O que acontece cando un tecnólogo de Silicon Valley traballa para a Administración
-
0:00 - 0:02Ola a todos.
-
0:02 - 0:03Chámome Matt Cutts,
-
0:03 - 0:07e traballei para Google
durante case 17 anos. -
0:07 - 0:10Ao ser un enxeñeiro destacado,
-
0:10 - 0:13estiven bastante arriba
no ecosistema de Sillicon Valley. -
0:14 - 0:17Entón decidín ir tras persoas inspiradoras
-
0:17 - 0:21e pasar unha curta etapa
no US Digital Service. -
0:21 - 0:24Son o grupo de friquis que axudaron
a rescatar HealthCare.gov -
0:24 - 0:27cando ese sitio web se colgou en 2013.
-
0:28 - 0:29Si.
-
0:29 - 0:32Asinei por un período
de tres a seis meses, -
0:32 - 0:34e case tres anos máis tarde,
-
0:34 - 0:36sigo en Washington DC,
-
0:36 - 0:38traballando para o goberno federal,
-
0:38 - 0:42porque agora mesmo
cómprenlle moito os tecnólogos. -
0:42 - 0:43Na empresa anterior,
-
0:43 - 0:46tódalas salas tiñan equipo
de videoconferencia -
0:46 - 0:48coa axenda integrada,
-
0:48 - 0:52o cableado ía por dentro dos mobles.
-
0:52 - 0:55Cando me trasladei
a unha axencia gobernamental, -
0:55 - 0:58tiña que chamar a unha persoa
para facer unha conferencia telefónica. -
0:58 - 1:00E cando nos mudamos a outra oficina,
-
1:00 - 1:02estivemos un tempo sen mobles,
-
1:02 - 1:04así que poñíamos o teléfono
enriba dunha papeleira. -
1:06 - 1:09Unha das cousas que máis me sorprendeu
cando fun para Washington -
1:09 - 1:13foi a cantidade de papeis
que xestiona a Administración. -
1:14 - 1:16Estas son as instalacións
de Winston-Salem, -
1:16 - 1:17en Carolina do Norte,
-
1:17 - 1:19onde estaban preocupados
-
1:19 - 1:22por que o edificio non aguantase
-
1:22 - 1:24co peso de todo ese papel.
-
1:24 - 1:25Si.
-
1:25 - 1:27O papel ten certas desvantaxes.
-
1:27 - 1:28Pregunta sorpresa:
-
1:28 - 1:32Se o voso apelido comeza por H
ou unha letra posterior, -
1:32 - 1:35poderiades erguer a man?
-
1:37 - 1:38Vaites!
-
1:38 - 1:39Teño malas noticias.
-
1:39 - 1:40Pode que o voso historial de veterano
-
1:40 - 1:43se perdese nun incendio en 1973.
-
1:43 - 1:44(Risas)
-
1:44 - 1:45Si.
-
1:45 - 1:50En papel, os procesos van máis lentos
e cométense máis erros. -
1:50 - 1:51Se es un veterano
-
1:51 - 1:53que solicita a súa prestación sanitaria
-
1:53 - 1:55por medio dun formulario en papel,
-
1:55 - 1:58poderías ter que agardar meses
a que o procesen. -
1:59 - 2:01Nós substituímolo
por un formulario en liña, -
2:01 - 2:03e agora na maioría dos casos
poden saber -
2:03 - 2:05se teñen dereito á prestación
-
2:05 - 2:07en dez minutos.
-
2:07 - 2:09(Aplausos)
-
2:09 - 2:12Esta é outra iniciativa
da que estou orgulloso. -
2:12 - 2:14Colaboramos coa Administración
da Pequena Empresa, -
2:14 - 2:17axudándolles nun dos seus sistemas
a pasar do papel ao dixital. -
2:17 - 2:19Nesta foto vemos como era antes.
-
2:19 - 2:21E así é como quedou despois.
-
2:22 - 2:24Os mesmos cubículos e a mesma xente,
-
2:24 - 2:26pero cun sistema mellor para todos.
-
2:27 - 2:31Nunha ocasión, quixemos celebrar
que modernizáramos outro sistema, -
2:31 - 2:32e fomos a unha tenda local
-
2:32 - 2:34e dixemos: "Podedes facer un pastel
-
2:34 - 2:37decorado co formulario
que dixitalizamos?" -
2:37 - 2:41Aos da tenda amoscounos bastante
ese encargo. -
2:41 - 2:44Pedíronnos unha carta en papel timbrado.
-
2:44 - 2:47Ben, como traballamos para o goberno
escribimos unha carta que poñía: -
2:47 - 2:50"Pode vostede facer uso
deste formulario público -
2:50 - 2:52sobre un pastel con fins conmemorativos."
