< Return to Video

A farmacia do futuro? Pílulas personalizadas, impresas en 3D na casa

  • 0:02 - 0:04
    Vivimos nunha nación medicada.
  • 0:04 - 0:09
    Médicos coma min prescribirán
    4.500 millóns de medicamentos
  • 0:10 - 0:11
    este ano, só nos Estados Unidos.
  • 0:11 - 0:14
    Iso son 15 para cada home, muller e neno.
  • 0:14 - 0:15
    E, para a maioría de nós,
  • 0:15 - 0:19
    a experiencia coa medicación é a miúdo
    un confuso número de pílulas,
  • 0:19 - 0:22
    instrucións, efectos secundarios
    e doses únicas,
  • 0:22 - 0:25
    que moitas veces non tomamos
    como nos prescribiron.
  • 0:25 - 0:27
    Isto supón un gasto tremendo
  • 0:27 - 0:30
    de tempo, cartos e saúde.
  • 0:30 - 0:33
    E nesta era exponencial,
    conectada e orientada aos datos,
  • 0:33 - 0:35
    coido que podemos e debemos facelo mellor.
  • 0:36 - 0:39
    Mergullémonos nalgúns dos retos que temos
  • 0:39 - 0:42
    e as súas posibles solucións.
  • 0:42 - 0:43
    Comecemos co feito
  • 0:43 - 0:47
    de que moitos remedios non funcionan
    a quen se lles receitan.
  • 0:47 - 0:51
    Os 10 medicamentos máis vendidos
    este ano nos Estados Unidos
  • 0:51 - 0:55
    só benefician a entre un de cada catro
    e un de cada 23 dos que os toman.
  • 0:55 - 0:59
    É estupendo se es o número un, pero...
    que pasa cos demais?
  • 0:59 - 1:02
    E o que é peor, os medicamentos,
    aínda cando non funcionan,
  • 1:02 - 1:03
    poden ter efectos secundarios.
  • 1:03 - 1:05
    Por exemplo, a aspirina; un de cada catro
  • 1:05 - 1:08
    dos que a toman para reducir
    o risco de doenza cardiovascular
  • 1:08 - 1:10
    é, sen sabelo, resistente a ela
  • 1:10 - 1:13
    e aínda así ten o mesmo risco
    de sufrir o sangrado intestinal
  • 1:13 - 1:15
    que mata milleiros cada ano.
  • 1:16 - 1:19
    Reaccións adversas coma esta son,
  • 1:19 - 1:22
    segundo algunhas estimacións,
    a cuarta causa de morte nos EEUU.
  • 1:23 - 1:26
    O meu avó faleceu
    tras unha soa dose de antibiótico
  • 1:26 - 1:28
    que lle provocou un fallo renal.
  • 1:28 - 1:31
    As reaccións adversas
    e os efectos secundarios
  • 1:31 - 1:34
    están moitas veces
    relacionados coa dosificación
  • 1:34 - 1:38
    Formeime en pediatría (xente pequena)
    e medicina interna (xente grande)
  • 1:38 - 1:40
    Unha noite podía ter que estar
    na UCI pediátrica,
  • 1:40 - 1:42
    medindo á fracción do miligramo
  • 1:43 - 1:44
    a medicación para un bebé;
  • 1:44 - 1:46
    Á noite seguinte, na sala de urxencias,
  • 1:46 - 1:50
    tratando un defensa de 180 quilos
    ou un fráxil paciente dunha residencia
  • 1:50 - 1:54
    que, normalmente, recibirían a mesma
    dose de medicamento segundo o manual.
  • 1:55 - 1:58
    Isto implica que, moitas das veces,
    estaría inframedicando o defensa
  • 1:58 - 2:01
    e sobremedicando o paciente da residencia.
  • 2:01 - 2:03
    E ademais da idade ou o peso
  • 2:03 - 2:06
    tendemos a ignorar
    o sexo e a raza na dosificación.
