O cambio climático: o Tetris xigante da Terra - Joss Fong
-
0:07 - 0:08Para entender o cambio climático
-
0:08 - 0:10pensa no Tetris.
-
0:10 - 0:14Durante eóns, a Terra xogou unha versión
dese xogo con bloques de carbono. -
0:14 - 0:18Entran na atmosfera como dióxido
de carbono dos volcáns, -
0:18 - 0:19materia vexetal en descomposición,
-
0:19 - 0:21animais que respiran
-
0:21 - 0:22e a superficie do mar.
-
0:22 - 0:26E deixan a atmosfera cando son empregados
pola plantas na fotosíntese, -
0:26 - 0:28absorbidos outra vez polo océano,
-
0:28 - 0:30ou almacenados no solo e nos sedimentos.
-
0:30 - 0:32A este xogo do Tetris chámaselle
"ciclo do carbono" -
0:32 - 0:35e é o motor da vida na Terra.
-
0:35 - 0:37¿Cal é a conexión co clima?
-
0:37 - 0:39Ben, cando ese dióxido de carbono
está no aire, -
0:39 - 0:41esperando a ser reabsorbido,
-
0:41 - 0:42bloquea unha parte da calor do Sol
-
0:42 - 0:45que, doutra forma,
escaparía para o espazo. -
0:45 - 0:48Por iso, ao dióxido de carbono chámaselle
"gas de efecto invernadoiro". -
0:48 - 0:50Crea unha capa de calor
-
0:50 - 0:51coñecida como "efecto invernadoiro"
-
0:51 - 0:54que impide que a Terra se conxele
coma Marte. -
0:54 - 0:58Cantos máis bloques de dióxido de carbono
haxa na atmosfera agardando ser absorbidos -
0:58 - 1:00máis cálida se volve a Terra.
-
1:00 - 1:02Aínda que a cantidade de carbono
na atmosfera -
1:02 - 1:05variou a causa das eras glaciais e
dos impactos de asteroides, -
1:05 - 1:09durante os últimos 8000 anos conformouse
o clima estable que coñecemos -
1:09 - 1:12permitindo o desenvolvemento
da civilización humana. -
1:12 - 1:14Pero hai uns 200 anos
-
1:14 - 1:18comezamos a desenterrar ese vello carbono
que fora almacenado no solo. -
1:18 - 1:21Estes combustibles fósiles, carbón,
petróleo e gas natural -
1:21 - 1:24formáronse a partir dos restos enterrados
de plantas e animais -
1:24 - 1:27que morreron moito antes de que
os seres humanos evolucionaran. -
1:27 - 1:29A enerxía almacenada dentro deles
alimentou -
1:29 - 1:32as nosas fábricas, coches
e plantas eléctricas. -
1:32 - 1:37Pero queimar eses combustibles inxectou
máis bloques de carbono no Tetris da Terra -
1:37 - 1:40Ao tempo, cortamos bosques
para a agricultura, -
1:40 - 1:43reducindo a capacidade da Terra
para eliminar os bloques. -
1:43 - 1:47E desde 1750 a cantidade de carbono
na atmosfera -
1:47 - 1:49medrou un 40%,
-
1:49 - 1:51e non amosa sinais de desacelerarse.
-
1:51 - 1:54Igual ca no Tetris, cantos máis bloques
se amorean -
1:54 - 1:57máis difícil é recuperar a estabilidade.
-
1:57 - 1:59O dióxido de carbono extra na atmosfera
-
1:59 - 2:01acelera o efecto invernadoiro
-
2:01 - 2:03atrapando máis calor preto da superficie
-
2:03 - 2:06e causando o derretemento
dos casquetes polares. -
2:06 - 2:09E canto máis se derreten menos luz solar
poden reflectir, -
2:09 - 2:12facendo que os océanos quezan cada vez
máis rápido. -
2:12 - 2:16O nivel do mar sobe, a poboación costeira
sofre a ameaza de inundacións, -
2:16 - 2:18os ecosistemas naturais vense alterados,
-
2:18 - 2:21e o clima vólvese máis extremo
co transcurso do tempo. -
2:21 - 2:25O cambio climático pode afectar persoas e
lugares distintos de maneiras diferentes. -
2:25 - 2:29Pero, ao final, é un xogo que todos
estamos xogando. -
2:29 - 2:30E, ao revés ca no Tetris,
-
2:30 - 2:34non imos ter a oportunidade de reiniciar
a partida e probar outra vez.
- Title:
- O cambio climático: o Tetris xigante da Terra - Joss Fong
- Description:
-
Paar ver a lección completa: http://ed.ted.com/lessons/climate-change-earth-s-giant-game-of-tetris-joss-fong
Hai unha partida de Tetris xogándose a escala global: o terreo de xogo é a Terra, e todos eses molestos bloques que hai que colocar representan o dióxido de carbono --un gas de efecto invernadoiro que se está amoreando máis rapidamente cantos máis combustibles fósiles queimamos para facer funcionar os nosos coches, fábricas e plantas eléctricas. Joss Fong amosa como esa sobrecarga de CO2 nos leva ao cambio, e lémbranos que, ao revés ca no Tetris, non temos a posibilidade de parar a partida e comezar outra vez.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TED-Ed
- Duration:
- 02:49
![]() |
Amaranta Heredia Jaén approved Galician subtitles for Climate change: Earth's giant game of Tetris - Joss Fong | |
![]() |
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for Climate change: Earth's giant game of Tetris - Joss Fong | |
![]() |
Alicia Ferreiro accepted Galician subtitles for Climate change: Earth's giant game of Tetris - Joss Fong | |
![]() |
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for Climate change: Earth's giant game of Tetris - Joss Fong | |
![]() |
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for Climate change: Earth's giant game of Tetris - Joss Fong | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Climate change: Earth's giant game of Tetris - Joss Fong | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Climate change: Earth's giant game of Tetris - Joss Fong | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Climate change: Earth's giant game of Tetris - Joss Fong |