WEBVTT 00:00:00.000 --> 00:00:02.059 Ola a todos. 00:00:02.133 --> 00:00:03.351 Chámome Matt Cutts, 00:00:03.375 --> 00:00:06.976 e traballei para Google durante case 17 anos. 00:00:07.480 --> 00:00:09.726 Ao ser un enxeñeiro destacado, 00:00:09.750 --> 00:00:13.325 estiven bastante arriba no ecosistema de Sillicon Valley. NOTE Paragraph 00:00:13.917 --> 00:00:16.748 Entón decidín ir tras persoas inspiradoras 00:00:16.958 --> 00:00:20.807 e pasar unha curta etapa no US Digital Service. 00:00:21.042 --> 00:00:24.226 Son o grupo de friquis que axudaron a rescatar HealthCare.gov 00:00:24.250 --> 00:00:27.484 cando ese sitio web se colgou en 2013. 00:00:28.042 --> 00:00:28.981 Si. 00:00:29.333 --> 00:00:31.934 Asinei por un período de tres a seis meses, 00:00:31.958 --> 00:00:34.393 e case tres anos máis tarde, 00:00:34.417 --> 00:00:36.295 sigo en Washington DC, 00:00:36.500 --> 00:00:38.226 traballando para o goberno federal, 00:00:38.250 --> 00:00:41.614 porque agora mesmo cómprenlle moito os tecnólogos. NOTE Paragraph 00:00:42.167 --> 00:00:43.434 Na empresa anterior, 00:00:43.458 --> 00:00:46.059 tódalas salas tiñan equipo de videoconferencia 00:00:46.083 --> 00:00:48.268 coa axenda integrada, 00:00:48.292 --> 00:00:51.673 o cableado ía por dentro dos mobles. 00:00:52.417 --> 00:00:54.690 Cando me trasladei a unha axencia gobernamental, 00:00:54.690 --> 00:00:58.048 tiña que chamar a unha persoa para facer unha conferencia telefónica. 00:00:58.048 --> 00:00:59.774 E cando nos mudamos a outra oficina, 00:00:59.788 --> 00:01:01.559 estivemos un tempo sen mobles, 00:01:01.583 --> 00:01:04.250 así que poñíamos o teléfono enriba dunha papeleira. NOTE Paragraph 00:01:05.625 --> 00:01:08.893 Unha das cousas que máis me sorprendeu cando fun para Washington 00:01:08.917 --> 00:01:12.667 foi a cantidade de papeis que xestiona a Administración. 00:01:13.500 --> 00:01:15.518 Estas son as instalacións de Winston-Salem, 00:01:15.542 --> 00:01:16.934 en Carolina do Norte, 00:01:16.958 --> 00:01:18.518 onde estaban preocupados 00:01:18.542 --> 00:01:21.976 por que o edificio non aguantase 00:01:22.000 --> 00:01:24.091 co peso de todo ese papel. 00:01:24.292 --> 00:01:25.010 Si. 00:01:25.169 --> 00:01:26.851 O papel ten certas desvantaxes. 00:01:26.875 --> 00:01:28.143 Pregunta sorpresa: 00:01:28.167 --> 00:01:32.101 Se o voso apelido comeza por H ou unha letra posterior, 00:01:32.125 --> 00:01:35.125 poderiades erguer a man? 00:01:36.547 --> 00:01:37.554 Vaites! 00:01:37.554 --> 00:01:38.686 Teño malas noticias. 00:01:38.686 --> 00:01:40.494 Pode que o voso historial de veterano 00:01:40.494 --> 00:01:42.768 se perdese nun incendio en 1973. NOTE Paragraph 00:01:42.792 --> 00:01:43.809 (Risas) NOTE Paragraph 00:01:43.833 --> 00:01:44.655 Si. 00:01:44.845 --> 00:01:49.539 En papel, os procesos van máis lentos e cométense máis erros. 00:01:49.958 --> 00:01:50.946 Se es un veterano 00:01:50.970 --> 00:01:52.921 que solicita a súa prestación sanitaria 00:01:52.921 --> 00:01:54.613 por medio dun formulario en papel, 00:01:54.613 --> 00:01:58.338 poderías ter que agardar meses a que o procesen. 