  • 2:07 - 2:11
    Alén disto, temos un reto enorme
  • 2:11 - 2:13
    cos incumprimentos e a baixa adherencia.
  • 2:13 - 2:15
    Moitos dos que precisamos medicación
  • 2:15 - 2:18
    non a estamos tomando
    ou estámolo a facer mal.
  • 2:18 - 2:21
    Nos EE.UU., o 40% dos adultos
    maiores de 65 anos
  • 2:21 - 2:23
    teñen prescritos 5 medicamentos ou máis.
  • 2:23 - 2:25
    Ás veces máis de 15.
  • 2:25 - 2:30
    E incluso pequenas melloras na adherencia
    poden salvar moitos cartos e vidas.
  • 2:31 - 2:34
    Así que, cando pensamos no futuro,
  • 2:35 - 2:36
    cremos que aí é onde estamos hoxe,
  • 2:36 - 2:40
    pois a miúdo oímos falar de fármacos
    intelixentes, personalizados, dirixidos,
  • 2:40 - 2:42
    do Internet das Cousas,
    a terapia xénica, a IA,
  • 2:42 - 2:45
    que chegamos
    á era da medicina de precisión.
  • 2:45 - 2:47
    En realidade, aínda vivimos
  • 2:47 - 2:50
    nunha era de empirismo, de ensaio-erro,
    de medicina imprecisa.
  • 2:50 - 2:51
    Podemos facelo mellor.
  • 2:51 - 2:55
    E se reimaxinásemos o xeito de que
    tomar as menciñas fose moito máis doado?
  • 2:56 - 2:59
    De tomar as doses e combinacións
    que mellor funcionan para ti?
  • 2:59 - 3:02
    E se puidésemos deixar atrás a realidade
  • 3:02 - 3:05
    dos cortadores de pastillas
    e as máquinas de fax
  • 3:05 - 3:07
    e comezar a obter mellores resultados
    con custos máis baixos
  • 3:08 - 3:11
    e salvar vidas e aforrar espazo
    na túa caixa de urxencias?
  • 3:11 - 3:14
    Coido que parte da solución
    está nas novas formas
  • 3:14 - 3:18
    nas que podemos medir e compartir
    a información sobre a nosa saúde.
  • 3:18 - 3:21
    Vivimos nun mundo reactivo,
    de coidado dos enfermos,
  • 3:21 - 3:23
    onde a información fica almacenada.
  • 3:23 - 3:26
    Temos o potencial de mudalo
    a un mundo dinámico,
  • 3:26 - 3:28
    proactivo, de verdadeiro coidado da saúde.
  • 3:28 - 3:32
    Parte diso comeza co mundo emerxente
    do eu cuantificado.
  • 3:32 - 3:35
    Podemos medir moito da nosa fisioloxía
    e dos nosos costumes,
  • 3:35 - 3:37
    que moitas veces fica nos nosos móbiles,
  • 3:37 - 3:40
    pero estamos comezando a conectar
    cos médicos e os coidadores
  • 3:40 - 3:43
    para que poidan optimizar a prevención,
    o diagnóstico e a terapia.
  • 3:45 - 3:48
    E cando o consigamos, poderemos
    facer outras cousas interesantes.
  • 3:48 - 3:50
    Tomemos, por exemplo, a hipertensión.
  • 3:50 - 3:54
    É o primeiro factor de risco de morte
    prematura e morbilidade no mundo.
  • 3:54 - 3:57
    Arredor da metade dos norteamericanos
    adultos teñen hipertensión.
  • 3:57 - 3:59
    Menos da metade téñena ben controlada.
  • 3:59 - 4:03
    Isto ocorre porque ás veces fan falta
    dous ou tres tipos de medicamentos.
  • 4:03 - 4:06
    E é difícil axustar as doses
    e seguir os tratamentos.
  • 4:06 - 4:09
    Cada día, hai 500 mortes evitables
    nos Estados Unidos
  • 4:09 - 4:11
    debido á hipertensión non controlada.
