a adherencia 00:07:51.310 --> 00:07:53.940 e sería posible incluso integrar suplementos, 00:07:53.964 --> 00:07:57.136 como a vitamina D ou o CoQ10. 00:07:57.160 --> 00:07:58.770 Así que, con algunha axuda, 00:07:58.770 --> 00:08:00.090 eu chámolles "IntelliMeds", 00:08:00.090 --> 00:08:02.736 e a axuda do meu equipo de enxeñeiros de IntelliMedicine 00:08:02.760 --> 00:08:05.726 construímos o primeiro prototipo de impresora IntelliMedicine. 00:08:05.920 --> 00:08:07.136 E así é como funciona: 00:08:07.160 --> 00:08:09.536 no canto de blísters, hai pequenas micromenciñas, 00:08:09.560 --> 00:08:11.016 dun ou dous miligramos, 00:08:11.040 --> 00:08:14.056 que se ordenan e seleccionan en base á dose e combinación 00:08:14.080 --> 00:08:15.696 necesaria para un individuo. 00:08:15.720 --> 00:08:18.176 Por suposto, habería doses e combinacións 00:08:18.200 --> 00:08:20.656 que xa estarían dispoñibles, as aprobadas pola FDA. 00:08:20.680 --> 00:08:22.496 Podemos cambiar a farmacocinética, 00:08:22.520 --> 00:08:26.480 superpoñendo profesionalmente diferentes elementos nas micromenciñas individuais. 00:08:27.560 --> 00:08:29.216 E, cando prememos imprimir, 00:08:29.240 --> 00:08:34.006 imprimes a combinación de medicamentos que poderías precisar un día calquera. 00:08:34.280 --> 00:08:38.176 Comezariamos con fármacos xenéricos para os problemas máis comúns. 00:08:38.200 --> 00:08:41.856 Case o 90% dos medicamentos que se prescriben son xenéricos de baixo custo. 00:08:41.880 --> 00:08:45.216 E unha vez que temos a pílula impresa, podemos facer cousas divertidas. 00:08:45.240 --> 00:08:47.496 Podemos imprimir o nome do paciente, 00:08:47.520 --> 00:08:50.056 a data, o día da semana, un código QR. 00:08:50.080 --> 00:08:54.096 Podemos imprimir menciñas diferentes para reducir a dose de esteroides dun paciente, 00:08:54.120 --> 00:08:56.936 ou para reducir as medicacións para a dor. 00:08:56.960 --> 00:09:01.936 Esta é unha ollada ao noso prototipo de impresora IntelliMedicine. 00:09:01.960 --> 00:09:03.936 Vouna desvelar. 00:09:03.960 --> 00:09:06.896 Ten uns 16 silos diferentes, 00:09:06.920 --> 00:09:09.520 cada un con micromenciñas individuais. 00:09:10.680 --> 00:09:14.896 Agora podo axustar co software as doses individuais. 00:09:14.920 --> 00:09:18.376 E cando o fago, o brazo robótico axusta 00:09:18.400 --> 00:09:21.496 a abertura destas cápsulas para que liberen as micromenciñas. 00:09:21.520 --> 00:09:23.056 Agora podo -- 00:09:23.080 --> 00:09:25.576 O proceso automatizado vai rotar 00:09:25.576 --> 00:09:27.490 para asegurar que se cargan as menciñas. 00:09:27.500 --> 00:09:29.256 E, cando premo imprimir, 00:09:29.280 --> 00:09:31.696 caerá a través da máquina, 00:09:31.720 --> 00:09:35.336 e agora recollo a miña polipílula personalizada 00:09:35.336 --> 00:09:39.336 coa medicación e a dose específicas para min. 00:09:39.360 --> 00:09:41.976 E podemos botar unha ollada, se mirades a presentación, 00:09:42.000 --> 00:09:45.976 podedes ver o proceso enteiro, como se seleccionan os silos das menciñas, 00:09:46.000 --> 00:09:47.976 as pastillas caendo dos diferentes silos, 00:09:48.000 --> 00:09:50.816 e xuntándose na cápsula individual. 00:09:50.840 --> 00:09:52.536 Isto é xenial, 00:09:52.560 --> 00:09:54.616 podo imprimir as menciñas feitas para min 00:09:54.616 --> 00:09:56.016 en vez de tomar seis pílulas. 