00:01:58.875 --> 00:02:01.148 Nós substituímolo por un formulario en liña, 00:02:01.148 --> 00:02:03.042 e agora na maioría dos casos poden saber 00:02:03.042 --> 00:02:05.393 se teñen dereito á prestación 00:02:05.417 --> 00:02:06.774 en dez minutos. NOTE Paragraph 00:02:06.958 --> 00:02:08.713 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:02:09.486 --> 00:02:11.708 Esta é outra iniciativa da que estou orgulloso. 00:02:11.708 --> 00:02:14.086 Colaboramos coa Administración da Pequena Empresa, 00:02:14.086 --> 00:02:17.226 axudándolles nun dos seus sistemas a pasar do papel ao dixital. 00:02:17.250 --> 00:02:19.226 Nesta foto vemos como era antes. 00:02:19.250 --> 00:02:21.463 E así é como quedou despois. 00:02:21.750 --> 00:02:24.184 Os mesmos cubículos e a mesma xente, 00:02:24.208 --> 00:02:26.500 pero cun sistema mellor para todos. NOTE Paragraph 00:02:27.417 --> 00:02:30.643 Nunha ocasión, quixemos celebrar que modernizáramos outro sistema, 00:02:30.667 --> 00:02:32.499 e fomos a unha tenda local 00:02:32.499 --> 00:02:34.226 e dixemos: "Podedes facer un pastel 00:02:34.250 --> 00:02:36.831 decorado co formulario que dixitalizamos?" 00:02:37.208 --> 00:02:40.768 Aos da tenda amoscounos bastante ese encargo. 00:02:40.792 --> 00:02:43.723 Pedíronnos unha carta en papel timbrado. 00:02:43.777 --> 00:02:47.059 Ben, como traballamos para o goberno escribimos unha carta que poñía: 00:02:47.059 --> 00:02:49.630 "Pode vostede facer uso deste formulario público 00:02:49.630 --> 00:02:52.486 sobre un pastel con fins conmemorativos." NOTE Paragraph 00:02:52.486 --> 00:02:53.856 (Risas) NOTE Paragraph 00:02:54.607 --> 00:02:57.601 Deu pé a algún chiste malo sobre cubrir pasteis por triplicado. 00:02:57.625 --> 00:02:59.790 Si, fanse chistes sen graza na administración. NOTE Paragraph 00:02:59.790 --> 00:03:02.309 Ben, falei moito sobre papeis, 00:03:02.333 --> 00:03:05.976 pero nós tamén restablecemos sistemas informáticos que se colgan. 00:03:06.000 --> 00:03:08.351 Aportamos prácticas modernas, 00:03:08.375 --> 00:03:11.601 como o deseño centrado no usuario e a nube, 00:03:11.625 --> 00:03:14.285 e tamén axudamos a mellorar os procesos de adquisición. 00:03:14.500 --> 00:03:17.351 Resulta que o goberno compra programas informáticos 00:03:17.375 --> 00:03:22.143 igual que compra cadeiras, biscoitos ou tanques: 00:03:22.167 --> 00:03:26.838 aplicando regulamentos de xestión de máis de mil páxinas. 00:03:27.267 --> 00:03:30.976 Si, certas cousas da Administración están algo atrapalladas. 00:03:31.000 --> 00:03:34.143 Pero se pensades que Sillicon Valley é o salvador nesta historia, NOTE Paragraph 00:03:34.167 --> 00:03:35.032 (Ri) NOTE Paragraph 00:03:35.458 --> 00:03:37.008 ides descamiñados. 00:03:37.250 --> 00:03:40.101 Algunhas das mentes máis brillantes no ámbito das tecnoloxías 00:03:40.101 --> 00:03:42.225 están creando empresas de reparto de comida, 00:03:42.225 --> 00:03:43.097 de patinetes, 00:03:43.097 --> 00:03:47.309 ou no mellor método de distribuír maría. 