  • 4:11 - 4:14
    Pero agora estamos
    na era do medidor de tensión conectado.
  • 4:14 - 4:17
    A FDA vén de aprobar un medidor de tensión
    que pode colocarse no teu reloxo.
  • 4:18 - 4:21
    Existen prototipos de medidores
    baseados na tecnoloxía do radar
  • 4:21 - 4:24
    que poden compartir en directo
    a túa presión sanguínea
  • 4:24 - 4:25
    Así que, no futuro, podería,
  • 4:25 - 4:28
    no canto de medir a miña tensión
    nun centro de saúde,
  • 4:28 - 4:31
    o meu doutor podería ver os meus datos
    en tempo real
  • 4:31 - 4:33
    e axustalos segundo fose necesario,
  • 4:33 - 4:35
    coa axuda dun algoritmo dosificador
    para a presión
  • 4:35 - 4:37
    ou usando o Internet das Cousas.
  • 4:38 - 4:41
    Pero hoxe a tecnoloxía
    pode facer incluso máis.
  • 4:41 - 4:43
    O meu reloxo intelixente
    ten unha función ECG
  • 4:43 - 4:47
    que pode ser interpretada
    pola intelixencia artificial.
  • 4:47 - 4:49
    Levo un pequeno adhesivo,
    do tamaño dun parche,
  • 4:49 - 4:52
    que está a emitir
    os meus signos vitais en directo.
  • 4:52 - 4:53
    Botémoslle un ollo.
  • 4:53 - 4:56
    A verdade é que son un pouco preocupantes.
  • 4:56 - 4:58
    (Risos)
  • 4:58 - 5:00
    Ben, non son só os meus
    signos vitais actuais
  • 5:00 - 5:03
    os que o meu equipo médico
    ou eu podemos ver,
  • 5:03 - 5:04
    podería ser todo o meu historial,
  • 5:04 - 5:08
    e, de novo, podería usarse para modificar
    a medicación e a dose no futuro.
  • 5:08 - 5:11
    Incluso o meu peso pode ser cuantificable;
  • 5:11 - 5:12
    o meu peso, a miña figura,
  • 5:13 - 5:17
    canta masa, graxa, músculo debería ter,
  • 5:17 - 5:20
    e usar esta información para optimizar
    a prevención ou a terapia.
  • 5:21 - 5:23
    E non é só para os máis tecnolóxicos.
  • 5:23 - 5:26
    Os enxeñeiros do MIT
    veñen de modificar a wifi
  • 5:26 - 5:29
    para que poidamos recoller e conectar
    os nosos signos vitais
  • 5:29 - 5:32
    dende aneis conectados
    e colchóns intelixentes.
  • 5:32 - 5:34
    Podemos comezar a compartir
    esta información, o digitome,
  • 5:34 - 5:37
    e compartir a nosa información sanitaria
    mediante crowdsourcing
  • 5:38 - 5:40
    igual que compartimos a condución
    con Google Maps,
  • 5:40 - 5:44
    para mellorar a nosa experiencia
    global de saúde.
  • 5:45 - 5:46
    Así que, xenial,
  • 5:46 - 5:49
    podemos recoller esta información.
  • 5:49 - 5:52
    E se os laboratorios puidesen ir
    dende as súas centrais
  • 5:52 - 5:55
    ao teu fogar, ao teu móbil,
    mesmo ao interior do corpo
  • 5:55 - 5:58
    para medir os niveis de fármacos
    ou outros parámetros?
  • 5:58 - 6:00
    E, por suposto, estamos
    na era da xenómica.
  • 6:00 - 6:03
    Eu secuenciei o meu xenoma,
    hoxe custa menos de 1.000 dólares.
  • 6:03 - 6:05
    E podo comezar a entender
    a miña farmacoxenética,
  • 6:05 - 6:08
    como os meus xenes determinan
    se preciso máis ou menos dose
  • 6:08 - 6:10
    ou un tratamento completamente diferente.
