0:00:00.000,0:00:02.059 Ola a todos. 0:00:02.133,0:00:03.351 Chámome Matt Cutts, 0:00:03.375,0:00:06.976 e traballei para Google[br]durante case 17 anos. 0:00:07.480,0:00:09.726 Ao ser un enxeñeiro destacado, 0:00:09.750,0:00:13.325 estiven bastante arriba[br]no ecosistema de Sillicon Valley. 0:00:13.917,0:00:16.748 Entón decidín ir tras persoas inspiradoras 0:00:16.958,0:00:20.807 e pasar unha curta etapa[br]no US Digital Service. 0:00:21.042,0:00:24.226 Son o grupo de friquis que axudaron[br]a rescatar HealthCare.gov 0:00:24.250,0:00:27.484 cando ese sitio web se colgou en 2013. 0:00:28.042,0:00:28.981 Si. 0:00:29.333,0:00:31.934 Asinei por un período[br]de tres a seis meses, 0:00:31.958,0:00:34.393 e case tres anos máis tarde, 0:00:34.417,0:00:36.295 sigo en Washington DC, 0:00:36.500,0:00:38.226 traballando para o goberno federal, 0:00:38.250,0:00:41.614 porque agora mesmo [br]cómprenlle moito os tecnólogos. 0:00:42.167,0:00:43.434 Na empresa anterior, 0:00:43.458,0:00:46.059 tódalas salas tiñan equipo[br]de videoconferencia 0:00:46.083,0:00:48.268 coa axenda integrada, 0:00:48.292,0:00:51.673 o cableado ía por dentro dos mobles. 0:00:52.417,0:00:54.690 Cando me trasladei[br]a unha axencia gobernamental, 0:00:54.690,0:00:58.048 tiña que chamar a unha persoa [br]para facer unha conferencia telefónica. 0:00:58.048,0:00:59.774 E cando nos mudamos a outra oficina, 0:00:59.788,0:01:01.559 estivemos un tempo sen mobles, 0:01:01.583,0:01:04.250 así que poñíamos o teléfono[br]enriba dunha papeleira. 0:01:05.625,0:01:08.893 Unha das cousas que máis me sorprendeu[br]cando fun para Washington 0:01:08.917,0:01:12.667 foi a cantidade de papeis[br]que xestiona a Administración. 0:01:13.500,0:01:15.518 Estas son as instalacións[br]de Winston-Salem, 0:01:15.542,0:01:16.934 en Carolina do Norte, 0:01:16.958,0:01:18.518 onde estaban preocupados 0:01:18.542,0:01:21.976 por que o edificio non aguantase 0:01:22.000,0:01:24.091 co peso de todo ese papel. 0:01:24.292,0:01:25.010 Si. 0:01:25.169,0:01:26.851 O papel ten certas desvantaxes. 0:01:26.875,0:01:28.143 Pregunta sorpresa: 0:01:28.167,0:01:32.101 Se o voso apelido comeza por H[br]ou unha letra posterior, 0:01:32.125,0:01:35.125 poderiades erguer a man? 0:01:36.547,0:01:37.554 Vaites! 0:01:37.554,0:01:38.686 Teño malas noticias. 0:01:38.686,0:01:40.494 Pode que o voso historial de veterano 0:01:40.494,0:01:42.768 se perdese nun incendio en 1973. 0:01:42.792,0:01:43.809 (Risas) 0:01:43.833,0:01:44.655 Si. 0:01:44.845,0:01:49.539 En papel, os procesos van máis lentos[br]e cométense máis erros. 0:01:49.958,0:01:50.946 Se es un veterano 0:01:50.970,0:01:52.921 que solicita a súa prestación sanitaria 0:01:52.921,0:01:54.613 por medio dun formulario en papel, 0:01:54.613,0:01:58.338 poderías ter que agardar meses[br]a que o procesen. 0:01:58.875,0:02:01.148 Nós substituímolo[br]por un formulario en liña, 0:02:01.148,0:02:03.042 e agora na maioría dos casos[br]poden saber 0:02:03.042,0:02:05.393 se teñen dereito á prestación 0:02:05.417,0:02:06.774 en dez minutos. 0:02:06.958,0:02:08.713 (Aplausos) 0:02:09.486,0:02:11.708 Esta é outra iniciativa[br]da que estou orgulloso. 0:02:11.708,0:02:14.086 Colaboramos coa Administración[br]da Pequena Empresa, 0:02:14.086,0:02:17.226 axudándolles nun dos seus sistemas[br]a pasar do papel ao dixital. 0:02:17.250,0:02:19.226 Nesta foto vemos como era antes. 0:02:19.250,0:02:21.463 E así é como quedou despois. 0:02:21.750,0:02:24.184 Os mesmos cubículos e a mesma xente, 0:02:24.208,0:02:26.500 pero cun sistema mellor para todos. 0:02:27.417,0:02:30.643 Nunha ocasión, quixemos celebrar[br]que modernizáramos outro sistema, 0:02:30.667,0:02:32.499 e fomos a unha tenda local 0:02:32.499,0:02:34.226 e dixemos: "Podedes facer un pastel 0:02:34.250,0:02:36.831 decorado co formulario[br]que dixitalizamos?" 0:02:37.208,0:02:40.768 Aos da tenda amoscounos bastante[br]ese encargo. 0:02:40.792,0:02:43.723 Pedíronnos unha carta en papel timbrado. 0:02:43.777,0:02:47.059 Ben, como traballamos para o goberno[br]escribimos unha carta que poñía: 0:02:47.059,0:02:49.630 "Pode vostede facer uso[br]deste formulario público 0:02:49.630,0:02:52.486 sobre un pastel con fins conmemorativos." 