00:03:47.333 --> 00:03:50.875 De verdade que iso é o máis importante neste momento? 00:03:51.792 --> 00:03:55.777 A Sillicon Valley gústalle falar de facer do mundo un lugar mellor. 00:03:55.917 --> 00:03:59.620 Pero percibes o teu impacto dun xeito moito máis intenso 00:03:59.708 --> 00:04:00.958 na Administración. NOTE Paragraph 00:04:02.042 --> 00:04:04.809 Este é alguén que perdeu a seu pai. 00:04:04.833 --> 00:04:06.851 Buscoume en Twitter 00:04:06.875 --> 00:04:09.893 para dicirme que un sistema que nós melloráramos 00:04:09.917 --> 00:04:12.375 funcionou ben no seu caso nun momento moi duro. 00:04:13.333 --> 00:04:16.434 É neses momentos duros cando ten que funcionar a Administración. 00:04:16.458 --> 00:04:19.309 Por iso necesitamos innovar neste eido. NOTE Paragraph 00:04:19.333 --> 00:04:20.857 Teño que confesarvos algo. 00:04:20.881 --> 00:04:22.226 Cando vin á capital, 00:04:22.250 --> 00:04:25.555 usaba ás veces palabras como burócrata. 00:04:26.125 --> 00:04:27.393 Ultimamente 00:04:27.417 --> 00:04:30.601 é máis probable que use "servidor público". 00:04:30.625 --> 00:04:33.518 Como Francine, que che pode facer chorar. 00:04:33.542 --> 00:04:35.434 Polo menos a min fíxome chorar, 00:04:35.458 --> 00:04:38.101 porque é realmente inspiradora. 00:04:38.125 --> 00:04:41.903 Tamén estou profundamente orgulloso dos meus colegas. 00:04:42.125 --> 00:04:45.518 Non paran ata resolver situacións ilóxicas 00:04:45.542 --> 00:04:48.875 botando as horas que faga falla ata lograr o resultado desexado. 00:04:49.833 --> 00:04:52.434 A Administración non pode pagar grandes bonificacións, 00:04:52.458 --> 00:04:55.456 así que inventamos os nosos propios premios. 00:04:55.750 --> 00:04:58.726 A nosa mascota é o cangrexo Molly. 00:04:58.750 --> 00:05:02.316 E o premio é de feito un bolso con forma de cangrexo 00:05:02.667 --> 00:05:04.333 fixado a unha placa de metal. NOTE Paragraph 00:05:06.208 --> 00:05:09.059 Nos tempos que corren xa non creo tanto en fórmulas máxicas 00:05:09.083 --> 00:05:11.417 que o solucionan todo. 00:05:12.250 --> 00:05:14.059 Creo máis 00:05:14.083 --> 00:05:16.125 nas persoas que están aí para axudar. 00:05:16.570 --> 00:05:17.476 (Aplausos) 00:05:17.476 --> 00:05:20.018 Se buscades algo cun significado profundo de verdade 00:05:20.042 --> 00:05:24.851 e, para servos totalmente sincero, ás veces terriblemente frustrante, 00:05:24.875 --> 00:05:26.893 isto é o que tedes que saber. 00:05:26.917 --> 00:05:29.805 Algo difícil e embarullado 00:05:30.718 --> 00:05:33.136 e vital e máxico 00:05:33.854 --> 00:05:36.893 acontece cando os funcionarios públicos colaboran con tecnólogos 00:05:36.917 --> 00:05:39.752 no nivel da cidade, do estado ou de todo o país. 00:05:40.417 --> 00:05:41.972 Non ten por que ser para sempre. 00:05:42.458 --> 00:05:45.288 Pero podedes cambiar as cousas no servizo público 00:05:45.792 --> 00:05:46.826 desde xa. NOTE Paragraph 00:05:47.417 --> 00:05:48.401 Grazas. NOTE Paragraph 00:05:48.708 --> 00:05:50.419 (Aplausos)