  • 6:10 - 6:13
    Imaxina que o teu médico
    ou o teu farmacéutico
  • 6:13 - 6:16
    teñen esta información
    integrada no fluxo de traballo,
  • 6:16 - 6:20
    aumentada coa intelixencia artificial, IA,
    ou como eu lle chamo, AI
  • 6:20 - 6:21
    aumento da intelixencia,
  • 6:21 - 6:23
    para poder aproveitala,
  • 6:23 - 6:25
    para entender, dos máis de 18.000
    fármacos aprobados,
  • 6:25 - 6:29
    cal sería a dose e a combinación
    correctas para ti.
  • 6:29 - 6:32
    Ben, quizais agora poidamos optimizar
    a medicación e a dose,
  • 6:32 - 6:35
    pero o problema hoxe é que aínda
    usamos esta tecnoloxía para facer
  • 6:35 - 6:37
    o seguimento dos nosos medicamentos.
  • 6:37 - 6:39
    Por suposto, esta tecnoloxía evoluciona,
  • 6:39 - 6:42
    hai dispensadores conectados,
    aplicacións de recordatorio,
  • 6:42 - 6:46
    tapas intelixentes que poden mandarche
    un chío, a ti ou á túa nai
  • 6:46 - 6:47
    se non tomaches a túa menciña.
  • 6:47 - 6:49
    Amazon vén de adquirir PillPack,
  • 6:49 - 6:54
    así que pronto teremos envío nun día
    de medicamentos, repartidos por dron.
  • 6:54 - 6:56
    Todas estas cousas son hoxe posibles,
  • 6:56 - 6:58
    pero aínda tomamos
    unha chea de pílulas.
  • 6:58 - 7:00
    E se puidésemos facelo máis doado?
  • 7:00 - 7:03
    Coido que unha das solucións
    é usar mellor a polipílula.
  • 7:03 - 7:06
    Unha polipílula é a integración
    de varios fármacos nunha soa pílula.
  • 7:06 - 7:10
    Xa as usamos hoxe nas menciñas
    contra a gripe e os catarros.
  • 7:10 - 7:12
    E existen estudos de prevención
    con polipílulas,
  • 7:12 - 7:15
    nos que a combinación de estatinas,
    tensión, aspirina
  • 7:15 - 7:17
    demostrou en estudos aleatorizados
  • 7:17 - 7:19
    reducir moito o risco,
    comparado co placebo.
  • 7:19 - 7:23
    Pero estas polipílulas non eran
    personalizadas, optimizadas ao individuo.
  • 7:23 - 7:26
    E se puidésemos personalizar
    a túa polipílula?
  • 7:26 - 7:29
    Estaría feita para ti, baseada en ti,
    podería adaptarse a ti,
  • 7:29 - 7:31
    todos e cada un dos días.
  • 7:31 - 7:35
    Agora estamos na era da impresión 3D.
    Podes imprimir próteses personalizadas,
  • 7:35 - 7:36
    audiófonos, aparatos ortopédicos,
  • 7:37 - 7:40
    a min incluso me escanearon para facerme
    uns vaqueiros a medida.
  • 7:40 - 7:41
    Isto fíxome pensar...
  • 7:41 - 7:45
    e se puidésemos imprimir a túa polipílula
    personalizada en 3D?
  • 7:45 - 7:47
    Así, no canto de tomar seis menciñas,
    por exemplo,
  • 7:47 - 7:49
    poderías combinalas nunha soa.
  • 7:49 - 7:51
    Sería máis doada de tomar,
    melloraría a adherencia
  • 7:51 - 7:54
    e sería posible incluso
    integrar suplementos,
  • 7:54 - 7:57
    como a vitamina D ou o CoQ10.
  • 7:57 - 7:59
    Así que, con algunha axuda,
  • 7:59 - 8:00
    eu chámolles "IntelliMeds",
  • 8:00 - 8:03
    e a axuda do meu equipo
    de enxeñeiros de IntelliMedicine
  • 8:03 - 8:06
    construímos o primeiro prototipo
    de impresora IntelliMedicine.