0:02:52.486,0:02:53.856 (Risas) 0:02:54.607,0:02:57.601 Deu pé a algún chiste malo[br]sobre cubrir pasteis por triplicado. 0:02:57.625,0:02:59.790 Si, fanse chistes sen graza[br]na administración. 0:02:59.790,0:03:02.309 Ben, falei moito sobre papeis, 0:03:02.333,0:03:05.976 pero nós tamén restablecemos[br]sistemas informáticos que se colgan. 0:03:06.000,0:03:08.351 Aportamos prácticas modernas, 0:03:08.375,0:03:11.601 como o deseño centrado no usuario[br]e a nube, 0:03:11.625,0:03:14.285 e tamén axudamos a mellorar[br]os procesos de adquisición. 0:03:14.500,0:03:17.351 Resulta que o goberno compra[br]programas informáticos 0:03:17.375,0:03:22.143 igual que compra cadeiras,[br]biscoitos ou tanques: 0:03:22.167,0:03:26.838 aplicando regulamentos de xestión[br]de máis de mil páxinas. 0:03:27.267,0:03:30.976 Si, certas cousas da Administración[br]están algo atrapalladas. 0:03:31.000,0:03:34.143 Pero se pensades que Sillicon Valley[br]é o salvador nesta historia, 0:03:34.167,0:03:35.032 (Ri) 0:03:35.458,0:03:37.008 ides descamiñados. 0:03:37.250,0:03:40.101 Algunhas das mentes máis brillantes[br]no ámbito das tecnoloxías 0:03:40.101,0:03:42.225 están creando empresas[br]de reparto de comida, 0:03:42.225,0:03:43.097 de patinetes, 0:03:43.097,0:03:47.309 ou no mellor método de distribuír maría. 0:03:47.333,0:03:50.875 De verdade que iso é o máis importante[br]neste momento? 0:03:51.792,0:03:55.777 A Sillicon Valley gústalle falar[br]de facer do mundo un lugar mellor. 0:03:55.917,0:03:59.620 Pero percibes o teu impacto[br]dun xeito moito máis intenso 0:03:59.708,0:04:00.958 na Administración. 0:04:02.042,0:04:04.809 Este é alguén que perdeu a seu pai. 0:04:04.833,0:04:06.851 Buscoume en Twitter 0:04:06.875,0:04:09.893 para dicirme que un sistema[br]que nós melloráramos 0:04:09.917,0:04:12.375 funcionou ben no seu caso[br]nun momento moi duro. 0:04:13.333,0:04:16.434 É neses momentos duros[br]cando ten que funcionar a Administración. 0:04:16.458,0:04:19.309 Por iso necesitamos innovar neste eido. 0:04:19.333,0:04:20.857 Teño que confesarvos algo. 0:04:20.881,0:04:22.226 Cando vin á capital, 0:04:22.250,0:04:25.555 usaba ás veces palabras como burócrata. 0:04:26.125,0:04:27.393 Ultimamente 0:04:27.417,0:04:30.601 é máis probable que use[br]"servidor público". 0:04:30.625,0:04:33.518 Como Francine, que che pode facer chorar. 0:04:33.542,0:04:35.434 Polo menos a min fíxome chorar, 0:04:35.458,0:04:38.101 porque é realmente inspiradora. 0:04:38.125,0:04:41.903 Tamén estou profundamente[br]orgulloso dos meus colegas. 0:04:42.125,0:04:45.518 Non paran ata resolver situacións ilóxicas 0:04:45.542,0:04:48.875 botando as horas que faga falla[br]ata lograr o resultado desexado. 0:04:49.833,0:04:52.434 A Administración non pode pagar[br]grandes bonificacións, 0:04:52.458,0:04:55.456 así que inventamos[br]os nosos propios premios. 0:04:55.750,0:04:58.726 A nosa mascota é o cangrexo Molly. 0:04:58.750,0:05:02.316 E o premio é de feito[br]un bolso con forma de cangrexo 0:05:02.667,0:05:04.333 fixado a unha placa de metal. 0:05:06.208,0:05:09.059 Nos tempos que corren xa[br]non creo tanto en fórmulas máxicas 0:05:09.083,0:05:11.417 que o solucionan todo. 0:05:12.250,0:05:14.059 Creo máis 0:05:14.083,0:05:16.125 nas persoas que están aí para axudar. 0:05:16.570,0:05:17.476 (Aplausos) 0:05:17.476,0:05:20.018 Se buscades algo cun significado[br]profundo de verdade 0:05:20.042,0:05:24.851 e, para servos totalmente sincero,[br]ás veces terriblemente frustrante, 0:05:24.875,0:05:26.893 isto é o que tedes que saber. 0:05:26.917,0:05:29.805 Algo difícil e embarullado 0:05:30.718,0:05:33.136 e vital e máxico 0:05:33.854,0:05:36.893 acontece cando os funcionarios públicos[br]colaboran con tecnólogos 0:05:36.917,0:05:39.752 no nivel da cidade, do estado[br]ou de todo o país. 0:05:40.417,0:05:41.972 Non ten por que ser para sempre. 0:05:42.458,0:05:45.288 Pero podedes cambiar as cousas[br]no servizo público 0:05:45.792,0:05:46.826 desde xa. 0:05:47.417,0:05:48.401 Grazas. 0:05:48.708,0:05:50.419 (Aplausos)