-
2:52 - 2:54(Risas)
-
2:55 - 2:58Deu pé a algún chiste malo
sobre cubrir pasteis por triplicado. -
2:58 - 3:00Si, fanse chistes sen graza
na administración. -
3:00 - 3:02Ben, falei moito sobre papeis,
-
3:02 - 3:06pero nós tamén restablecemos
sistemas informáticos que se colgan. -
3:06 - 3:08Aportamos prácticas modernas,
-
3:08 - 3:12como o deseño centrado no usuario
e a nube, -
3:12 - 3:14e tamén axudamos a mellorar
os procesos de adquisición. -
3:14 - 3:17Resulta que o goberno compra
programas informáticos -
3:17 - 3:22igual que compra cadeiras,
biscoitos ou tanques: -
3:22 - 3:27aplicando regulamentos de xestión
de máis de mil páxinas. -
3:27 - 3:31Si, certas cousas da Administración
están algo atrapalladas. -
3:31 - 3:34Pero se pensades que Sillicon Valley
é o salvador nesta historia, -
3:34 - 3:35(Ri)
-
3:35 - 3:37ides descamiñados.
-
3:37 - 3:40Algunhas das mentes máis brillantes
no ámbito das tecnoloxías -
3:40 - 3:42están creando empresas
de reparto de comida, -
3:42 - 3:43de patinetes,
-
3:43 - 3:47ou no mellor método de distribuír maría.
-
3:47 - 3:51De verdade que iso é o máis importante
neste momento? -
3:52 - 3:56A Sillicon Valley gústalle falar
de facer do mundo un lugar mellor. -
3:56 - 4:00Pero percibes o teu impacto
dun xeito moito máis intenso -
4:00 - 4:01na Administración.
-
4:02 - 4:05Este é alguén que perdeu a seu pai.
-
4:05 - 4:07Buscoume en Twitter
-
4:07 - 4:10para dicirme que un sistema
que nós melloráramos -
4:10 - 4:12funcionou ben no seu caso
nun momento moi duro. -
4:13 - 4:16É neses momentos duros
cando ten que funcionar a Administración. -
4:16 - 4:19Por iso necesitamos innovar neste eido.
-
4:19 - 4:21Teño que confesarvos algo.
-
4:21 - 4:22Cando vin á capital,
-
4:22 - 4:26usaba ás veces palabras como burócrata.
-
4:26 - 4:27Ultimamente
-
4:27 - 4:31é máis probable que use
"servidor público". -
4:31 - 4:34Como Francine, que che pode facer chorar.
-
4:34 - 4:35Polo menos a min fíxome chorar,
-
4:35 - 4:38porque é realmente inspiradora.
-
4:38 - 4:42Tamén estou profundamente
orgulloso dos meus colegas. -
4:42 - 4:46Non paran ata resolver situacións ilóxicas
-
4:46 - 4:49botando as horas que faga falla
ata lograr o resultado desexado. -
4:50 - 4:52A Administración non pode pagar
grandes bonificacións, -
4:52 - 4:55así que inventamos
os nosos propios premios. -
4:56 - 4:59A nosa mascota é o cangrexo Molly.
-
4:59 - 5:02E o premio é de feito
un bolso con forma de cangrexo -
5:03 - 5:04fixado a unha placa de metal.
-
5:06 - 5:09Nos tempos que corren xa
non creo tanto en fórmulas máxicas -
5:09 - 5:11que o solucionan todo.
-
5:12 - 5:14Creo máis
-
5:14 - 5:16nas persoas que están aí para axudar.
-
5:17 - 5:17(Aplausos)
-
5:17 - 5:20Se buscades algo cun significado
profundo de verdade -
5:20 - 5:25e, para servos totalmente sincero,
ás veces terriblemente frustrante, -
5:25 - 5:27isto é o que tedes que saber.
-
5:27 - 5:30Algo difícil e embarullado
-
5:31 - 5:33e vital e máxico
-
5:34 - 5:37acontece cando os funcionarios públicos
colaboran con tecnólogos -
5:37 - 5:40no nivel da cidade, do estado
ou de todo o país. -
5:40 - 5:42Non ten por que ser para sempre.
-
5:42 - 5:45Pero podedes cambiar as cousas
no servizo público -
5:46 - 5:47desde xa.
-
5:47 - 5:48Grazas.
-
5:49 - 5:50(Aplausos)
- Title:
- O que acontece cando un tecnólogo de Silicon Valley traballa para a Administración
- Speaker:
- Matt Cutts
- Description:
-
Que pasaría se a Administración se parecese máis a Silicon Valley? O enxeñeiro Matt Cutts cóntanos que o levou a deixar Google (onde levaba case 17 anos) para traballar para a Administración pública dos Estados Unidos e defende que, se queremos de verdade cambiar as cousas, temos que ir alí onde máis falla fai a nosa axuda.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 06:04
![]() |
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for What happens when a Silicon Valley technologist works for the government | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for What happens when a Silicon Valley technologist works for the government | |
![]() |
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for What happens when a Silicon Valley technologist works for the government | |
![]() |
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for What happens when a Silicon Valley technologist works for the government | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for What happens when a Silicon Valley technologist works for the government | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for What happens when a Silicon Valley technologist works for the government | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for What happens when a Silicon Valley technologist works for the government | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for What happens when a Silicon Valley technologist works for the government |