  • 8:06 - 8:07
    E así é como funciona:
  • 8:07 - 8:10
    no canto de blísters,
    hai pequenas micromenciñas,
  • 8:10 - 8:11
    dun ou dous miligramos,
  • 8:11 - 8:14
    que se ordenan e seleccionan
    en base á dose e combinación
  • 8:14 - 8:16
    necesaria para un individuo.
  • 8:16 - 8:18
    Por suposto, habería doses e combinacións
  • 8:18 - 8:21
    que xa estarían dispoñibles,
    as aprobadas pola FDA.
  • 8:21 - 8:22
    Podemos cambiar a farmacocinética,
  • 8:23 - 8:26
    superpoñendo profesionalmente diferentes
    elementos nas micromenciñas individuais.
  • 8:28 - 8:29
    E, cando prememos imprimir,
  • 8:29 - 8:34
    imprimes a combinación de medicamentos
    que poderías precisar un día calquera.
  • 8:34 - 8:38
    Comezariamos con fármacos xenéricos
    para os problemas máis comúns.
  • 8:38 - 8:42
    Case o 90% dos medicamentos que se
    prescriben son xenéricos de baixo custo.
  • 8:42 - 8:45
    E unha vez que temos a pílula impresa,
    podemos facer cousas divertidas.
  • 8:45 - 8:47
    Podemos imprimir o nome do paciente,
  • 8:48 - 8:50
    a data, o día da semana, un código QR.
  • 8:50 - 8:54
    Podemos imprimir menciñas diferentes para
    reducir a dose de esteroides dun paciente,
  • 8:54 - 8:57
    ou para reducir as medicacións para a dor.
  • 8:57 - 9:02
    Esta é unha ollada ao noso prototipo
    de impresora IntelliMedicine.
  • 9:02 - 9:04
    Vouna desvelar.
  • 9:04 - 9:07
    Ten uns 16 silos diferentes,
  • 9:07 - 9:10
    cada un con micromenciñas individuais.
  • 9:11 - 9:15
    Agora podo axustar co software
    as doses individuais.
  • 9:15 - 9:18
    E cando o fago, o brazo robótico axusta
  • 9:18 - 9:21
    a abertura destas cápsulas
    para que liberen as micromenciñas.
  • 9:22 - 9:23
    Agora podo --
  • 9:23 - 9:26
    O proceso automatizado vai rotar
  • 9:26 - 9:27
    para asegurar que se cargan as menciñas.
  • 9:28 - 9:29
    E, cando premo imprimir,
  • 9:29 - 9:32
    caerá a través da máquina,
  • 9:32 - 9:35
    e agora recollo
    a miña polipílula personalizada
  • 9:35 - 9:39
    coa medicación e a dose
    específicas para min.
  • 9:39 - 9:42
    E podemos botar unha ollada,
    se mirades a presentación,
  • 9:42 - 9:46
    podedes ver o proceso enteiro,
    como se seleccionan os silos das menciñas,
  • 9:46 - 9:48
    as pastillas caendo dos diferentes silos,
  • 9:48 - 9:51
    e xuntándose na cápsula individual.
  • 9:51 - 9:53
    Isto é xenial,
  • 9:53 - 9:55
    podo imprimir as menciñas
    feitas para min
  • 9:55 - 9:56
    en vez de tomar seis pílulas.
  • 9:56 - 9:59
    Agora podo controlar a miña dosificación.
  • 9:59 - 10:01
    O meu reloxo está medindo a miña tensión:
  • 10:01 - 10:05
    preciso axustar a miña menciña
    para controlala, o meu nivel de Coumadin.
  • 10:05 - 10:07
    O meu sangue está diluído,
  • 10:07 - 10:10
    así que baixo na miña micromenciña
    a dose de Coumadin, un anticoagulante.
  • 10:10 - 10:12
    E podería adaptarse así todos os días,
  • 10:13 - 10:15
    de maneira controlada
    polo meu médico ou cardiólogo.
