< Return to Video

O cambio climático: o Tetris xigante da Terra - Joss Fong

  • 0:07 - 0:08
    Para entender o cambio climático
  • 0:08 - 0:10
    pensa no Tetris.
  • 0:10 - 0:14
    Durante eóns, a Terra xogou unha versión
    dese xogo con bloques de carbono.
  • 0:14 - 0:18
    Entran na atmosfera como dióxido
    de carbono dos volcáns,
  • 0:18 - 0:19
    materia vexetal en descomposición,
  • 0:19 - 0:21
    animais que respiran
  • 0:21 - 0:22
    e a superficie do mar.
  • 0:22 - 0:26
    E deixan a atmosfera cando son empregados
    pola plantas na fotosíntese,
  • 0:26 - 0:28
    absorbidos outra vez polo océano,
  • 0:28 - 0:30
    ou almacenados no solo e nos sedimentos.
  • 0:30 - 0:32
    A este xogo do Tetris chámaselle
    "ciclo do carbono"
  • 0:32 - 0:35
    e é o motor da vida na Terra.
  • 0:35 - 0:37
    ¿Cal é a conexión co clima?
  • 0:37 - 0:39
    Ben, cando ese dióxido de carbono
    está no aire,
  • 0:39 - 0:41
    esperando a ser reabsorbido,
  • 0:41 - 0:42
    bloquea unha parte da calor do Sol
  • 0:42 - 0:45
    que, doutra forma,
    escaparía para o espazo.
  • 0:45 - 0:48
    Por iso, ao dióxido de carbono chámaselle
    "gas de efecto invernadoiro".
  • 0:48 - 0:50
    Crea unha capa de calor
  • 0:50 - 0:51
    coñecida como "efecto invernadoiro"
  • 0:51 - 0:54
    que impide que a Terra se conxele
    coma Marte.
  • 0:54 - 0:58
    Cantos máis bloques de dióxido de carbono
    haxa na atmosfera agardando ser absorbidos
  • 0:58 - 1:00
    máis cálida se volve a Terra.
  • 1:00 - 1:02
    Aínda que a cantidade de carbono
    na atmosfera
  • 1:02 - 1:05
    variou a causa das eras glaciais e
    dos impactos de asteroides,
  • 1:05 - 1:09
    durante os últimos 8000 anos conformouse
    o clima estable que coñecemos
  • 1:09 - 1:12
    permitindo o desenvolvemento
    da civilización humana.
  • 1:12 - 1:14
    Pero hai uns 200 anos
  • 1:14 - 1:18
    comezamos a desenterrar ese vello carbono
    que fora almacenado no solo.
  • 1:18 - 1:21
    Estes combustibles fósiles, carbón,
    petróleo e gas natural
  • 1:21 - 1:24
    formáronse a partir dos restos enterrados
    de plantas e animais
  • 1:24 - 1:27
    que morreron moito antes de que
    os seres humanos evolucionaran.
  • 1:27 - 1:29
    A enerxía almacenada dentro deles
    alimentou
  • 1:29 - 1:32
    as nosas fábricas, coches
    e plantas eléctricas.
  • 1:32 - 1:37
    Pero queimar eses combustibles inxectou
    máis bloques de carbono no Tetris da Terra
  • 1:37 - 1:40
    Ao tempo, cortamos bosques
    para a agricultura,
  • 1:40 - 1:43
    reducindo a capacidade da Terra
    para eliminar os bloques.
  • 1:43 - 1:47
    E desde 1750 a cantidade de carbono
    na atmosfera
  • 1:47 - 1:49
    medrou un 40%,
  • 1:49 - 1:51
    e non amosa sinais de desacelerarse.
  • 1:51 - 1:54
    Igual ca no Tetris, cantos máis bloques
    se amorean
  • 1:54 - 1:57
    máis difícil é recuperar a estabilidade.
  • 1:57 - 1:59
    O dióxido de carbono extra na atmosfera
  • 1:59 - 2:01
    acelera o efecto invernadoiro
  • 2:01 - 2:03
    atrapando máis calor preto da superficie
  • 2:03 - 2:06
    e causando o derretemento
    dos casquetes polares.
  • 2:06 - 2:09
    E canto máis se derreten menos luz solar
    poden reflectir,
  • 2:09 - 2:12
    facendo que os océanos quezan cada vez
    máis rápido.
  • 2:12 - 2:16
    O nivel do mar sobe, a poboación costeira
    sofre a ameaza de inundacións,
  • 2:16 - 2:18
    os ecosistemas naturais vense alterados,
  • 2:18 - 2:21
    e o clima vólvese máis extremo
    co transcurso do tempo.
  • 2:21 - 2:25
    O cambio climático pode afectar persoas e
    lugares distintos de maneiras diferentes.
  • 2:25 - 2:29
    Pero, ao final, é un xogo que todos
    estamos xogando.
  • 2:29 - 2:30
    E, ao revés ca no Tetris,
  • 2:30 - 2:34
    non imos ter a oportunidade de reiniciar
    a partida e probar outra vez.
Title:
O cambio climático: o Tetris xigante da Terra - Joss Fong
Description:

Paar ver a lección completa: http://ed.ted.com/lessons/climate-change-earth-s-giant-game-of-tetris-joss-fong

Hai unha partida de Tetris xogándose a escala global: o terreo de xogo é a Terra, e todos eses molestos bloques que hai que colocar representan o dióxido de carbono --un gas de efecto invernadoiro que se está amoreando máis rapidamente cantos máis combustibles fósiles queimamos para facer funcionar os nosos coches, fábricas e plantas eléctricas. Joss Fong amosa como esa sobrecarga de CO2 nos leva ao cambio, e lémbranos que, ao revés ca no Tetris, non temos a posibilidade de parar a partida e comezar outra vez.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TED-Ed
Duration:
02:49

Galician subtitles

Revisions