00:09:56.040 --> 00:09:59.176 Agora podo controlar a miña dosificación. 00:09:59.200 --> 00:10:01.376 O meu reloxo está medindo a miña tensión: 00:10:01.376 --> 00:10:04.800 preciso axustar a miña menciña para controlala, o meu nivel de Coumadin. 00:10:04.810 --> 00:10:06.696 O meu sangue está diluído, 00:10:06.720 --> 00:10:10.296 así que baixo na miña micromenciña a dose de Coumadin, un anticoagulante. 00:10:10.320 --> 00:10:12.496 E podería adaptarse así todos os días, 00:10:12.520 --> 00:10:15.176 de maneira controlada polo meu médico ou cardiólogo. 00:10:15.200 --> 00:10:18.776 Podedes imaxinar impresoras máis grandes, rápidas coma esta, 00:10:18.800 --> 00:10:21.456 na farmacia da esquina, 00:10:21.490 --> 00:10:23.850 na consulta do médico, nun centro de saúde rural. 00:10:23.860 --> 00:10:27.736 Pero co tempo poderán facerse máis pequenas e colocarse no teu fogar, 00:10:27.760 --> 00:10:31.136 con cartuchos integrados coma este, que serían repartidos por dron. 00:10:31.160 --> 00:10:33.216 Poderías imprimir a túa propia polipílula, 00:10:33.240 --> 00:10:36.536 cada mañá na túa cociña ou no armario do teu baño. 00:10:36.560 --> 00:10:38.376 E podería evolucionar, penso, 00:10:38.400 --> 00:10:42.216 nun xeito incrible de mellorar a adherencia das menciñas en todo o mundo. 00:10:42.240 --> 00:10:46.256 Agardo que poidamos reimaxinar o futuro da medicina de novas maneiras 00:10:46.280 --> 00:10:47.816 pasando da polifarmacia, 00:10:47.840 --> 00:10:51.296 as doses únicas, a baixa adherencia e as complicacións 00:10:51.320 --> 00:10:55.376 a unha era de medicacións personalizadas, precisas e baixo demanda, 00:10:55.400 --> 00:10:58.776 que poidan levarnos a individualizar a nosa propia saúde 00:10:58.800 --> 00:11:01.496 e a saúde e a medicina en todo o planeta. 00:11:01.520 --> 00:11:02.776 Moitas grazas. 00:11:02.800 --> 00:11:08.320 (Aplausos) 00:11:09.880 --> 00:11:11.936 Presentadora: Daniel, iso é incrible. 00:11:11.960 --> 00:11:13.176 Realmente xenial. 00:11:13.200 --> 00:11:14.576 Pero teño unha pregunta. 00:11:14.600 --> 00:11:18.136 Canto pasará ata que o paciente da residencia que mencionaches 00:11:18.160 --> 00:11:20.736 sexa capaz de imprimir as súas propias pílulas? 00:11:20.760 --> 00:11:23.536 Daniel Kraft: Ben, isto é só un prototipo. 00:11:23.560 --> 00:11:26.696 Pensamos que o camiño para regulalo será o proceso automatizado, 00:11:26.720 --> 00:11:29.990 sobre todo, nas residencias, onde a xente toma moitas menciñas 00:11:29.990 --> 00:11:31.280 que ás veces se mesturan, 00:11:31.280 --> 00:11:34.370 así que sería un lugar perfecto para comezar con esta tecnoloxía. 00:11:34.370 --> 00:11:37.620 Non van evolucionar e comezar con impresoras no armario do teu baño. 00:11:37.620 --> 00:11:40.540 Precisamos ser intelixentes e listos ao manexar estas cousas, 00:11:40.540 --> 00:11:44.020 pero decatándonos dos retos coa dosificación, a adherencia e a precisión, 00:11:44.020 --> 00:11:47.820 e agora que temos estas novas tecnoloxías que podemos aproveitar e integrar, 00:11:47.820 --> 00:11:51.780 coido que precisamos novos enfoques como este para activar e fomentar 00:11:51.780 --> 00:11:53.880 un verdadeiro futuro da saúde e da medicina. 00:11:53.880 --> 00:11:56.336 Presentadora: Moi ben, grazas. Daniel Kraft: Grazas. 00:11:56.336 --> 00:11:58.840 (Aplausos)