  • 10:15 - 10:19
    Podedes imaxinar impresoras máis grandes,
    rápidas coma esta,
  • 10:19 - 10:21
    na farmacia da esquina,
  • 10:21 - 10:24
    na consulta do médico,
    nun centro de saúde rural.
  • 10:24 - 10:28
    Pero co tempo poderán facerse
    máis pequenas e colocarse no teu fogar,
  • 10:28 - 10:31
    con cartuchos integrados coma este,
    que serían repartidos por dron.
  • 10:31 - 10:33
    Poderías imprimir a túa propia polipílula,
  • 10:33 - 10:37
    cada mañá na túa cociña
    ou no armario do teu baño.
  • 10:37 - 10:38
    E podería evolucionar, penso,
  • 10:38 - 10:42
    nun xeito incrible de mellorar
    a adherencia das menciñas en todo o mundo.
  • 10:42 - 10:46
    Agardo que poidamos reimaxinar
    o futuro da medicina de novas maneiras
  • 10:46 - 10:48
    pasando da polifarmacia,
  • 10:48 - 10:51
    as doses únicas, a baixa adherencia
    e as complicacións
  • 10:51 - 10:55
    a unha era de medicacións personalizadas,
    precisas e baixo demanda,
  • 10:55 - 10:59
    que poidan levarnos a individualizar
    a nosa propia saúde
  • 10:59 - 11:01
    e a saúde e a medicina en todo o planeta.
  • 11:02 - 11:03
    Moitas grazas.
  • 11:03 - 11:08
    (Aplausos)
  • 11:10 - 11:12
    Presentadora: Daniel, iso é incrible.
  • 11:12 - 11:13
    Realmente xenial.
  • 11:13 - 11:15
    Pero teño unha pregunta.
  • 11:15 - 11:18
    Canto pasará ata que o paciente
    da residencia que mencionaches
  • 11:18 - 11:21
    sexa capaz de imprimir
    as súas propias pílulas?
  • 11:21 - 11:24
    Daniel Kraft: Ben, isto é só un prototipo.
  • 11:24 - 11:27
    Pensamos que o camiño para regulalo
    será o proceso automatizado,
  • 11:27 - 11:30
    sobre todo, nas residencias,
    onde a xente toma moitas menciñas
  • 11:30 - 11:31
    que ás veces se mesturan,
  • 11:31 - 11:34
    así que sería un lugar perfecto
    para comezar con esta tecnoloxía.
  • 11:34 - 11:38
    Non van evolucionar e comezar
    con impresoras no armario do teu baño.
  • 11:38 - 11:41
    Precisamos ser intelixentes e listos
    ao manexar estas cousas,
  • 11:41 - 11:44
    pero decatándonos dos retos coa
    dosificación, a adherencia e a precisión,
  • 11:44 - 11:48
    e agora que temos estas novas tecnoloxías
    que podemos aproveitar e integrar,
  • 11:48 - 11:52
    coido que precisamos novos enfoques
    como este para activar e fomentar
  • 11:52 - 11:54
    un verdadeiro futuro
    da saúde e da medicina.
  • 11:54 - 11:56
    Presentadora: Moi ben, grazas.
    Daniel Kraft: Grazas.
  • 11:56 - 11:59
    (Aplausos)
Title:
A farmacia do futuro? Pílulas personalizadas, impresas en 3D na casa
Speaker:
Daniel Kraft
Description:

Precisamos cambiar a forma de receitar medicamentos, di o doutor Daniel Kraft: demasiadas veces, as medicacións dosifícanse incorrectamente, e causan efectos secundarios prexudiciais ou simplemente non funcionan. Nunha charla e demostración do concepto, Kraft comparte a súa visión dun futuro de medicacións personalizadas, revelando un prototipo dunha impresora 3D que podería deseñar pílulas que se adapten ás nosas necesidades individuais.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
12:12

Galician subtitles

Revisions

  • Revision 11 Edited
    Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela